Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Elías Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Elías Ferreiro. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de enero de 2017

Elías Ferreiro

Non son amante do Nadal, pois nesas festividades, polo menos en Occidente, acabamos levando ó extremo o consumismo que, desgraciadamente, xa nos define. Non obstante, gusto das reunións íntimas que propician esas datas ó amor do lume ou do café. Nas últimas festas, botei en falta a varios finados queridos. É o caso do chairego Elías Ferreiro, o meu primeiro mestre xornalístico, a quen coñecín precisamente cando fixen as prácticas neste periódico, no verán de 2010. Aterrei nas seccións que el coordinaba (‘España’ e ‘Mundo’), e decontado collimos confianza, compartindo dende aquela gratas viaxes pola xeografía galega con outro prezado compañeiro, o mariñán Javier Rivera. Intelixente, fiel, incorruptible, lacónico —mais sempre coa verba xusta, por iso titulaba tan ben—, Ferreiro parecía tirado dun ‘western’ crepuscular, deses que coñece magnificamente o noso colega Paco Abraldes. Súa podería ser, por exemplo, esta frase que pronuncia Billy o Neno no filme de Peckinpah: “Os tempos cambiarían, pero eu non”.

Elías Ferreiro e un servidor, en Cabo Ortegal (Cariño, A Coruña).


Realmente son poucos os días nos que non me lembro de Elías durante algún intre. E cando quedo con Rivera, da igual o tema que toquemos, sempre acabamos citándoo ou imaxinando que pensaría el sobre tal acontecemento. En outubro, un mes despois da súa morte, dediqueille un poema. Deixeino repousar, como fago con todas as miñas creacións líricas; e agora, na súa honra, quero que vexa a luz aquí, onde se non, neste xornal que conectou as nosas vidas para sempre e onde o mestre deixou un baleiro inmenso. Titúlase ‘Amigos: Elías Ferreiro’ e di así: “Un xersei, un feixe de folios/ en branco, un póster do Celta,/ o diploma dun cursiño/ e caramelos de eucalipto./ Foi todo o que atopamos/ baleirando os caixóns/ da mesa na que traballabas./ Pareceunos inxusto/ que tantas horas lúcidas/ puideran coller nunha caixiña;/ pero a sobriedade foi a túa marca,/ esa que admiramos sempre.// Ti sentenciabas: ‘O fútbol sala/ substituíu ó boxeo no corazón/ dos macarras’. Ti sentenciabas/ audaz, afiado e sorrindo./ Ti endexamais/ usaches crema antiolleiras;/ preferías que a pureza de Paula/ vernizase os teus sedimentos”. 

[Artigo meu publicado onte na edición da Mariña de El Progreso de Lugo]

lunes, 22 de agosto de 2011

Javier Rivera rememora en 'El Progreso' una de nuestras sabrosas excursiones gastronómicas


Hoy, en El Progreso de Lugo, mi querido Javier Rivera rememora una de nuestras sabrosas excursiones gastronómicas por la Tierra de Miranda. El viaje lo hicimos en compañía del chairego Elías Ferreiro, otro curtido periodista de El Progreso. Uno tuvo la suerte de recibir el magisterio de Ferreiro y de Rivera en la redacción del diario lucense. Reproduzco a continuación el artículo de Rivera:

EL SANTUARIO DE LA EMPANADA DE TORTILLA

Por Javier Rivera ("El Progreso", 22/08/2011)

Vuelvo a A Voltiña con una secreta ilusión: saborear su empanada de tortilla española. Los más ortodoxos prefieren la tortilla sin más artificio, ni siquiera la admiten en bocadillo, pero la ligera capa de masa que cubre la compacta masa de huevos y patatas, sometidas una mínima cocción en el horno, le da un toque original a este manjar a la vez sabroso y contundente. Otros comensales optan por las verduras de Mondoñedo a la plancha, con el aceite ligeramente tostado, una opción también exquisita y auténtica, pero les insisto para que prueben esta empanada que sitúa a A Voltiña entre los grandes santuarios de la tortilla en Galicia. Sólo me queda comprobar si como sostiene Chus Amieiro –hija de los fundadores, Jesús y Justa– este plato, que siempre sirven frío, gana enteros recién hecho, con todo su calor.

De segundo, y con la sana intención de elevar al joven poeta santirseño Héctor Acebo al parnaso cunqueiriano, compartimos una inmensa ventresca de bonito. Para dos, según la carta. Y el consejo no es engañoso. El ejemplar debía de ser un buen matrero.

Leche asada, tarta de nuez y natillas son los postres caseros elegidos para despedir esta inolvidable comida en este restaurante situado en el barrio de O Grove, que se llama como la localidad pontevedresa. Pero que las señales y los accesos diseñados por Fomento no les confundan. Este templo del buen comer, tanto a la carta como con el menú del día, se encuentra a la salida de Mondoñedo, hacia la costa, por la Nacional-634.