Este martes participarei na presentación da obra Poemas para lucenses, debida a Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Olga Novo. O acto terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4) e comezará ás 8 da tarde.
Terei a honra de intervir no evento xunto a Rodríguez Fer e a Blanco (coordinadores do volume e escritores con admirables traxectorias) e xunto a Alejandra Arias (que, coma min, é unha poeta incipiente).
Poemas para lucenses, que se entregará de balde durante o acto, homenaxea aos escritores lugueses Luís Pimentel, Ángel Johan ou
Ánxel Fole, sen esquecer ocasionais visitantes da cidade como Rosalía de Castro
ou Federico García Lorca. Tamén se lembra ao músico Xesús Bal y Gay e aos
pintores Arturo Souto e Arcadio Romero Boelle, así como a cidadáns
represaliados polo franquismo como o doutor Rafael de Vega Barrera, Avelino
López Otero, Camilo Díaz Baliño, Juana Capdevielle ou Urania Mella. E así mesmo
aparecen evocadas figuras míticas vinculadas a Lugo, como Lugh, a Señora dos
Ollos Grandes ou Mari Castaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario