Esta tarde escoitei, en directo, o canto do merlo. Este paxaro —o paxaro dos meus soños, xunto ó paporrubio— non nos deleitaba coa súa arte dende xullo. As notas do merlo (líquidas, claras, suxerentes, respetuosas co silencio...) fascinaron a poetas da altura de Cernuda, como queda probado no fermoso texto que lle dedicou en Ocnos. Hoxe, no seu breve concerto, o paxariño soou moi melancólico... Estará botando en falta (coma min) a primavera; no en van, o merlo retoma as súas interpretacións diarias por marzo. A partir dese mes, e ata o principio do verán, non haberá quen deteña o caudal da súa garganta, mestura de amor e ironía. Ai, xa me tarda que volvas ás túas salvíficas ocupacións, amado merlo, mestre cantor!
Un merlo cantando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario