Foxnola ensaia, con sensibilidade, unha parte d'O twist da rapaciña, novísimo tema composto polo líder da banda astur-galaica, Abel Pérez, e un servidor:
Penso que quedou unha peza fresca e sensorial... Sirva este vídeo de petisco.
Velaquí a letra completa (obra miña) da canción:
O TWIST DA RAPACIÑA
Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!
Pensar en ti é oír en flor,
é erotizar un pombal,
é cantar as túas pecas,
imposibles de contar.
Tu tes unhas costas brancas
que eu contemplo en cenital.
Cansas a voz, non o xesto,
nena, musa da Nouvelle Vague.
Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!
Pensar en ti é ulir a luz,
é, é descalzar a visión,
é soñar cun desván, si!,
no que tomamos o sol.
Se me deixas conquistar
eses mundos do teu mirar,
recitareiche madrigais
desde o porto de Porcillán.
Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!
Estou agradecido ó doutor Carlos Aenlle, que revisou o galego oriental da letra. A decisión de poñer ''desván'' (un castelanismo), e non ''faio'', é miña por unha cuestión métrica, de acentuación.
A melodía da canción é de Abel Pérez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario