Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de octubre de 2016

De ferro e fantasía

«Y llegó Pedro de Miranda con treinta de a caballo, que eran de tierra brava», escribiu Vasco da Ponte na Idade Media. O xenealoxista referíase á lucense Terra de Miranda, que debe precisamente o topónimo á fidalga estirpe da que descende o citado Pedro, alcumado O Ruín.

O sintagma «terra brava» —que despois o escritor Ánxel Fole aplicou ao Courel e ao Incio— dá unha idea fidedigna da escarpada xeografía mirandesa, pouco amable. Poboada de moito monte, esta comarca remánsase violentamente en ribeiras de augas cantoras, que intentan engalanar á saudable tropa de amieiros, bidueiros, chopos, salgueiros...

Historicamente vencellada aos bispados de Mondoñedo e Oviedo e ao mosteiro de Meira, a Terra de Miranda comunica o interior coa costa ribadense e o occidente asturiano. Un dos ramais do Camiño de Santiago ía ao son da serpeante fisionomía mirandesa. A ruta —tomada polos galegos do norte que chegaban ao porto de Ribadeo— aínda pode seguirse nalgúns tramos. O emblema do Apóstol —a concha de vieira— cobre a parte inferior de cada unha das cinco doncelas que presenta o prodixioso escudo de armas dunha das casas solares dos Miranda, no lugar pontenovés de Goios.

A Terra de Miranda semella a eses imperios esvaídos dos que saltan faíscas. Malia que se siga empregando con frecuencia, o topónimo perdeuse, a efectos administrativos, na zona. Unha mágoa, porque en latín a palabra ‘miranda’ denota «o que debe ser admirado», e a comarca luguesa, igual cá personaxe homónima de ‘A tempestade’ (Shakespeare), faille xustiza a esa definición, por ser rica en salmóns, ferro ou fantasía.

A xente da provincia asocia acertadamente a Riotorto coa Terra de Miranda, pero as lindes aproximadas da bisbarra nin sequera as coñecen moitos nativos. Nos últimos anos, por influencia dunha serie da TVG e da prensa, foi calando en toda Galicia a idea de que Mondoñedo non só forma parte da «terra brava», senón que ademais é a súa capital. Trátase dun equívoco, porque á cidade episcopal régana o Masma, o Valiñadares e o Tronceda, mentres que, como xa se aprecia nos mapas medievais, a bisbarra mirandesa é definida polo curso medio do Eo. De feito, durante varios séculos, o pai dos salmóns más vizosos, que marca a fronteira entre Galicia e Asturias, tamén foi coñecido como ‘río de Miranda’.

Xulio Pardo de Neyra, cuxa familia paterna é riotortega, publicou en agosto o ensaio ‘Eloxio da Terra de Miranda’. Segundo o estudoso lucense, na vella comarca non só entrarían os actuais territorios de Riotorto e da Pontenova —o concello chamouse Miranda outrora—, senón tamén os da Ribeira de Piquín e algúns lugares da Fonsagrada, como Llacín.

O prodixioso escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro viviu unha tempada, de neno, en Riotorto. Fuxindo do tifo, instalouse no pazo de Cachán, o berce da súa nai. A Cunqueiro marcouno aquela experiencia, de aí que literaturizase a bisbarra de ladeiras peñascosas en varios relatos pertencentes a ‘Xente de aquí e de acolá’ (1971) ou a ‘Os outros feirantes’ (1979), así como na súa primeira novela, ‘Merlín e familia’ (1955). Grazas ao narrador Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, sabemos que o famoso mago chegara herdado a Miranda por unha tía segunda materna.

Como reflicten o mencionado libro de Pardo de Neyra e o documental ‘Miranda, mítica e real’ (realizado en 2013 por alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo), Cunqueiro partiu en gran medida de Riotorto para fundar o universo de ‘Merlín e familia’. O autor foi un pioneiro do realismo máxico en España, e en ‘Merlín e familia’ transmuta a contorna, igual có propio Merlín, quen, ao botar ao aire auga mesturada con «dúas ou tres gotas do licor que il chamaba ‘dos países’», conseguía que un vira o mundo da cor que quixera.



A casa de Merlín —«grande e ben tallada, con un balcón sober do camiño de Meira e solana á cara do sol»— lembra ao pazo de Cachán. Dende ela, Felipe de Amancia ouvía, cando corría o vendaval, «as badeladas do mazo dos ferreiros» do Vilar. Cunqueiro evoca aí o enxeño hidráulico do homónimo núcleo, na freguesía riotortega de Galegos.

Convén subliñar que en Riotorto existe unha magna tradición ferreira. Aquí fabricáronse moitas fouces para as segas de cereais en Castela; e, coma en Taramunde, o oficio aínda segue vivo. A forxa riotortega con máis sona é a de Ferreiravella, que, despois duns corenta anos en desuso, volveu abrirse en 2007, con vistas cara ao turismo.

Na primeira novela cunqueiriá, o «toxo da coroa do castro» remite ao riotortego Castro da Croa, que é o alimento máis proteico para o insaciable maxín dos nativos. Cunqueiro, no seu discurso de ingreso na RAG, falou sobre o mouro da pucha colorada que coida o tesouro (dous bois de ouro) desa fortificación celta. Aquí atopouse un brazal datado entre os séculos III e I a.C. que hoxe pode verse no Museo Provincial de Lugo.

Así mesmo, ‘Merlín e familia’ recende a faragullos, unha das sobremesas máis típicas de Riotorto. O mestre Flute (frautista da cámara de Lord Sweet) devecía por este manxar cuxa protagonista é á fariña de trigo, e ao que se lle pode meter polo medio anaquiños de torrezos; así llo preparaba ao músico Marcelina, cociñeira maior da casa de Merlín.

A cultura mirandesa do ferro alcanzou o seu máximo esplendor coa inauguración, en 1903, do ferrocarril Vilaoudriz-Ribadeo, coñecido popularmente como A Chocolateira. No corazón da actual Pontenova, os restaurados fornos de limonita testemuñan a industrialización, impulsada por unha sociedade vasca. Dende aquí, o tren —de vía estreita— percorría 34 quilómetros para transportar o devandito mineral, que, unha vez no porto ribadense, destinábase a Alemaña, Francia, Bélxica ou Inglaterra. Rentable nun primeiro momento —existiu o plan de prolongar a liña ata o Bierzo leonés ou Lugo—, o ferrocarril comezou a languidecer tras a Primeira Guerra Mundial, que cambiou o mercado dos minerais. A partir dese momento, A Chocolateira centraríase máis no transporte de mercancías, gando e madeira. Con todo, a explotación de limonita permaneceu aberta ata 1950. Catorce anos despois, o tren deixaría de funcionar; pero xa lle dera tempo a transformar a bisbarra dun xeito rotundo, traendo a brisa esperanzadora da costa e creando moitos postos de traballo, frenando así a emigración.

Aínda hoxe non poucos mirandeses lembran o penetrante pitido das locomotoras Borsing, fabricadas en Alemaña, así como aquel olor a fume de carbón e a graxa industrial requentada ao vapor. Os mozos e os turistas poden imaxinar esas sensacións percorrendo parte da ruta (o tramo entre A Pontenova e o concello asturiano de Santiso de Abres), pertencente ás Vías Verdes.

[Reportaxe miña publicada o 7 de outubro no suplemento 'D_finde' de 'El Progreso' de Lugo. As fotos que acompañaron ao texto son de Cristina Arias, J. Vázquez e M. Abraira.]

sábado, 21 de mayo de 2016

Claudio Rodríguez Fer, poeta cinéfilo

El pasado miércoles se presentó en la carpa de la Feira do Libro de Lugo la reedición del libro Cinepoemas, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por la Editorial Ouvirmos, que dirige Xosé Aldea, en edición gráfica de Cristina Fiaño.

Cristina Fiaño, Claudio Rodríguez Fer y Xosé Aldea, en la presentación lucense de Cinepoemas, poemario debido al propio Rodríguez Fer.


Cinepoemas es un proyecto interartístico vanguardista que ensambla textos y fotogramas en una fusión creativa tan vital como original. Claudio Rodríguez Fer (poeta y prosista de abundante y variada obra traducida a sesenta idiomas) decantó en Cinepoemas su integral pasión por el cine universal, sin olvidar el gallego, en armonía experimental con la escritora e ingeniera en diseño industrial Cristina Fiaño.

La obra está dividida en dos partes, una verbal, dedicada al cineasta gallego Carlos Varela Veiga, que fue responsable durante la Transición del histórico cine-club del Club Cultural Valle-Inclán de Lugo, y otra exclusivamente visual, titulada “Cinegramas”, dedicada a la madre del poeta, quien aficionó a su hijo al séptimo arte desde niño.

Se trata, pues, de un paseo poético por la historia del cine desde Charlot a Woody Allen, de una revisión de los mitos del séptimo arte desde Frankenstein a Marilyn Monroe, de una evocación de las obras maestras del arte más contemporáneo desde el cine mudo al cine de autor, de una reflexión al tiempo emotiva y crítica sobre la educación sentimental de la sociedad actual. Esta edición amplía muy sustancialmente la primera, publicada en 1983, rescatando material sentimental del álbum de recortes cinematográficos de la madre del autor o la correspondencia destinada desde Hollywood a este, siendo adolescente, por el actor Gregory Peck.

De los clásicos del cine mudo se poetiza a los norteamericanos Griffith, Flaherty y Vidor; a los soviéticos Eisenstein, Pudovkin y Dovjenko; a los alemanes Lang y Murnau y a cómicos como Chaplin, Lloyd y Keaton. De los clásicos de la época sonora aparecen Sternberg y Ford, así como el monstruo del doctor Frankenstein o los dibujos animados de Walt Disney.

El cine de autor anglófono se inaugura con Welles, seguido de Kazan, Hitchcock y Kubrick, pero también aparecen el sueco existencial Bergman y el exiliado español Buñuel. El amor con humor moderno está representado por Wilder, Minnelli, Logan y Woody Allen.

Especial presencia tiene el cine italiano, desde el neorrealismo social de De Sica a la revolución amorosa de Bertolucci, pasando por Fellini, Antonioni, Pasolini, Visconti, Cavani, Pontecorvo y Ferreri. Y no menos importancia tiene la Nouvelle vague francesa, muy presente también en la narrativa del autor, y aquí representada por Resnais, Godard, Truffaut y Rohmer. Los alemanes Herzog y Wenders completan este panorama europeo.

Por otro lado, del cine latinoamericano se recuerda la kafkiana adaptación de Borges y Bioy Casares por parte de Hugo Santiago, y, del gallego, la entrañable Mamasunción de Chano Piñeiro, así mismo entrañable amigo del autor y, como el citado documentalista Carlos Varela Veiga, fallecido muy prematuramente.

En este cinéfilo conjunto brilla el vitalismo del norteamericano Huston, del griego Cacoyannis y del japonés Kurosawa, que llevaron al celuloide, respectivamente, los personajes cinematográficos preferidos por el poeta: la inadaptada Roslyn que encarnó Marilyn Monroe, el arrollador Alexis Zorba al que dio vida Anthony Quinn y el auténtico Dersu Uzala que interpretó Maksim Munzuk. A ellos podrían agregarse, como personajes colectivos, las utopías vivientes del suizo Tanner y las sirenas vivaces del australiano Duigan.

Claudio Rodríguez Fer y Cristina Fiaño expusieron en la presentación lo que representó para ellos la elaboración de este proyecto, que recoge toda la poesía de temática cinematográfica del autor salvo el largo poema verbal “Nómades (A era do xabaril branco)”, que no encajaba en el proyecto y que como complemento leyeron conjuntamente al final. En él se trata de la familia Barbagelatta, que introdujo el cine en la Galicia profunda, primero a través de barracas itinerantes y luego de pabellones estables:

E a barraca trocouse en pavillón
das mil e unha noites en Monforte,
Brigitte Bardot estableceuse en Sarria
e Claudia Cardinale namorou en Sober.

Eles trouxeron á Ribeira Sacra
a Rodolfo Valentino e a Charlot,
a Greta Garbo, a Gary Cooper, 
a Marilyn Monroe e a King Kong.

domingo, 13 de diciembre de 2015

Claudio Rodríguez Fer presentará a súa versión galega da poesía de Emily Dickinson

LA MADRIGUERA, Taller e Galería de Arte e Creación (Galerías da Praza Maior 27, Lugo), especializado en obra gráfica, encadernación e libros e obxectos de autor, organizará este martes, ás 8 da tarde, un acto de presentación do libro feito a man Musgo / Moss, composto por poemas en inglés da poetisa estadounidense Emily Dickinson, introducidos e traducidos ao galego polo poeta lucense Claudio Rodríguez Fer, con deseño e acuarela da artista lucense Sara Lamas.

O poeta Claudio Rodríguez Fer, en Nova York, ante o East River.


Intervirán no acto as responsables de LA MADRIGUERA, Silvia Vilar Arias e a propia Sara Lamas, así como o introdutor e tradutor da obra, Claudio Rodríguez Fer, que recitará en galego, e a profesora norteamericana JoDee Anderson, quen recitará en inglés.

Emily Dickinson levou unha vida recluída, primeiro na súa aldea natal e finalmente no seu propio cuarto, durante boa parte do século XIX. Mantivo inédita practicamente toda a súa poesía, que non se deu a coñecer ata despois da súa morte, mais no século XX foi recoñecida como a principal poeta dos Estados Unidos de América. As súas relacións amorosas permaneceron incógnitas, así como o sentido do seu costume de vestir sempre de branco nos últimos anos da súa existencia.

A poetisa romántica Emily Dickinson.
Claudio Rodríguez Fer leu dende a súa mocidade con moito interese a Emily Dickinson, con quen se identifica xa no seu libro Historia da lúa. Comezou a traducila nos primeiros anos noventa, sendo profesor na Universidade da Cidade de Nova York, polo que un verso dela abriu o seu libro A unha muller descoñecida, alí escrito en boa parte. A constante intervención do poeta en actos e recitais en Nova York, onde presentou este outono a antoloxía bilingüe Amores sen morte / Deathless Loves, motivou finalmente que ultimara esta selección en homenaxe á gran poeta romántica, moitas veces equiparada a Rosalía de Castro.

JoDee Anderson, filóloga natural de Kansas, é profesora de Inglés na Facultade de Humanidades de Lugo, da que foi vicedecana e na que realizou un gran labor dende hai décadas.

A artista lucense Sara Lamas cultivou a pintura, o debuxo, o gravado, a artesanía e o deseño, e a súa obra ten sido reproducida nun gran número de publicacións de moi diversos lugares. En colaboración con Silvia Vilar Arias ten unha longa, frutífera e recoñecida traxectoria na ensinanza do debuxo e da pintura e na realización de obra gráfica, de encadernación artesá e de libros e obxectos de arte en Lugo.

miércoles, 10 de junio de 2015

Claudio Rodríguez Fer presenta en Lugo *A cabeleira (Poema en 35 idiomas)*

Pasado mañana, a las 20 horas, tendrá lugar en la lucense Librería Gato Neghro (Rúa de San Roque, 32) la presentación de la obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer. La publicación está ilustrada con un dibujo y un caligrama de Carmen Blanco en cubierta y con varios dibujos de Sara Lamas en el interior. 

La portada de la última obra de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada con un sensorial dibujo de Carmen Blanco.
El poema del reputado autor lucense se ofrece en veintidós lenguas procedentes de Europa (gallego, portugués, asturiano, vasco, castellano, catalán, occitano, francés, italiano, inglés, alemán, danés, neerlandés, finés, griego, gaélico irlandés, gaélico escocés, galés, bretón, ruso, polaco, checo), seis de Asia (armenio, hebreo, árabe, chinés, japonés, hindi), tres de África (swahili, yoruba, wolof), dos de América (quechua, guaraní) y una de Oceanía (rapanui de la Isla de Pascua), así como en el internacional esperanto. Las versiones son debidas a poetas, profesores y traductores de los cinco continentes de la Tierra con los que el propio Rodríguez Fer tuvo contacto literario, profesional o vital. 

El poema "A cabeleira", de Claudio Rodríguez Fer, en un caligrama de Carmen Blanco.




He aquí el programa del acto:
  • Pepa Barrios (narradora y profesora de Literatura Gallega) presentará el recital de clausura del primer ciclo Lecturas poéticas do Gato Neghro. 
  • Manuel Fernández Rodríguez (profesor y doctor en Filología Hispánica) presentará a Claudio Rodríguez Fer (escritor y director de la Cátedra Valente de Poesía y Estética de la Universidad de Santiago de Compostela). 
  • Claudio Rodríguez Fer ofrecerá un recital poético. 
  • Lectura políglota de “A cabeleira”: 
    • en gallego, Cris Fiaño (escritora, diseñadora gráfica y directora de la revista Evohé); 
    • en castellano, Olga Novo (poeta, ensayista, profesora de Literatura Gallega y traductora del poema); 
    • en francés, María Lopo (ensayista, profesora, doctora en Literatura Francesa y traductora del poema); 
    • en italiano, Silvia Alonso (profesora doctora de Teoría de la Literatura en la Universidad de Santiago de Compostela); 
    • en inglés, Androulla Sarah Panayi (profesora inglesa en la Universidad de Santiago de Compostela); 
    • en alemán, Manuel Fernández Méndez (coordinador del Centro de Lenguas Modernas en Lugo); y 
    • en japonés, Sandra López (licenciada en Humanidades y ex-directora de la revista Evohé).

viernes, 24 de abril de 2015

O primeiro videoclip de Alba María

“Vencer vencer perdendo a guerra / Vencer contando as infeccións / Botando pus coiraza-costra / Vencer comprendendo que loitamos / Por terra mar e papel / Vencer vencer l’amour est un oiseau rebelle”. Grande Alba María! Unha cantautora sagaz, unha muller marabillosa. 

Velaquí o primeiro videoclip de Alba, que acaba de estrearse; está baseado na súa peza "Cabaleira", á cal pertencen os versos que citei antes: 



Este tema forma parte de Aínda (aCentral Folque, 2014), a ópera prima de Alba María. Trátase dun disco precioso, cheo de forza e delicadeza, sobre o que escribirei un artigo próximamente.  

Servidor xunto a Alba María, que o día 9 deste mes presentou o seu disco no Pazo de San Marcos, en Lugo. Foi un concerto espléndido.

martes, 4 de marzo de 2014

A presentación de 'Poemas para lucenses', en fotos

O 25 de febreiro presentamos, na Galería Sargadelos de Lugo, a fermosa obra Poemas para lucenses, debida a Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Olga Novo. Tiven a honra de intervir na presentación xunto a Rodríguez Fer e a Blanco (escritores con admirables traxectorias) e xunto a Alejandra Arias (que, coma min, é unha poeta incipiente). Foi un acto marabilloso...

Poemas para lucenses é o terceiro volume dun proxecto de Unión Libre (revista de creación e pensamento coordinada por Rodríguez Fer e Blanco) que se chama Poesía para tod@s e que comezou en 2010 coa publicación de Poemas polas vítimas do 36 en Galicia. Na segunda páxina de cada unha das entregas de Poesía para tod@s (o segundo libro publicado foi Poemas para Lugo, 2010), Unión Libre explica: 
"Partindo de que a poesía segue a ser un xénero ao que aínda non accede a maioría das persoas, a colección Poesía para tod@s, de distribución gratuíta, pretende achegala a toda a xente a través dun proxecto que entenda a súa difusión en función da sociedade e non, como xeralmente ocorre, a sociedade en función da literatura (certames, premios, sobvencións, institucionalizacións, etc.). Porque a poesía é como o verdadeiro amor: non se compra nin se vende; libremente, dáse." 
Seguindo esa máxima, nas presentacións de Poesía para tod@s, os libros (que veñen nun formato de peto) entréganse de balde. 

Poemas para lucenses homenaxea aos escritores lugueses Luís Pimentel, Ángel Johan ou Ánxel Fole, sen esquecer ocasionais visitantes da cidade como Rosalía de Castro ou Federico García Lorca. Tamén se lembra ao músico Xesús Bal y Gay e aos pintores Arturo Souto e Arcadio Romero Boelle, así como a cidadáns represaliados polo franquismo como o doutor Rafael de Vega Barrera, Avelino López Otero, Camilo Díaz Baliño, Juana Capdevielle ou Urania Mella. E así mesmo aparecen evocadas figuras míticas vinculadas a Lugo, como Lugh, a Señora dos Ollos Grandes ou Mari Castaña.

Aquí vai unha pequena reportaxe fotográfica da presentación de Poemas para lucenses:


Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, moi queridos e admirados por min. 

Servidor lendo o poema "O último diagnóstico (Doutor Vega Barrera)", do mestre Claudio Rodríguez Fer, que está xunto a min na imaxe.

O que escribe estas liñas, xunto a Claudio Rodríguez Fer e a Carmen Blanco. Encántame a expresión de Carmen, tan doce. 

Alejandra Arias fixo unha lectura deliciosa do poema "Memorial dos foxos de Lugo (con Lorca ao lonxe)", de Rodríguez Fer.

 Alejandra Arias, Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco. 

Lendo a miña poesía.

Se desexas ler o artigo informativo que o meu querido Jaureguizar escribiu, en El Progreso, sobre Poemas para lucenses, segue este enlace.  

domingo, 23 de febrero de 2014

Este martes participarei na presentación de 'Poemas para lucenses' en Lugo

Este martes participarei na presentación da obra Poemas para lucenses, debida a Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Olga Novo. O acto terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4) e comezará ás 8 da tarde. 

Terei a honra de intervir no evento xunto a Rodríguez Fer e a Blanco (coordinadores do volume e escritores con admirables traxectorias) e xunto a Alejandra Arias (que, coma min, é unha poeta incipiente). 

Poemas para lucenses, que se entregará de balde durante o acto, homenaxea aos escritores lugueses Luís Pimentel, Ángel Johan ou Ánxel Fole, sen esquecer ocasionais visitantes da cidade como Rosalía de Castro ou Federico García Lorca. Tamén se lembra ao músico Xesús Bal y Gay e aos pintores Arturo Souto e Arcadio Romero Boelle, así como a cidadáns represaliados polo franquismo como o doutor Rafael de Vega Barrera, Avelino López Otero, Camilo Díaz Baliño, Juana Capdevielle ou Urania Mella. E así mesmo aparecen evocadas figuras míticas vinculadas a Lugo, como Lugh, a Señora dos Ollos Grandes ou Mari Castaña.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Haciendo y deshaciendo 'Camas de hierba' en Lugo

Hace exactamente un año y un día estaba presentando en Lugo Camas de hierba. Se trataba del cuarto (y último) acto dedicado a mi primer libro. (Previamente, el poemario había sido presentado en Madrid, en Vegadeo y en Gijón). Aquella tarde, en la Galería de Sargadelos, dos personas queridas y admiradas me arropaban: Claudio Rodríguez Fer, padre de la poesía erótica galaica, y Javier Rivera, periodista de El Progreso de Lugo. El citado diario me dedicaba, un día después del acto, un reportaje que pueden leer aquí.

Pinchando aquí, también pueden leer el discurso que pronunció Rodríguez Fer (director de la Cátedra José Ángel Valente en la Universidad de Santiago de Compostela) aquel día. Es un magnífico análisis de mi poesía.

Tonina Gay, servidor, Claudio Rodríguez Fer y Javier Rivera. 

 Servidor y Claudio Rodríguez Fer.

sábado, 7 de abril de 2012

Unha tarde en Lugo

Pasei unha tarde verdadeiramente fermosa en Lugo, a cidade de Luis Pimentel, de Ánxel Fole e do meu querido Claudio Rodríguez Fer. A imaxe tomeina o pasado verán.

sábado, 5 de noviembre de 2011

Claudio Rodríguez Fer hace y deshace mis "Camas de hierba"

HACIENDO Y DESHACIENDO CAMAS DE HIERBA

Por Claudio Rodríguez Fer (poeta, Premio Nacional de la Crítica y Profesor Titular de la Universidad de Santiago de Compostela)


Héctor Acebo apela en su “Preliminar” de Camas de hierba a La llama doble de Octavio Paz para afirmar que el erotismo es poética corporal y que la poesía es erótica verbal, parámetros en los que precisamente se mueve el libro que presentamos desde su hermoso y sugestivo título, constituido por una metáfora alusiva al mismo tiempo a la realidad natural del espacio de los orígenes, a la realidad material del cuerpo del deseo y a la realidad poética del mundo de lo sutil. Se trata, pues, de una erótica y de una poética del conocimiento vital y verbal, esta última como la que postuló y teorizó nuestro comúnmente admirado José Ángel Valente.

Estilísticamente, Héctor Acebo alterna en Camas de hierba el lenguaje preciso de la tradición culta y el lenguaje desenvuelto de la calle, de la diversión y de las aulas, siempre con un resultado equilibrado entre lo sublime y lo vulgar, que se confunden en una realidad integral. Y temáticamente, se vale del canto de exaltación y celebración del placer y de la belleza, próximo a la oda y al madrigal, pero también de la crítica y deconstrucción de la alienación y del despecho, próxima a la sátira y al epigrama.

En efecto, a pesar de que se trata de un libro absolutamente actual e incluso muy expresivo del momento presente, Camas de hierba entronca plenamente con la tradición clásica del madrigal y, sobre todo, del epigrama, ese poema breve que generalmente consiste en un apunte ingenioso y festivo de temática satírica, erótica o incluso erótico-satírica, como ocurre en este libro. Tal es el caso, también, en la literatura griega, de los epigramas de la Antología Palatina compuestos por autores como Calímaco o Asclepíades de Samos, así como de sus sucesores en la literatura latina Catulo, Marcial y Propercio, a los que tanto se parece Héctor Acebo: de hecho, el cancionero dedicado a Alba en la parte central del libro semeja toda una actualización semiótica de los poemas a Lesbia.


El humanista Julio César Escalígero estableció, ya en el Renacimiento, las dos principales condiciones del epigrama: “brevitas et argucia”, o sea, brevedad y agudeza, y ambas continuaron vigentes tanto en el Barroco, como revela Gracián en su Agudeza y artes de ingenio, como en el Neoclasicismo, cuando renació didáctico el epigrama clásico.

Mas el género no decayó en la Edad Contemporánea, aunque a veces se transformara en las réplicas de Oscar Wilde, en las greguerías de Ramón Gómez de la Serna, en los membretes de Oliverio Girondo o en los epigramas erótico-políticos de Ernesto Cardenal. E incluso llegó a la poesía española actual con un tono elegíaco en Jaime Gil de Biedma, sarcástico en Ángel González y José Agustín Goytisolo, integral en José Ángel Valente, lúdico y sardónico en Antonio Martínez Sarrión, decadente en Luis Antonio de Villena y Luis Alberto de Cuenca, y felizmente epicúreo y hedonista, pero emergente, en Ana Rossetti y, ahora mismo, en versión masculina, en Héctor Acebo. Quizás por esto prima en su libro una personalidad propia que, aun conectando un poco con todas las autorías dichas, recuerda mucho más aun al canadiense Irving Layton, el maestro de Leonard Cohen, judío nacido en Rumania a quien seguramente todavía no ha leído.


Porque Camas de hierba acomete los sentidos y los sentimientos siempre sin grandilocuencia y con desenfado, con ironía pero con ternura, con desgarro pero con lúdica y con profundidad pero con frescura, como puede verse a través de los tres tópicos clásicos que parecen regir las tres partes que lo componen sucesivamente: locus amoenus, carpe diem y ubi sunt?

El locus amoenus de rural tiempo largo y armonía erótica, remitente al pueblo de los orígenes y a la casa del abuelo, de donde parecen provenir la ternura, la añoranza y la nostalgia, y por donde transcurre el curso del río Eo, en el poema “Desafío”, eróticamente materializado en cuerpo de mujer.



El carpe diem de urbano tiempo ocasional y acidez mordaz, remitente a las canciones de tres minutos propias del mundo apresurado en el que vivimos, como el soul negro de Sam Cooke y el soul blanco de Van Morrison, “La novia de nadie” de la que también habla Leonard Cohen, la indumentaria de cubrir y descubrir (se habla de cueros, vaqueros, tangas, braguitas y bikinis), la cibernética de comunicar e incomunicar (se apela al teléfono móvil, al Messenger y al virtual sujeto internauta), la alienación mediática de la televisión y del bronceado (se remite al programa Gran Hermano y a “ese dorado próximo al excremento”) y otras transgresiones más o menos escatológicas (se alude a la prostitución, a la lluvia dorada, etc.).



El ubi sunt? de los esplendores perdidos, como el misterio mágico en “Señal en la niebla”, Cunqueiro en “Literatura y periodismo, hoy”; Pound en “Pensar en imágenes”; Neruda intertextualizado en “Educación secundaria” como antes Otero en “Era delicada y rubia”; Valle-Inclán citado en “Un consejo”; Pessoa parafraseado en “Los universitarios”; la lengua gallega reconsiderada en "Edición bilingüe"...

En fin, mucho tengo en común, en gustos literarios y musicales y en actitudes personales y poéticas, con Héctor Acebo. De hecho, al igual que él, frente al prestigio de la muerte y de la desesperación que suele prender en los poetas jóvenes, yo me rebelé contra esa tradición tanática cantando a la vida y al erotismo con amor y con humor en mis primeros libros, que no casualmente se titulaban Poemas de amor sen morte (Poemas de amor sin muerte) y Tigres de ternura, así que no puedo menos que felicitar a Acebo por comenzar cantando también con amor y con humor, no exentos, claro, de conciencia crítica contra los poderes establecidos y de conciencia existencial de los límites impuestos por el espacio y el tiempo.

Por eso, tengo que concluir afirmando que de Camas de hierba me ha gustado todo y, dicho con total sinceridad y sin ningún asomo de condescendencia, no podría señalar ninguna deficiencia en este poemario de acuerdo con la libre y abierta poética que lo sustenta. Como prueba confesional de esta sintonía, quiero terminar leyendo un poema inédito mío alusivo a mi vida adolescente, porque en él confluyen además de alguna manera las tres entidades que aquí nos convocan en torno a esta obra de Héctor Acebo:

—el Club Cultural Valle-Inclán, porque en aquellos años adolescentes forjé mi cinefilia acudiendo sin falta a sus sesiones cineclubísticas;

—la Galería Sargadelos, porque aquí presenté en la madurez muchas veces mis libros y la revista Unión libre justamente en relación con el amor y con el cine;

—y el diario El Progreso, porque en él colaboré ya a los dieciséis años con un artículo precisamente sobre cine y literatura y también porque su gran formato de entonces resultaba muy útil a la hora de acostarse en pareja en una casa abandonada que había cerca del antiguo Colegio Universitario de Lugo y del río Miño, pues aquellas grandes hojas de periódico nos servían de auténticas camas de papel impreso sobre el suelo de cemento de aquel chalé a medio hacer.



Voy a tener, pues, el honor de hacer de telonero de Héctor Acebo, leyendo el poema-blues titulado “La casa del sol naciente” en alusión a la homónima canción popular norteamericana, aunque en esta ocasión podría llamarse más bien “Camas de hojas de periódico”.

LA CASA DEL SOL NACIENTE

Al lado del río
había una casa
a medio hacer.
En ella morábamos nosotros
cuando también estábamos
a medio hacer.

Íbamos en autostop,
nos entregábamos al amor
sin controlar el tiempo
y cuando se nos hacía tarde
esperábamos abrazados
a que saliera el sol.

Nuestras madres
se preocupaban
por la noche,
nuestros padres
se preocupaban
por el día.

El tocadiscos portátil
cantaba con Joan Baez
a la casa del sol naciente sin cesar,
mientras nosotros éramos felices
como animales en celo arruinando
nuestros expedientes académicos.

Las luciérnagas
aún ponían luz
al frufrú de los bluejeans
convertidos en bluesjeans
cuando bajábamos
cogidos de las manos por la colina.

Solamente las casas abandonadas
y sus deshabitantes
conocían en tal mundo desolado
el sol que alumbraba radiante
aquella pura alba libre
de nuestro amor naciente,
huerto que nunca conoció ocaso.


Texto leído, en gallego, en la Galería de Sargadelos de Lugo el 27 de septiembre de 2011.

***

FACENDO E DESFACENDO "CAMAS DE HIERBA"

Por Claudio Rodríguez Fer

Héctor Acebo apela no seu “Preliminar” de Camas de hierba a La llama doble de Octavio Paz para afirmar que o erotismo é poética corporal e que a poesía é erótica verbal, parámetros nos que precisamente se move o libro que presentamos dende o seu fermoso e suxestivo título, constituído por unha metáfora alusiva ao mesmo tempo á realidade natural do espazo das orixes, á realidade material do corpo do desexo e á realidade poética do mundo do sutil. Trátase, pois, dunha erótica e dunha poética do coñecemento vital e verbal, esta como a que postulou e teorizou o noso comunmente admirado José Ángel Valente.

Estilisticamente, Héctor Acebo alterna en Camas de hierba a linguaxe precisa da tradición culta e a linguaxe desenvolta da rúa, da troula e das aulas, sempre cun resultado equilibrado entre o sublime e o vulgar, que se confunden nunha realidade integral. E tematicamente, válese do canto de exaltación e celebración do pracer e da beleza, próximo á oda e ao madrigal, pero tamén da crítica e deconstrución da alienación e do despeito, próxima á sátira e ao epigrama.

En efecto, aínda que se trate dun libro absolutamente actual e mesmo moi expresivo do momento presente, Camas de hierba entronca plenamente coa tradición clásica do madrigal e, sobre todo, do epigrama, ese poema breve que xeralmente consiste nun apuntamento enxeñoso e festivo de temática satírica, erótica ou mesmo erótico-satírica, como ocorre neste libro. Tal é o caso tamén, na literatura grega, dos epigramas da Antoloxía Palatina compostos por autores como Calímaco ou Asclepíades de Samos, así como dos seus sucesores na literatura latina Catulo, Marcial e Propercio, aos que tanto se parece Héctor Acebo: de feito, o cancioneiro dedicado a Alba na parte central do libro semella toda unha actualización semiótica dos poemas a Lesbia de Catulo.

O humanista Xulio César Escalíxero estableceu, xa no Renacemento, as dúas principais condicións do epigrama: “brevitas et argutia”, ou sexa, brevidade e agudeza, e ambas continuaron vixentes tanto no Barroco, como revela Gracián na súa Agudeza y arte de ingenio, como no Neoclasicismo, cando renaceu didáctico o epigrama clásico.

Mais o xénero non decaeu na Idade Contemporánea, aínda que ás veces se transformase nas réplicas de Oscar Wilde, nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna, nos membretes de Oliverio Girondo ou nos epigramas erótico-políticos de Ernesto Cardenal. E mesmo chegou á poesía española actual cun ton elexíaco en Jaime Gil de Biedma, sarcástico en Ángel González e José Agustín Goytisolo, integral en José Ángel Valente, lúdico e sardónico en Antonio Martínez Sarrión, decadente en Luis Antonio de Villena e Luis Alberto de Cuenca, e felizmente epicúreo e hedonista, pero emerxente, en Ana Rossetti e, agora mesmo, en versión masculina, en Héctor Acebo. Quizais por isto prima no seu libro unha personalidade propia que, aínda conectando un pouco con todas as autorías devanditas, lembra moito máis aínda ao canadense Irving Layton, o mestre de Leonard Cohen, xudeu nacido en Romanía a quen seguramente aínda non leu.

Porque Camas de hierba acomete os sentidos e os sentimentos sempre sen grandilocuencia e con desenfado, con ironía pero con tenrura, con desgarro pero con lúdica e con profundidade pero con frescura, como pode verse a través dos tres tópicos clásicos que parecen rexer as tres partes que o compoñen sucesivamente: locus amoenus, carpe diem e ubi sunt?.

O locus amoenus de rural tempo longo e harmonía erótica, remitente ao pobo das orixes e á casa do avó, de onde parecen provir a tenrura, a morriña e a nostalxia, e por onde transcorre o curso do río Eo, no poema “Desafío”, eroticamente materializado en corpo de muller.

O carpe diem de urbano tempo ocasional e acidez mordaz, remitente ás cancións de tres minutos propias do mundo apresurado no que vivimos, como o soul negro de Sam Cooke e o soul branco de Van Morrison, “La novia de nadie” da que tamén fala Leonard Cohen, a indumentaria de cubrir e descubrir (fálase de coiros, vaqueiros, tangas, braguitas e bikinis), a cibernética de comunicar e incomunicar (apélase ao teléfono móbil, ao Messenger e ao virtual suxeito internauta), a alienación mediática da televisión e do bronceado (remítese ao programa Gran Hermano e a “ese dorado próximo al excremento”) e outras transgresións máis ou menos escatolóxicas (alúdese á prostitución, á chuvia dourada, etc.).

O ubi sunt? dos esplendores perdidos, como o misterio máxico en “Señal en la niebla”, Cunqueiro en “Literatura y periodismo, hoy”; Pound en “Pensar en imágenes”; Neruda intertextualizado en “Educación secundaria” como antes Otero en “Era delicada y rubia”; Valle-Inclán citado en “Un consejo”; Pessoa parafraseado en “Los universitarios”; a lingua galega reconsiderada en “Edición bilingüe”...

En fin, moito teño en común, en gustos literarios e musicais e en actitudes persoais e poéticas, con Héctor Acebo. De feito, igual que el, fronte ao prestixio da morte e da desesperación que adoita prender nos poetas mozos, eu rebeleime contra esa tradición tanática cantando á vida e ao erotismo con amor e con humor nos meus primeiros libros, que non casualmente se titulaban Poemas de amor sen morte e Tigres de ternura, así que non podo menos que felicitar ao autor por comezar cantando tamén con amor e con humor, xaora non exentos de conciencia crítica contra os poderes establecidos e de conciencia existencial dos límites impostos polo espazo e o tempo.

Por iso, teño que concluír que de Camas de hierba gustoume todo e, dito con total sinceridade e sen ningún asomo de condescendencia, non podería sinalar ningunha deficiencia neste poemario de acordo coa libre e aberta poética que o sustenta. Como proba confesional desta sintonía, quero terminar lendo un poema inédito meu alusivo a miña vida adolescente, porque nel conflúen ademais dalgún xeito as tres entidades que aquí nos convocan en torno a esta obra de Héctor Acebo:

—o Club Cultural Valle-Inclán, porque naqueles anos adolescentes forxei a miña cinefilia acudindo sen falta ás súas sesións cineclubísticas;

—a Galería Sargadelos, porque aquí presentei na madurez moitas veces os meus libros e a revista Unión libre xustamente en relación co amor e co cinema;

—e ao xornal El Progreso porque nel colaborei xa aos dezaseis anos cun artigo precisamente sobre cine e literatura e tamén porque o seu gran formato de entón resultaba moi útil á hora de deitarse en parella nunha casa abandonada que había preto do antigo Colexio Universitario de Lugo e do río Miño, pois aquelas grandes follas de periódico servíannos de auténticas camas de papel impreso sobre o chan de cemento daquel chalé a medio facer.

Vou ter, pois, a honra de facer de teloneiro de Héctor Acebo, lendo o poema-blues titulado “A casa do sol nacente” en alusión á homónima canción popular norteamericana, aínda que nesta ocasión podería chamarse máis ben “Camas de follas de periódico”.

A CASA DO SOL NACENTE

Á beira do río
había unha casa
a medio facer.
Nela morabamos nós
cando tamén estabamos
a medio facer.

Iamos en autostop,
entregabámonos ao amor
sen controlar o tempo
e cando se nos facía tarde
esperabamos abrazados
a que saíse o sol.

As nosas nais
preocupábanse
pola noite,
os nosos pais
preocupábanse
polo día.

O tocadiscos portátil
cantaba con Joan Baez
á casa do sol nacente sen cesar,
mentres nós eramos felices
como animais en cío arruinando
os nosos expedientes académicos.

Os vagalumes
aínda poñían luz
ao frufrú dos bluejeans
convertidos en bluesjeans
cando baixabamos
collidos das mans pola cuíña.

Soamente as casas abandonadas
e os seus deshabitantes
coñecían en tal mundo desolado
o sol que alumeaba radiante
aquela pura alba libre
do noso amor nacente,
orto que nunca coñeceu ocaso.


(Galería de Sargadelos de Lugo, 27 de setembro de 2011)

viernes, 30 de septiembre de 2011

'La Huella Digital' se hace eco de la presentación de 'Camas de hierba' en Lugo

Hoy, sábado, en la revista La Huella Digital, se publica un reportaje con motivo de la reciente presentación de mi primer poemario, Camas de hierba, en Lugo. El interés del artículo no radica, obviamente, en mis declaraciones, sino en las apreciaciones poéticas del vate Claudio Rodríguez Fer (doctor en Filología Hispánica y Premio Nacional de la Crítica) y en las observaciones periodísticas de Javier Rivera (redactor y columnista del diario lucense El Progreso). Ambos maestros me arroparon el pasado martes en la galería de Sargadelos de Lugo.

Reproduzco a continuación el citado artículo, firmado por La Huella Digital:

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER APADRINA POÉTICAMENTE A HÉCTOR ACEBO


“Héctor Acebo apela, en su ‘Preliminar’ de Camas de hierba [Ediciones Vitruvio, 2011], a La llama doble de Octavio Paz para afirmar que el erotismo es poética corporal y que la poesía es erótica verbal, parámetros en los que precisamente se mueve el libro que presentamos desde su hermoso y sugestivo título, constituido por una metáfora alusiva al mismo tiempo a la realidad natural del espacio de los orígenes, a la realidad material del cuerpo del deseo y a la realidad poética del mundo de lo sutil. Se trata, pues, de una erótica y de una poética del conocimiento vital y verbal, esta última como la que postuló y teorizó nuestro comúnmente admirado José Ángel Valente.”

Son las palabras del reputado poeta, narrador y ensayista Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956), quien presentó el pasado martes, en su ciudad de origen, Camas de hierba, la primera incursión en la literatura de Héctor Acebo (San Tirso de Abres, Asturias, 1987). Este joven vate y periodista que colabora en la prensa asturiana y gallega, es actualmente, en el seno de la Facultad de Ciencias de la Información de la Universidad Complutense, el jefe de Opinión de LA HUELLA DIGITAL.

Cree Claudio Rodríguez Fer –doctor en Filología Hispánica, albacea de la obra de Valente y profesor en la Universidad de Santiago de Compostela– que, estilísticamente, Héctor Acebo “alterna en Camas de hierba el lenguaje preciso de la tradición culta y el lenguaje desenvuelto de la calle, de la diversión y de las aulas, siempre con un resultado equilibrado entre lo sublime y lo vulgar, que se confunden en una realidad integral”. Y temáticamente, según Rodríguez Fer, Acebo “se vale del canto de exaltación y celebración del placer y de la belleza, próximo a la oda y al madrigal, pero también de la crítica y deconstrucción de la alienación y del despecho”.

Así, a pesar de que se trata de un libro “absolutamente actual e incluso muy expresivo del momento presente”, sostiene Rodríguez Fer –pionero de la poesía erótica gallega– que Camas de hierba “entronca plenamente con la tradición clásica del madrigal y, sobre todo, del epigrama, ese poema breve que generalmente consiste en un apunte ingenioso y festivo de temática satírica, erótica o incluso erótico-satírica, como ocurre en este libro”. En ese sentido, el autor lucense cree que su ahijado poético, Héctor Acebo, recuerda a Marcial, a Propercio y, sobre todo, a Catulo: “El cancionero dedicado a Alba, en la parte central de Camas de hierba, semeja toda una actualización semiótica de los poemas a Lesbia”.

Organizada por el Club Cultural Valle-Inclán, la presentación de la ópera prima de Héctor Acebo tuvo lugar en la galería de Sargadelos de Lugo. Intervinieron en el acto, además del joven autor y de Rodríguez Fer, Javier Rivera (redactor y columnista del diario lucense El Progreso) y Tonina Gay (periodista y presidenta del citado colectivo lugués Valle-Inclán).

En su discurso, tuvo elogios Acebo para sus colegas Rodríguez Fer y Rivera: “A pesar de mi corta edad, me siento un privilegiado. Quien no me conozca, viéndome aquí, al lado de un poeta de la altura de Claudio y de un maestro del periodismo como Javier, pensará que soy alguien ilustre… Nada más lejos de la realidad. Pero lo cierto es que para mí es muy importante estar acompañado de dos referencias de este calibre. Creo que hoy, de algún modo, con Rodríguez Fer y con Rivera, casan la lírica y el periodismo”, confesó Acebo, quien, al igual que sus acompañantes, empleó la lengua gallega en su discurso.

En ese sentido, Javier Rivera explicó que Camas de hierba invita a la reflexión sobre los futuros caminos del periodismo escrito y de la lírica: “Acebo piensa que el periodismo precisa de un lenguaje más vibrante y que la poesía necesita, a veces, acercarse algo más a la realidad. Al leer una de las crónicas de Acebo, comprobamos cómo se traslada el lenguaje creativo de la literatura al periodismo, que, como dice el propio Héctor en uno de sus poemas, son ‘Líneas paralelas separadas / para siempre desde la muerte / de don Álvaro Cunqueiro’. El esfuerzo por darle un ritmo artístico a la prosa periodística, combatiendo lo que los tecnócratas llamaban eficacia palmaria, se conjuga en el ámbito poético con un acercamiento de la magia de la palabras a las vivencias cotidianas”.

Héctor Acebo, reflexionando sobre el proceso creativo de su ópera prima, dio a los lectores algunas de las claves de su poética: “La lírica es bella en su velada sugerencia. Sí, al igual que el erotismo, este género no muestra explícitamente, y por eso el lector, al tener que rellenar tantos salvíficos vacíos e insinuaciones, al dar vuelo a la imaginación, es parte activa de la obra. Podríamos decir, con las palabras de Mallarmé, que el poeta aspira a dar un sentido más puro a las palabras de la tribu”.

Las musas

Antes de ofrecer un recital, Acebo desveló algunos de los secretos de sus protagonistas literarias: “Son bellas chicas, muy jovencitas, algunas aún adolescentes… En Camas de hierba, uno se sintió obligado a captar todo el esplendor de esas muchachas, salvándolas, en muchos momentos, de la vulgaridad, especialmente cuando se maquillaban demasiado y camuflaban su juventud, o cuando actuaban al dictado de los poderosos. La poesía, que es pluralidad de sentidos y de significados, aspira a proponer una tenaz resistencia al discurso único. Esta premisa adquiere su sentido más pleno hoy, cuando las altas esferas nos quieren dóciles, sumisos y desmemoriados. Esa riqueza lírica le permitió a uno ver a sus musas desde diferentes ángulos, elogiándolas y criticándolas, según las circunstancias. Puedo decir que sólo pretendí devolverle a la vasta tradición poética los placeres que ésta me brindó: la voluptuosidad, la sensibilidad extrema, la belleza, el conocimiento…”.

En un gesto de complicidad y reconocimiento, Claudio Rodríguez Fer afirmó tener “mucho en común”, en gustos literarios y musicales y en actitudes personal y poéticas, con Héctor Acebo, su ahijado poético: “Igual que él, frente al prestigio de la muerte y de la desesperación que suele prender en los poetas jóvenes, yo me rebelé contra esa tradición tanática cantando a la vida y al erotismo con amor y con humor en mis primeros libros, que no casualmente se titulaban Poemas de amor sin morte (Poemas de amor sin muerte) y Tigres de ternura, así que no puedo menos que felicitar a Acebo por comenzar cantando también con amor y con humor, no exentos, claro, de conciencia crítica contra los poderes establecidos y de conciencia existencial de los límites impuestos por el espacio y el tiempo”.

Así, un joven Rodríguez Fer, en su citado poemario Tigres de ternura (Premio Nacional de la Crítica 1982), escribía:

“Cando
nos abrazamos
imos
a outromundo
onde
nos abrazamos
e marchamos
a un transmundo
onde
nos abrazamos
e onde quizáis só
nos abrazamos.”


Es decir: “Cuando / nos abrazamos / vamos / a otromundo / donde / nos abrazamos / y marchamos / a un transmundo / donde / nos abrazamos / y donde quizás sólo / nos abrazamos.”

Y en Camas de hierba, el primer libro de Héctor Acebo, podemos leer:

“Mi abuelo
lleva el pueblo escrito en la cara.

Y mi amada lleva el pueblo
escrito en sus muslos
(que, no me canso de repetirlo,
son como dos camas de finísimas hierbas).”


Dos literatos. Un clásico y un novísimo de la poesía erótica española. Y la misma pasión por las palabras más fulgorosas, por el ritmo, por la depurada obra del maestro Valente, por la belleza, por el conocimiento…

“Con tales guías –dijo Javier Rivera refiriéndose, entre otros, al propio Rodríguez Fer y a Martínez Sarrión, quien presentó oficialmente Camas de hierba en Madrid–, confío en que Héctor Acebo tenga una fructífera andadura en el mundo de los sueños cercanos o trascendentes, pero sin perder nunca ese aroma de la tierra que desprende su ópera prima”. Y es que, según Rivera, “Camas de hierba no sólo habla del amor como una infinita aventura, como una espiral sin límites, sino que también guarda un sentimiento del mundo y busca la esencia mágica de los paisajes, de los animales y de las cosas de esa cunqueiriana Tierra de Miranda que el poeta conoce de la mano de su abuelo, el curandero Paco de Robaín. Pues detrás del urbanita adornado con un fular de colores, hay también un niño labriego”.

(La Huella Digital, 01/10/2011)