Aí segue a voz da sensorialidade, aí segue, debuxando formas vexetais, sobrepoñéndose a algúns arranxos planos, cheirando a escapadas, conquistando lúas trigueiras...
Sempre serás aquel mozo galante, déixame ir contigo algunha noite, quero habitar a túa voz sinuosa, quero ser o flash-back dun soño vivido, meu admirado, meu admiradísimo Sam Cooke.
O malogrado Sam Cooke, un dos inventores da música soul.
Hoy mi admirado Sam Cooke(uno de los nombres fundamentales de la música popular) hubiera cumplido 85 años. La voz nítida y cálida, el compositor de enorme sentido melódico, el defensor de los derechos civiles ("A change is gonna come"), el romántico empedernido, el mago que, en paralelo con Ray Charles, fundió la mística del góspel y la carnalidad del R&B hasta dar con el soul (el sonido que definió los 60).
La música de Cooke sigue muy viva; no es difícil rastrear su influencia en Van Morrison, Rod Stewart, los Stones, John Fogerty, Eric Burdon, Bruce Springsteen, Michael Bublé o Leon Bridges.Dijo el crítico Diego A. Manrique sobre nuestro protagonista: "Escucharle es como paladear chocolate caliente derramado sobre un helado: un torrente de dopamina". ¡Eterno Sam Cooke!
Hai un tempo —a finais de 2013, creo— empecei a escribir un guión cinematográfico sobre as andanzas dunha imaxinativa mociña; o proxecto quedou estancado, pro espero retomalo. En determinados momentos (quizabes por influencia do primeiro Godard) eu pretendía romper a narración en beneficio da lúdica, da poesía, da sensualidade. Xa tiña incorporado, nunha escena, un chachachá de Sam Cooke, "Win your love for me"; e hoxe, escoitando este enérxico R&B popularizado por Trini López, púxose a bailar de novo, no meu maxín, a rapariga que eu mesmo creara:
Este verán, cun pouco de tempo, intentarei seguir perfilando esa mirada travesa e soñadora, esas pernas elásticas, esa cintura que un querería cinguir de loureiro...
A miña colaboración co xa extinto conxunto Os Folkgazais tróuxome moitas alegrías artísticas. Ninguén musicara un poema de meu, e ese grupo astur-galaico fixo un traballo bárbaro ao convertir nun potente blues o meu "Desafío":
Ademais, gocei participando, xunto a eles, nalgunhas das presentacións de Alorias, o EP que contén o citado "Desafío" e que se publicou na primavera do ano pasado.
Abel Pérez, David Moirón, Ruth Martín (tres dos compoñentes d'Os Folkgazais) e un servidor, no Hotel Canabal, en Burela. Este verán presentamos alí o EP "Alorias", terceiro e último traballo da banda.
A colaboración co conxunto Os Folkgazais foi pra min tan intensa, que significou a recuperación da miña vocación de letrista, a cal tiña aparcada dende a adolescencia (eu cheguei á poesía a través da canción: a miña primeira pulsión artística reflectiuse na composición de pezas de corte satírico e romántico, cando estudaba piano e solfeo, na nenez).
As novas letras miñas forman xa parte deFoxnola, o talentoso grupo que encabeza o acordionista e compositor Abel Pérez (ex líder d'Os Folkgazais). Este recente proxecto, que ten como piares a música popular americana dos anos 40, 50 e 60 (fox-trot, swing, rock primixenio, twist, blues...) e o uso da variante oriental do galego, tenme moi ilusionado. Nel terei a honra de volver coincidir —tamén en calidade de colaborador— coa vocalista Ruth Martín, co guitarrista Michael Lee Wolfee co saxofonista e arranxista José Luis Álvarez, ademais de con Abel: uns cracks!
Foxnola en estado de gracia.
Unha das novas composicións de Abel Pérez e dun servidor chámase "Mitoloxía mirandesa"; como o seu título suxire, este tema —un swing— está ambientado en Miranda, as marabillosas terras que, en verbas do mestre Álvaro Cunqueiro, "van do Miño ao Eo": Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova... Así comeza a letra da canción, que pronto dará a coñecer Foxnola dende a súa páxina de Facebook:
Benvida á Terra de Miranda,
benvida á terra dos albeites
(que son igual que camas
no medio do monte).
Benvida á terra que recrea
o mago Cunqueiro:
a terra que integra
inmensos planetas.
Benvida á terra que sucan
amables fantasmas:
a terra que inspira
alegres nostalxias.
Miranda, por certo, é o outro topónimo co que se coñece históricamente ao Eo, o río que pasa polo meu Santiso nativo, pola Pontenova ou por Riotorto (efectivamente, é un afluente do Eo o que da nome a este concello).
Servidor en Mondoñedo, nas últimas San Lucas.
Velaquí o primeiro vídeo promocional de Foxnola:
Sendo amante da música, disfruto implicándome a fondo na tarefa de letrista. Non me limito a entregarlle ao meu amigo Abel as letras, non. Se ben é certo que cada creador fai a maior parte do seu traballo por separado, pode dicirse que o melodista e eu rematamos xuntos as cancións. Explícome. Cando Abel atopa a melodía pra unha letra, e pensando xa nos correspondentes arranxos, el suxíreme cambios métricos que habería que facer pra que o texto quede perfectamente engarzado na música, co fin de que esta non sexa, en efecto, un mero acompañamento. Eu, gustosamente, fago eses cambios, que case sempre se reflicten na acentuación ou na supresión dalgunhas sílabas... Tamén me gusta mostrarlle a Abel letras que teño entre mans —algún retrouso rabuñado, algunha imaxe traída de certo poema meu...—, pra saber o seu parecer.
Ademais, durante o proceso creativo, o acordionista veigueño e eu falamos de posibles referentes pra cada tema. (Servidor escribe as letras estimulado non só por vivencias, ensoñacións ou lecturas, senón tamén por ritmos de cancións amadas.) Un dos nomes que máis temos pronunciado Abel e eu, nas nosas reunións, é o do soulmanSam Cooke. Traballar en equipo —en equipo artístico— paréceme, en fin, moi reconfortante; e dende logo, dese xeito é máis doado fundir os nosos ámbitos referenciais: a música e a poesía (por máis que as miñas letras estean pensadas pra ser cantadas, intento que estas teñan —aínda que non sempre o consiga— certo voo lírico).
Seguro que pra min será productivo interactuar cos restantes músicos de Foxnola (ademais de Abel Pérez, Ruth Martín, José Luis Álvarez e Michael Lee Wolfe, pertencen ao grupo o batería Miguel Ánxo López, o contrabaixista David Casillas, o saxofonista Javier Vázquez e o trompetista Adrián Lage); sei que aprenderei deles, igual que aprendín dos Folkgazais. Grazas e ata sempre, Folkgazais! "Bos tempos"—que diría Sam Cooke— pra Foxnola! Viva o arte interdisciplinar!
O pasado verán
escribín unha letra, "Rapaciña", inspirándome neste chachachá do magoSam Cooke:
A
letra, coa que está traballando melódicamenteAbel Pérez(gran amigo e talentoso socio), di: "Se me deixas
conquistar / os mundos do teu mirar, / recitareiche madrigais / no porto de Porcillán". (Esa é unha das estrofas.) Estou seguro de que Abel reforzará
o xuvenil romanticismo da letra...
Nesta imaxe, Abel Pérez e eu estamos falando, pra o "Zigzag" da TVG, sobre o conxunto que el lidera, Os Folkgazais, e co que colaboro. Por certo, este conxunto deixará de existir próximamente, pro Abel xa está preparando outro proxecto, pra o cal irán destinadas as cancións que estamos compoñendo xuntos, coma a citada "Rapaciña".
Velaquí o videoclip de "Desafío", blues d'Os Folkgazais que é o feliz resultado da adaptación, por parte de Abel, dun poema meu:
Ahí segue a voz da sensualidade, ahí segue, debuxando formas vexetais, sobrepoñéndose a algúns arranxos planos, cheirando a escapadas, conquistando lúas trigueiras...
Sempre serás aquel mozo galante, déixame ir contigo algunha noite, quero habitar a túa voz sinuosa, quero ser o flash-back dun soño vivido, meu admirado, meu admiradísimo Sam Cooke.
Sempre se lembra que é áspero coa prensa e coa industria musical. Non escoito con tanta frecuencia que é unha das estrelas máis agradecidas cos seus mestres. Van Morrison, nas poucas entrevistas que concede, aproveita pra reivindicar a aqueles artistas dos que aprendeu, entre outras cousas, que a música pode ser un rito de purificación: Sam Cooke, Ray Charles, Solomon Burke, John Lee Hocker, B.B. King, Jelly Roll Morton… Por suposto, os tributos de Morrison tamén son apreciables nas súas composicións. Por exemplo, o título desta fermosa canción de seu, “Hey, Mr. DJ!”, igual que un dos versos que contén (“…me and my baby”), vén de “Having a party”, emblema de Cooke:
¿Has escuchado alguna vez a Sam Cooke? Él no necesitaba simular posturas sexuales para excitar al público; se bastaba de sus esbeltas composiciones, de su arañante voz y de su magnética presencia. Esta versión de "Chain Gang" (una de sus piezas emblemáticas) es un caudal de sensualidad:
Algún día tal vez escriba un guión cinematográfico sobre las andanzas de una joven pareja. Creo que en determinados momentos (quizás por influencia de Bergman, de Godard o de Lynch) rompería la narración en beneficio de la lúdica: verbigracia, me encantaría que los protagonistas bailasen este sensual «cha-cha-chá» del legendario Sam Cooke:
Si el hipotético director rodase dicha secuencia musical, me sentiría verdaderamente afortunado. Cuántas veces he imaginado el tiempo detenido en esa voz galante («To me you are so beautiful, / Beautiful as a song»), en esas miradas traviesas, en esas piernas elásticas, en esa cintura femenina a la que uno querría enzarzarse...
Anoche imaginé que bailaba esta canción de Sam
Cooke con cierta mujer. Fue una ensoñación verdaderamente deliciosa. Sé
que mi lúdico deseo difícilmente se cumplirá (de entrada, ella no
escucha esta música primitiva y, a la vez, deslumbrante),
pero precisamente debido a esa dificultad, mi imaginación se ensancha,
ajena a cualquier límite o cifra... En fin, ya lo decía el maestro
Cunqueiro: "Na aspereza da vida cotiá soñar é necesario" ("En la
aspereza de la vida cotidiana soñar es necesario").
"Tenía una voz incomparable. Sam Cooke podía cantar cualquier cosa y hacer que funcionara. Pero si se trata de hablar de su fortaleza como cantante, lo relevante no es el registro. Lo relevante era su capacidad de ofrecer resultados, su fraseo, su manera de cantar en su totalidad", dijo Van Morrison.
¡Mágico, tierno, arañante, vibrante, sugerente..., Sam Cooke!
Una sensación impagable: Contemplar a mis protagonistas literarias, ¡esas muchachas ágiles y de piel nacarada!, mientras bailan una canción del genial Sam Cooke. Es un trabajo arduo (hoy los más jóvenes, acostumbrados a la muestra explícita, a la evidencia, no suelen emocionarse con las melodiosas y arañantes voces de los soulmen), es un trabajo arduo, digo, pero excitante. Evidentemente, esta imaginería –tan lúdica, vibrante, sutil, voluptuosa y salvífica– tiene mucho que ver con los filmes del primer Godard (Vivir su vida, Banda aparte, El soldadito...).
Para leer un artículo que escribí hace no mucho acerca de las musas (de mis musas), pinchad aquí.
Me imagino a la dinámica y abstraída Anna Karina bailando, en alguno de los primeros filmes de Godard, esta deliciosa canción de Sam Cooke. ¡Qué regocijo! A veces, una de mis musas (la muchacha de la mirada entre desvaída y penetrante, sobre quien escribí últimamente un artículo) suspende sus quehaceres cotidianos entregándose a la delicada y arañante voz de Cooke. ¡Rituales de purificación!
Qué extraño. Uno –que es de naturaleza irremediablemente melancólica y ya sufrió bastante durante el largo invierno– todavía no había encontrado la ocasión de celebrar la llegada de la estación primaveral. Es, pues, el momento adecuado para escuchar (y, por qué no, para bailar) este ardiente tema de Sam Cooke.
Apreciado Godard: Te olvidaste de incluir este twist de Sam Cookeen alguno de tus primeros filmes (tan dinámicos), cuando todavía no hacías cine intelectual. Tengo para mí que Anna Karina (a la sazón tu esposa y musa) se hubiese deleitado bailando la canción. Las nacaradas piernas desnudas, el sombrero borsalino, la mirada entre desvaída y penetrante...
***
El fotograma corresponde a Lemmy contra Alphaville (1965), del propio Godard.
Karina. La alienada muchedumbre, en blanco y negro. Los dolorosos vacíos de la poesía de Paul Éluard: "Tus ojos han vuelto de un país arbitrario / en el que nadie supo lo que es una mirada". Godard. Llegar tan lejos por la Belleza...
Siempre he creído que los amantes más impetuosos se conjugan en la voz de Sam Cooke, Ray Charles o Jackie Wilson. Morrocotudos soulmen que emplean la práctica totalidad de sus cuerpos en los fraseos. Que otorgan a cada espacio del dormitorio –el lugar cotidiano más exótico– una sílaba (y pienso en “el-ám-bar-gris-de-un-ca-cha-lo-te” que cantaba Cristina Lliso, voz de Esclarecidos, en “Arponera”), distinguiéndola de las demás por un tono más alto o más grave. Además, tras tantos vaivenes excitantes, estos elásticos cantantes frecuentemente consiguen reposar la frase al final de cada estrofa, equilibrando lo más delicado y lo más ardiente.
Divisando el mediocre panorama musical patrio de la última década, estas obviedades se antojan absolutamente anacrónicas. Porque, si de algo carecen las voces académicas de “Operación Triunfo” y demás sucedáneos, es de la capacidad de interacción o seducción (y no hablo del físico). Decía José Agustín Goytisolo que el poeta (y el cantante, añadiría yo) no es aquel que se emociona, sino aquel que logra emocionar a los demás. Exactamente. Tanta frialdad, tantos gorgoritos, tanta perfección autómata, intenta esconder las carencias anteriormente citadas. ¿Por qué no ha de escucharse el gorjeo, el gemido, el suspiro, el grito –tan bien controlado por Charles–, cualquier suerte de impulso o imperfección humana (perdón por la redundancia) que demande la cadencia? ¿Por qué ignorar el sudor, los lunares, la piel arañada? ¿Por qué revestir el gozo, la dolencia, el miedo, la ira?
Tales sentimientos exigen, eso sí, un pulso fornido, a fin de no caer en el desbordamiento –como les ocurre de vez en cuando en nuestro país a cantantes dotados como Bunbury– y en la cursilería. Lo mismo sucede con cualquier otro género artístico que se resuelva en las distancias cortas. Que exija soltar esquirlas (sí, eso es) de emoción.