domingo, 15 de noviembre de 2015

Cruzando versos en Ribadeo

É unha honra pra min participar, como poeta, nesta fermosa actividade ribadense que se chama Cruzando versos

Nova publicada por La Voz de Galicia o día 11 deste mes.

Velaquí o verso meu escollido por Verónica Martínez Delgado (coordinadora da citada actividade, profesora de Infantil no ribadense CIFP Porta da Auga e poetisa) e mais as súas alumnas: 
Ven e apréndeme a xerga dos teus bicos. 
Esta ilusionante iniciativa de pintar versos nos pasos de peóns comezou, segundo teño entendido, en México. Madrid é unha das cidades que continuou a actividade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario