Sempre se lembra que é áspero coa prensa e coa industria musical. Non escoito con tanta frecuencia que é unha das estrelas máis agradecidas cos seus mestres. Van Morrison, nas poucas entrevistas que concede, aproveita pra reivindicar a aqueles artistas dos que aprendeu, entre outras cousas, que a música pode ser un rito de purificación: Sam Cooke, Ray Charles, Solomon Burke, John Lee Hocker, B.B. King, Jelly Roll Morton… Por suposto, os tributos de Morrison tamén son apreciables nas súas composicións. Por exemplo, o título desta fermosa canción de seu, “Hey, Mr. DJ!”, igual que un dos versos que contén (“…me and my baby”), vén de “Having a party”, emblema de Cooke:
No hay comentarios:
Publicar un comentario