Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Canto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Canto. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de julio de 2017

Mestre merlo


Chega xullo, e o merlo —coa tarefa cumprida da crianza— pide descanso. Dende o final do inverno, ningún acontecemento conseguiu deter, nos crepúsculos, o caudal da súa gorxa. Un moitas veces tivo a impresión de que nos momentos acesos, cando a súa parella se atopaba no período de máxima fertilidade, as inflexións do merlo acariciaban outros planetas. Incontables poetas viron no paxaro esa conquista da trascendencia. «Y ensancha con su canto / la hora parada de la estación viva / y nos hace la vida suficiente», escribiu Juan Ramón. E a Cernuda debémoslle esta outra gabanza: «Desde el aire trae a la tierra alguna semilla divina, un poco de luz mojada de rocío, con las cuales parece nutrir su existencia, no de pájaro sino de flor, y a las cuales debe estas notas claras, líquidas, traspasando su garganta».



Ningún merlo canta igual: cada paxariño tece as ricas melodías que interpreta, das cales ofrece variacións con gran sentido harmónico; e, ademais, deixa moito espazo á improvisación. Sen colidir con ese selo persoal, a ave, frautista proteica, representa ás veces sons do seu territorio. Na primavera do ano pasado, cando estaba ultimando a miña tese doutoral, ó facer algún descanso, poñía na cadea as intensas baladas ‘soul’ que interpretou Gene Chandler e que firmou o seu amigo Curtis Mayfield: ‘Just Be True’, ‘What Now?’, ‘Rainbow '65’... Eu abría unha das fiestras que dan ó noso xardín, e alí estaba o merlo que temos por veciño… Mentres admiraba o seu brillante peteiro amarelo —a xogo co anel ocular—, o canoro animal comía, sen espantarse, as migas que meus pais e eu lles deixáramos a el, ós paporrubios, ós pardais… Pois ben, unha tardiña quedei abraiado cando o merlo incorporou ó seu repertorio, con total naturalidade, algunhas das notas do retrouso de ‘What Now?’. Síntome honrado, xaora, de ter influído un chisco a unha criatura exemplar que me regalou a máis pura e suxestiva das diccións.


Aínda non puxeches un dique na túa gorxa, mestre merlo, e xa me tarda que volvas exercer de mensaxeiro da primavera. Quen me reconciliará agora coa realidade?

[Artigo meu publicado onte na edición impresa de El Progreso de Lugo, e hoxe nas webs do Grupo El Progreso]

domingo, 3 de julio de 2016

O mestre merlo alza o voo



É o merlo que vén verme a diario cando estou en Santiso, na Terra de Miranda. Eu doulle de comer e chámolle "Mestre" (non, non esaxero, porque o seu canto é prodixioso, e aprendo escoitándoo). Neste pequeno vídeo (que gravei en marzo deste ano), o paxaro, ademais de cantar, alza o voo. Como non lembrarse daqueles versos de Juan Ramón Jiménez: 

Y el mirlo canta, huye por lo verde,
y sube, sale por lo verde, y silba,
recanta por lo verde venteante,
libre en la luz y la tersura,
torneado alegremente por el aire,
dueño completo de su placer doble;
entra, vibra silbando, ríe, habla,
canta... Y ensancha con su canto
la hora parada de la estación viva.
y nos hace la vida suficiente.

¡Eternidad, hora ensanchada,
paraíso de lustror único, abierto
a nosotros mayores, pensativos,
por un ser diminuto que se ensancha!
¡Primavera, absoluta primavera,
cuando el mirlo ejemplar, una mañana,
enloquece de amor entre lo verde!

Pra ler o poema enteiro de JRJ, contido en La estación total, pica aquí. 

lunes, 27 de junio de 2016

Mestre merlo

O meu amigo merlo, mestre cantor, nun dos seus recitais:



Velaquí un minuto de intensa beleza que confirma aquelas verbas de Cernuda: 

Desde el aire trae a la tierra alguna semilla divina, un poco de luz mojada de rocío, con las cuales parece nutrir su existencia, no de pájaro sino de flor, y a las cuales debe estas notas claras, líquidas, traspasando su garganta. Igual que la violeta llena con su olor el aire de marzo, el mirlo llena con su voz la tierra de marzo. Y equivalente oposición dialéctica, primaveral e inverniza, a la que expresa el tiempo en esos días, es la de pasión y burla que expresa el pájaro en esas notas.

Pra ler o poema en prosa completo de Cernuda, incluído en Ocnos, pica aquí.

jueves, 14 de enero de 2016

Mestre merlo

Esta tarde escoitei, en directo, o canto do merlo. Este paxaro —o paxaro dos meus soños, xunto ó paporrubio— non nos deleitaba coa súa arte dende xullo. As notas do merlo (líquidas, claras, suxerentes, respetuosas co silencio...) fascinaron a poetas da altura de Cernuda, como queda probado no fermoso texto que lle dedicou en Ocnos. Hoxe, no seu breve concerto, o paxariño soou moi melancólico... Estará botando en falta (coma min) a primavera; no en van, o merlo retoma as súas interpretacións diarias por marzo. A partir dese mes, e ata o principio do verán, non haberá quen deteña o caudal da súa garganta, mestura de amor e ironía. Ai, xa me tarda que volvas ás túas salvíficas ocupacións, amado merlo, mestre cantor! 

Un merlo cantando.