Feliz Día Internacional da Muller!
Feminismo é igualdade. Esta fórmula —que nunca varía, porque o feminismo defende a equivalencia entre os dous sexos— deberiamos aplicala todos os días, non só hoxe; viviriamos, así, nunha sociedade máis sana, máis xusta e, en definitiva, máis avanzada.
Suxerencia: poderiamos comezar substituíndo, como oíntes, o lixo machista do reguetón (súmmum da banalidade) polas cancións contestatarias e elegantes de Mari Trini, Cecilia ou —por poñer un exemplo galego ben actual, da miña xeración— Alba María.
Rebeldía e delicadeza: que binomio tan fermoso! Incluíno hai pouco nun poema que formará parte do libro que xa teño practicamente rematado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario