Estou retomando, con pracer, a vocación de letrista. Eu, que cheguei á poesía a través da canción, reencóntrome coa rima e co namoradizo neno que fun...
Grazas á banda Os Folkgazais por facilitar ese reencontro infantil o pasado verán, cando me pediron letras pra os seus novos temas. Por suposto, é pra min un honor seguir formando parte dunha proposta musical tan suxerente (eles xa converteran en blues o meu poema "Desafío"). Unha proposta, a d'Os Folkgazais, que sementou en min esta ensoñación: Sam Cooke baila (galante, sensual...) un twist en Mondoñedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario