Van Morrison gravou recentemente (xunto a Michael Bublé) esta enérxica versión de Real Real Gone, homenaxe aos heroes da súa xuventude:
Polo fermoso rhythm and blues morrisoniano desfilan Sam Cooke, Curtis Mayfield (vía Gene Chandler), Wilson Pickett, James Brown e Solomon Burke. Resúltame especialmente emotivo este momento da nova versión: «Gene Chandler said: "There's a rainbow in my soul"» (Gene Chandler dixo: Hai un arco iris na miña alma). Teño pra min que esa frase tamén podería aplicarse ao propio Van Morrison pola pureza da súa arte, pola súa capacidade pra manterse alleo a tanta pose, a tanto ruído mediático, a tanta hipocrisía... Inmenso Morrison. Coruscante e independente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario