Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

sábado, 26 de octubre de 2019

EXHUMACIÓN DE FRANCO

Era inmoral que el sanguinario dictador compartiese espacio con tantos seres a los que privó de su libertad, de su vida. Ellos, los caídos, son el símbolo de la decencia, de 'lo que pudo haber sido' y de 'lo que será'.

lunes, 30 de septiembre de 2019

TU APOYO, NO TU DESCARGA



—... Yo no te voy a dejar solo, pero vos me tenés que tratar de otra forma.
—Ya, lo que pasa es que yo estoy solo: eso es lo que no entiendes. Tú todos los días te vuelves a tu casa, con tu madre, con tu padre, con tus hermanos. ¡Y yo no sólo recibo respuesta, sino que ni siquiera puedo escribirles, coñes!
—Yo no tengo la culpa de eso. No tengo la culpa. No tengo la culpa de no ser española, de no ser exiliada, de no estar en una guerra…
—¿Qué dices? ¿Yo te dije eso?
—No, pero parece que ya me condenaste… Andrés, mirá, mirame; yo te quiero mucho, te quiero mucho, y estoy dispuesta a ser tu compañera, tu apoyo, tu motor, tu amor. Pero no estoy dispuesta a ser tu descarga, no, no.

(Vientos de agua, Juan José Campanella)

domingo, 29 de septiembre de 2019

'AVANTI' SIEMPRE

—¿Qué pasa? ¿Que tú no lloras nunca?
—No. ¿Cuándo me viste llorar? Cuando me abandonó mi familia en el barco, ¿me viste llorar? ¿Lloré en el conventillo cuando no teníamos comida? Cuando se murió tu familia, no lloré; ni con la tuya, ni con la mía... Si cada vez que te dije, hubiese llorado, estaría más seca que este maní. Yo no lloro nunca; yo sigo avanti. Avanti antes y avanti siempre.

(Vientos de agua,  J. J. Campanella)



domingo, 22 de septiembre de 2019

DONDE ESTOY

Me trae sin cuidado que no me valores. Ya estoy yo para valorarme. Nadie mejor que yo sabe lo que he luchado para estar donde estoy.

sábado, 31 de agosto de 2019

LA MÚSICA

Escuchado ahora en una cafetería de Cochabamba (Bolivia):

"¿Transportar el piano? Lo que uno transporta es la música, no el instrumento. Es el volumen, la textura, la sonoridad...".

sábado, 24 de agosto de 2019

CANCIÓN PARA LISA

Estes últimos días tiveron para min un sabor agridoce: por unha banda, meus pais viñeron visitarme a Bolivia; e, por outra, os tres enterámonos aquí da morte da querida Elisa González, quen me coidou —xunto ó seu marido, José Mediante— cando era cativo. Ámbolos dous tratáronme sempre coma o fillo que nunca tiveron. Católica convencida, Elisa era o súmmum da xenerosidade e da humildade, valores que hoxe cotizan á baixa. Contaxiados quizabes polo seu carácter tenro, os amigos e familiares chamábamoslle ‘Lisa’, verba que soa coma o asubío do noso admirado merlo, ou coma a brisa movendo as follas dos amieiros…

Pouco importa que entre Elisa de Mediante e mais eu non existiran vínculos de sangue: estamos ante unha das persoas que máis se implicou en todas as etapas da vida de meu. Lembro unha anécdota que data de 1993. Elvira de Robaín —a miña tía avoa emigrada a Bos Aires— viñera pasar o verán ó noso Santiso natal; eu, que tiña 5 anos, encariñárame coa señora; admiraba a súa valentía e fascinábanme as doces verbas (‘pileta’, ‘valija’, ‘pibe’…) que traía de Ultramar. Pois ben, dende a primavera do 94, cada vez que paseabamos polo miradoiro do Bedrín e ollabamos un avión, Elisa —sen separar a vista do ceo— dicíame: “Mira, Hectorín, aí vai a tía Elvira camín da Arxentina!”, e, inmediatamente, os dous sorriamos. Aquela fantasía (que tiña forma de flashback) expresaba oblicuamente unha esperanza: a irmá do meu avó Paco xa había un tempo que regresara ó seu país de adopción, e, como nos botaba en falta, non podía tardar moito en volver visitarnos. Esa maneira de pensar tan candorosa e imaxinativa distinguía a Elisa doutras veciñas. Por certo, a tía Elvira cumpriunos o gusto sete anos despois.
Dona dunha paciencia infinda, Elisa acompañoume nas miñas primeiras andanzas artísticas e comunicativas. Entre os 9 e os 11 anos, influído pola miña nai, simulei a emisión dun programa radiofónico en diferido; eu prepáraballe a Elisa os guións das súas intervencións, e ela lía aquelas liñas cunha voluntade de ferro. Se se trabucaba, sempre estaba disposta a repetir a gravación as veces que fixera falta, só por compracerme: proba inequívoca dun amor sen límites.
Na puberdade, desenvolvín un carácter introspectivo e adentreime na poesía, mais seguín plenamente ligado a José e a Elisa. Xa con 18 anos, xusto despois da morte de Mediante, emigrei a Madrid para estudar Xornalismo. Cando retornaba a Santiso, polo verán ou polo Nadal, Elisa era a primeira en visitarme. Mirábame como se estivera descubrindo un novo planeta, e comíame a bicos. Cando estaba a piques de partir cara a Bolivia, a miña amiga xa se atopaba un chisco delicada, e mandou aviso a meus pais de que prefería evitar a nosa despedida. Fíxenlle caso. Pero, afortunadamente, tivemos ocasión de reencontrarnos no último Nadal, trazando así un amor circular.
Querida Lisa, ti para min es máis que unha amiga insuperable: es “a miña segunda nai”, como che gustaba que subliñase. Alí onde esteas, sei que poderás escoitarme; grazas á túa motivación, perdín o medo escénico e aprendín a cantar ben alto. 

[Publicado en El Progreso de Lugo, 24/08/2019.]

martes, 12 de febrero de 2019

Carta a Míriam Ferradáns


QUERIDA MÍRIAM: O pasado verán, cando ti e mais eu aínda non nos coñeciamos, Tamara Andrés falárame magnificamente, en Pontevedra, de ‘Nomes de fume’. Abofé que a nosa amiga acertou coa recomendación, pois ese poemario teu paréceme conciso, valente e moi potente: vaian por diante os meus parabéns.

Con Dores Tembrás como excelente guía, cheguei ata a casa familiar (o “lugar escuro”) do teu ‘eu’ poético, que me involucrou nun vibrante tributo á memoria; así, imaxinei, por exemplo, como sería “morrer perforado polo pau dunha ervella”. Precisamente nese intre estremecinme e collín da man á cantora. Ela aloumiñoume decontado; lóxico en alguén que alberga moita tenrura e que reivindica o tacto como método para achegarse plenamente á realidade (e mesmo á memoria). Así mesmo, neste espiñoso pero necesario ritual, loitei contra a mediocridade da institución familiar clásica. Porque a “tribo” xeralmente tenta esquecer as perdas para evitar o sofrimento, traizoando tanto agarimo recibido e erixindo —sobre a base do tabú— un ambiente asfixiante. Pero o teu suxeito lírico non cansa de pronunciar un “nome de fume e pedra”; cunha cantora tan leal —e rebelde— na familia, a referida persoa morta sempre estará a salvo.



Míriam, posúes esa gran intuición que é inherente a todo poeta xenuíno (tirando do fío, ‘vate’ comparte etimoloxía con ‘vaticinar’). A dita ollada reflíctese —con alcance telúrico— no tratamento dos paus das ervellas ou neste belísimo micropoema: “As mulleres de negro ofrecen o seu corpo á terra / é o xeito escollido para defenderse do infortunio / entregándose a el definitivamente”. 


En ‘Nomes de fume’, a litúrxica meditación adopta —mediante o diálogo— unha fasquía polifónica; e, nese senso, quixera salientar o teu excelente emprego do ton interrogativo, que me lembra ó de Pizarnik e que destila moita sinceridade: “Temos prohibido o tacto: // Sabes ti a diferenza entre corazón e peito?”. Velaquí un fraseo duro en aparencia, mais lene por dentro, coma algunhas froitas. Hai máis exemplos deste tipo no teu libro; o dominio da dicción permite acadar conquistas tan trascendentes.

Isto é todo por hoxe, Míriam. Querías saber as miñas impresións —que honra!— tras a lectura do teu debut editorial, e decidín enviarche esta carta, seguindo o costume dos nosos referentes inmarcesibles. Agardo que nos vexamos pronto no teu Bon nativo ou en Lugo. Pedireiche que me dediques o fermoso libro… E se nos entra a fame durante a conversa, podemos comer unhas galletiñas ‘Dinosaurus’ (eu tamén devezo por elas, e o binomio poesía/nenez é moi vizoso). Mándoche unha aperta fonda. Héctor. 


P.D.: Se ves á marabillosa Tamara, dálle recordos da miña parte. 


(Publicado en El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra e Galiciaé, 12/02/2018.)

lunes, 21 de enero de 2019

'Un santiseiro facendo as Américas', reportaxe

Para ler unha reportaxe publicada hai uns días en El Progreso de Lugo con motivo do meu periplo boliviano, pica aquí. O texto é obra da compañeira Isabel García.

 Servidor, en Tarata (Cochabamba, Bolivia). Fotografía de Julio César Ureña.

jueves, 17 de enero de 2019

A avoa Remedios

COMO A nosa casa atópase en obras, meus pais e eu pasamos as vacacións do Nadal no que fora o fogar santiseiro, durante moitos anos, da miña bisavoa Remedios de Rochiña. Aínda que non tiña estudos, a avoa Remedios —como lle diciamos agarimosamente a maioría de familiares— destacaba pola súa correcta educación, a súa elegancia innata e o seu verbo fluído. Lembro a fantástica réplica que a trabadesa lle dera a un médico do Principado de Andorra, onde viven aínda hoxe dous fillos seus. Na consulta, o doutor, abraiado pola sólida saúde da octoxenaria señora, quixo advertir a esta dos males da senectude: “De todos modos, vaya con cuidado, que tampoco tiene edad para hacer ciertas cosas…”. E a miña bisavoa sentenciou así a conversa: “Doctor, usted también llegará —quiera Dios— a mis años, y se dará cuenta de cómo funciona su cuerpo; no será necesario que ninguno de sus colegas se lo explique”. O médico esbozou un sorriso forzado e non soupo que dicir ante a sagacidade de dona Remedios, quen, asemade, modulaba a voz nos intres de descontento, dor ou euforia, salientando as frases máis significativas e respectando os necesarios silencios —moito terían que aprender dela algúns comunicadores de atropelada dicción e entoación plana!—.
Porque coñecín ben á miña bisavoa, puiden recreala nun belísimo soño. Dona Remedios, convertida nunha tardía pero carismática actriz de teatro, regresaba ó casarío de Robaín, despois de concluír a xira da súa terceira obra. “Vénche cargada coma a abella!”, dicíame —sorrindo— a súa filla Aida. O certo é que a señora Remedios traía varias maletas repletas de vestimentas (na realidade era moi coqueta) e de libros (Rosalía, Lorca, Unamuno, Cunqueiro, Mihura…). Tanto é así, que a miña avoa Aida contou coa axuda da súa curmá Edelmira, a Grande, para subir a equipaxe ó faiado.

Sei que á avoa Remedios teríalle gustado saber deste soño, onde todo concordaba. O seu espírito aventureiro. O seu don de xentes. A súa facultade natural para recoller unha gran suma de refráns, romances, cancións, historias con resonancias mitolóxicas…, e para adaptar algunhas destas obras ás circunstancias das conversas. O seu camisón branco impoluto. O seu intenso suspiro a altas horas da madrugada, anunciando o fin dun soño. O seu preciso sentido da morte e da natureza: “Que un fillo vexa morrer ó seu pai é lei de vida: hai que aceptalo. Pero un pai xamais debería ver morrer ó seu fillo”.

Todo concordaba naquel soño; a profesión de actriz non funcionaba como hipérbole: traía, por fin, xustiza á vida dunha creativa e entrañable muller que non tivo posibilidades de formarse e que sufriu boa parte dos horrores do convulso século pasado, pois naceu en 1911 e morreu en 2003. 

viernes, 11 de enero de 2019

A poesía é semente


GOETHE, YEATS, Kavafis, Pound, Lorca… Conservo varias antoloxías da colección ‘Mitos Poesía’ que Mondadori publicara a finais dos 90 —na miña nenez— e que me regalara, cando eu xa era mocete, un primo algo máis maior ca min, o querido Jose do Castro. “Queda con elas”, dixérame, “que eu xa as teño moi lidas”. Aquelas edicións de peto estaban especialmente dirixidas á xuventude, de aí o baixo prezo (350 pesetas), a distribución en quioscos, os textos escollidos con delicadeza e as presentacións, que lembraban ás dos cedés, non só polas vistosas portadas, senón tamén polo tamaño. Todo iso propiciou que un fato de adolescentes e xoves adultos penetrase na mellor poesía sen medo, lonxe das pompas, ata comprender que a beleza deste xénero é purificadora: por unha banda, nun arrastre sensitivo, troca —amplifica— a percepción do lector, incitándoo a que ache a súa verdadeira identidade (ou a que se reconcilie con ela); e, por outra, ó conxugar (por vía do estético ritmo) referencias culturalistas, coloquialismos e vulgarismos, fomenta a querenza pola diversidade. Pouco lle debeu de importar iso a Iberia, que daquela rexeitou a proposta de Mondadori, consistente en agasallar con libriños de ‘Mitos Poesía’ ós pasaxeiros da Ponte Aérea entre Madrid e Barcelona. A compañía aduciu que esa lectura “podía ser demasiado arriscada e forte” para os seus clientes. O arriscado é ser cidadáns dunha sociedade na que o egoísmo leva décadas medrando mentres moitos poderosos nos ocultan os lenitivos… Dito o cal, ‘Mitos Poesía’ tivo unha recepción sorprendente, chegando a vender un millón de exemplares.

Dende o pasado verán, Penguin Random House distribúe a colección ‘Poesía Portátil’, coa que retoma precisamente o bo labor de ‘Mitos Poesía’. O xigantesco grupo editorial, no cal está integrada a antiga Mondadori, xa leva publicados —cun prezo de 4,90 euros— oito números; a escolma de Pizarnik (‘En esta noche, en este mundo’) paréceme exquisita. Terá ‘Poesía Portátil’, con Safo ou Neruda, unha influencia minimamente considerable entre os raparigos, coma a que tivera a colección pioneira? Nas redes sociais (onde os mociños fedellan tanto) só un público adulto está a saudar o proxecto lírico de Penguin Random House; non me estraña a indiferenza, pois, en termos artísticos —vou alén da literatura, que os referentes neste eido son residuais—, o gusto adolescente dexenerou abondo. Hoxe a maioría —alienada— escoita decote o monocorde e basto reguetón, e segue con fervor ‘Operación Triunfo’, un dos programas que máis ten contribuído a desdeñar a cultura do esforzo e a identidade dos artistas xenuínos. En efecto, a sutileza inherente á poesía atópase nos antípodas deses patróns dominantes tan banais. De todos os xeitos, a lírica é semente antes que froito; pode permanecer —e sempre permanece, til máis, til menos— allea ás modas, pero, finalmente, acabará pousándose nela unha criatura soñadora, a cal endexamais esquecerá o consecuente estouro emocional (o primeiro de tantos). Como sentenciara Octavio Paz, “A poesía consagra o instante”.