Neste vídeo, parte do alumnado do IES Díaz Castro (Guitiriz) interpreta en clave musical, xunto á profesora e compositora Sandra Tenreiro, un poema do estupendo autor que da nome ao seu centro:
En tempos avesíos, estas mostras de paixón xuvenil son, máis que reconfortantes, salvíficas. Por iso recomendo o proxecto A lus do mundo (do que forma parte o vídeo A noite é), realizado dende o IES Díaz Castro e dedicado na súa totalidade ao autor de Nimbos.
Deixo eiquí outro dos vídeos do devandito proxecto; trátase d'Os camiños esquencidos, unha curtametraxe inspirada na vida do poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:
Parabéns á xente do IES Díaz Castro (da que xa falei noutra entrada). Sodes afortunados, raparigos guitiricenses, por vivir nunha illa de sensibilidade. Díaz Castro estaría orgulloso de vós. Da vosa lus.