O escritor e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo Claudio Rodríguez Fer foi nomeado Doctor Honoris Causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes (Haute Bretagne – Rennes 2), a proposta do Departamento de Español e do Departamento de Bretón de dita institución francesa.
O lucense Claudio Rodríguez Fer foi profesor invitado de Literatura Española e Hispanoamericana na Universidade de Alta Bretaña en 1995 e, dende entón volveu decenas de veces a disertar ou a recitar poesía a Bretaña, onde tamén exerceu como profesor visitante na Universidade de Bretaña Sur en Lorient.
A súa poesía foi traducida a numerosas linguas do mundo, incluídas o francés, no libro Voyages à toi (Viaxes a ti), e o bretón, no libro Muioc'h kalz eget mil bloaz (Moito máis que mil anos). Ademais, participou en varios congresos en Bretaña e publicou alí moi diversos escritos. Froito das súas estancias nos países celtas son moitos dos seus poemas, recollidos no libro Amores e clamores, e dos seus relatos, recollidos no libro Contos e descontos, así como a súa memoria Meus amores celtas, publicada en Unión Libre. Recoñecido investigador, Rodríguez Fer é Director da Cátedra José Ángel Valente da Universidade de Santiago de Compostela.
A Universidade da Alta Bretaña concedeu o título de Doutor Honoris Causa a outros escritores hispánicos, como o peruano Mario Vargas Llosa, o chileno Jorge Edwards ou o franco-español Jorge Semprún, pero Claudio Rodríguez Fer será o primeiro galego ao que se lle faga tal distinción. A súa investidura está prevista na Universidade da Alta Bretaña, en Rennes, para o próximo 28 de xuño.
Rodríguez Fer presentou o meu primeiro libro, Camas de hierba (2011), en Lugo. O acto tivo lugar o pasado mes de setembro na galería de Sargadelos da cidade amurallada.
Pra ler unha entrevista que lle fixen recentemente ao poeta lucense, picade aquí.
¡Parabéns, amigo Claudio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario