Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

viernes, 1 de noviembre de 2013

O meu poema "Desafío", convertido en blues

Os meus amigos do grupo Os Folkgazais, da Veiga (Asturias), tiveron a xentileza de adaptar musicalmente un poema meu, "Desafío", que formará parte dun EP e que estou impaciente por escoitar. Abel Pérez, líder do conxunto, cóntame que se trata dun blues e que haberá un videoclip da peza; e faime chegar esta imaxe da composición: 


Infinitas grazas ós músicos e a Carlos Aenlle, que, en calidade de lingüista, revisou magnificamente o poema, escrito na variante oriental do galego, aquela que falamos, por exemplo, no meu Santiso nativo ou na Veiga. A poesía realmente é unha versión doutro texto do mesmo título que incluín no meu primeiro libro, Camas de hierba (2011), escrito en castelán e de contido erótico. Deixo eiquí o poema en galego: 

DESAFÍO (II)

Quéixanse os críticos cítricos
porque abuso do grao superlativo.
Eles dicen que aquel corpo era pequeno,
pois non saben que na cama medraba.
Non, ningún deles sería capaz de levar,
coma meu abolo, os mismos calzois
de lunes a domingo.

Sempre dicen
que hei de buscar, cando acabe a carreira,
unha nena que me cuide e me comprenda:
que atrevemento! Pro solo
eu sei que naquel cu nace o Eo.
Que pasa pola Pontenova, que se para
en Santiso e que desemboca
no Mar dos Seus Peitos, formando
a ría de Ribadeo.

Quéixanse os críticos cítricos
porque abuso do grao superlativo.
Pretenden que volva ó franquismo:
sería xusto dicir que aquelas pernas
solo eran “claras”?
Cando as miocas
papen as súas cachas,
quizabes entenda ese empeño.
Mentras tanto...

ai, mentras...

TANTO!

No hay comentarios: