Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Letras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de julio de 2015

O twist da rapaciña

Foxnola ensaia, con sensibilidade, unha parte d'O twist da rapaciña, novísimo tema composto polo líder da banda astur-galaica, Abel Pérez, e un servidor: 


Penso que quedou unha peza fresca e sensorial... Sirva este vídeo de petisco. 

Velaquí a letra completa (obra miña) da canción: 

O TWIST DA RAPACIÑA  
Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!

Pensar en ti é oír en flor,
é erotizar un pombal,
é cantar as túas pecas,
imposibles de contar.

Tu tes unhas costas brancas
que eu contemplo en cenital.
Cansas a voz, non o xesto,
nena, musa da Nouvelle Vague.

Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!

Pensar en ti é ulir a luz,
é, é descalzar a visión,
é soñar cun desván, si!,
no que tomamos o sol.

Se me deixas conquistar
eses mundos do teu mirar,
recitareiche madrigais
desde o porto de Porcillán.


Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar! 

Estou agradecido ó doutor Carlos Aenlle, que revisou o galego oriental da letra. A decisión de poñer ''desván'' (un castelanismo), e non ''faio'', é miña por unha cuestión métrica, de acentuación.


A melodía da canción é de Abel Pérez. 

viernes, 15 de mayo de 2015

Nova canción

"O twist da rapaciña" é unha das novas pezas que compuxemos Abel Pérez e un servidor pra o grupo que el lidera: Foxnola. A canción —lúdica e sensual— comeza deste xeito: "Ai, rapaza, rapaciña, / vou esmelgar o teu sal: / teño un monte no meu peito / que desemboca no mar!". Pronto poderedes escoitar este twist, pois xa está incorporado ó repertorio do grupo (que debutará este verán). 


viernes, 27 de marzo de 2015

Esmelgar

Vou esmelgar o teu sal

(Dunha amorosa e erótica letra que escribín recentemente pra o grupo
Foxnola) 


Fotografía de Henrik Purienne.

miércoles, 18 de marzo de 2015

lunes, 2 de marzo de 2015

domingo, 15 de febrero de 2015

Bos tempos, Foxnola!

A miña colaboración co xa extinto conxunto Os Folkgazais tróuxome moitas alegrías artísticas. Ninguén musicara un poema de meu, e ese grupo astur-galaico fixo un traballo bárbaro ao convertir nun potente blues o meu "Desafío": 


Ademais, gocei participando, xunto a eles, nalgunhas das presentacións de Alorias, o EP que contén o citado "Desafío" e que se publicou na primavera do ano pasado. 

Abel Pérez, David Moirón, Ruth Martín (tres dos compoñentes d'Os Folkgazais) e un servidor, no Hotel Canabal, en Burela. Este verán presentamos alí o EP "Alorias", terceiro e último traballo da banda.

A colaboración co conxunto Os Folkgazais foi pra min tan intensa, que significou a recuperación da miña vocación de letrista, a cal tiña aparcada dende a adolescencia (eu cheguei á poesía a través da canción: a miña primeira pulsión artística reflectiuse na composición de pezas de corte satírico e romántico, cando estudaba piano e solfeo, na nenez). 

As novas letras miñas forman xa parte de Foxnola, o talentoso grupo que encabeza o acordionista e compositor Abel Pérez (ex líder d'Os Folkgazais). Este recente proxecto, que ten como piares a música popular americana dos anos 40, 50 e 60 (fox-trot, swing, rock primixenio, twist, blues...) e o uso da variante oriental do galego, tenme moi ilusionado. Nel terei a honra de volver coincidir —tamén en calidade de colaborador— coa vocalista Ruth Martín, co guitarrista Michael Lee Wolfe e co saxofonista e arranxista José Luis Álvarez, ademais de con Abel: uns cracks! 

Foxnola en estado de gracia.





















Unha das novas composicións de Abel Pérez e dun servidor chámase "Mitoloxía mirandesa"; como o seu título suxire, este tema —un swing— está ambientado en Miranda, as marabillosas terras que, en verbas do mestre Álvaro Cunqueiro, "van do Miño ao Eo": Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova... Así comeza a letra da canción, que pronto dará a coñecer Foxnola dende a súa páxina de Facebook: 

Benvida á Terra de Miranda,  
benvida á terra dos albeites  
(que son igual que camas  
no medio do monte).  

Benvida á terra que recrea  
o mago Cunqueiro:  
a terra que integra  
inmensos planetas. 

Benvida á terra que sucan  
amables fantasmas:  
a terra que inspira  
alegres nostalxias.

Miranda, por certo, é o outro topónimo co que se coñece históricamente ao Eo, o río que pasa polo meu Santiso nativo, pola Pontenova ou por Riotorto (efectivamente, é un afluente do Eo o que da nome a este concello). 

Servidor en Mondoñedo, nas últimas San Lucas.


Velaquí o primeiro vídeo promocional de Foxnola: 


Sendo amante da música, disfruto implicándome a fondo na tarefa de letrista. Non me limito a entregarlle ao meu amigo Abel as letras, non. Se ben é certo que cada creador fai a maior parte do seu traballo por separado, pode dicirse que o melodista e eu rematamos xuntos as cancións. Explícome. Cando Abel atopa a melodía pra unha letra, e pensando xa nos correspondentes arranxos, el suxíreme cambios métricos que habería que facer pra que o texto quede perfectamente engarzado na música, co fin de que esta non sexa, en efecto, un mero acompañamento. Eu, gustosamente, fago eses cambios, que case sempre se reflicten na acentuación ou na supresión dalgunhas sílabas... Tamén me gusta mostrarlle a Abel letras que teño entre mans —algún retrouso rabuñado, algunha imaxe traída de certo poema meu...—, pra saber o seu parecer. 

Ademais, durante o proceso creativo, o acordionista veigueño e eu falamos de posibles referentes pra cada tema. (Servidor escribe as letras estimulado non só por vivencias, ensoñacións ou lecturas, senón tamén por ritmos de cancións amadas.) Un dos nomes que máis temos pronunciado Abel e eu, nas nosas reunións, é o do soulman Sam Cooke. Traballar en equipo —en equipo artístico— paréceme, en fin, moi reconfortante; e dende logo, dese xeito é máis doado fundir os nosos ámbitos referenciais: a música e a poesía (por máis que as miñas letras estean pensadas pra ser cantadas, intento que estas teñan —aínda que non sempre o consiga— certo voo lírico). 


Seguro que pra min será productivo interactuar cos restantes músicos de Foxnola (ademais de Abel Pérez, Ruth Martín, José Luis Álvarez e Michael Lee Wolfe, pertencen ao grupo o batería Miguel Ánxo López, o contrabaixista David Casillas, o saxofonista Javier Vázquez e o trompetista Adrián Lage); sei que aprenderei deles, igual que aprendín dos Folkgazais. 

Grazas e ata sempre, Folkgazais! "Bos tempos" —que diría Sam Cooke— pra Foxnola! 

Viva o arte interdisciplinar! 

miércoles, 21 de enero de 2015

Preparando novas cancións xunto a Abel Pérez

O pasado verán escribín unha letra, "Rapaciña", inspirándome neste chachachá do mago Sam Cooke: 


A letra, coa que está traballando melódicamente Abel Pérez (gran amigo e talentoso socio), di: "Se me deixas conquistar / os mundos do teu mirar, / recitareiche madrigais / no porto de Porcillán". (Esa é unha das estrofas.) Estou seguro de que Abel reforzará o xuvenil romanticismo da letra... 

Nesta imaxe, Abel Pérez e eu estamos falando, pra o "Zigzag" da TVG, sobre o conxunto que el lidera, Os Folkgazais, e co que colaboro. Por certo, este conxunto deixará de existir próximamente, pro Abel xa está preparando outro proxecto, pra o cal irán destinadas as cancións que estamos compoñendo xuntos, coma a citada "Rapaciña". 

Velaquí o videoclip de "Desafío", blues d'Os Folkgazais que é o feliz resultado da adaptación, por parte de Abel, dun poema meu: 

miércoles, 8 de octubre de 2014

A miña vocación de letrista

Estou retomando, con pracer, a vocación de letrista. Eu, que cheguei á poesía a través da canción, reencóntrome coa rima e co namoradizo neno que fun... 

Grazas á banda Os Folkgazais por facilitar ese reencontro infantil o pasado verán, cando me pediron letras pra os seus novos temas. Por suposto, é pra min un honor seguir formando parte dunha proposta musical tan suxerente (eles xa converteran en blues o meu poema "Desafío"). Unha proposta, a d'Os Folkgazais, que sementou en min esta ensoñación: Sam Cooke baila (galante, sensual...) un twist en Mondoñedo. 



lunes, 29 de septiembre de 2014

De nevadas

Un mundo pra maquillala
con soños de nevadas.

(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)

A actriz Mariette Hartley, transmutada en ninfa.