Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta A Veiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Veiga. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de julio de 2015

Acordes de tenrura

Chamábase Félix Menéndez e, durante vinte e seis anos, foi o exemplar bibliotecario da Veiga. Cando ía velo, o primeiro que facía Félix era poñer a súa man sobre o meu ombro e preguntarme pola miña nai. Tras eses sinais de cariño e confianza, o seu discurso non desembocaba en eloxios superfluos ou tautoloxías; el ía directamente á cuestión que máis nos concernía naquel momento: a preparación dun acto literario, ou a reflexión sobre unha exposición de pintura. Home dinámico, escéptico á hora de falar do seu futuro, sempre tiven a impresión de que, gozando de boa saúde —morreu repentinamente, dun infarto, en abril—, espremía todo o xugo do tempo. Así, nos momentos máis distendidos das nosas tertulias, Félix “era”, mentres un “estaba”. Ah, pero que ledicia estar ó pé dun home tan íntegro e xeneroso!
Félix Menéndez, nunha imaxe do seu Facebook.


Coñecín a Félix na nenez. Lembro perfectamente a primeira vez que entrei, coa miña nai, na biblioteca da Veiga, cuxo fondo é considerable. Daquela Mamá comezaba a traballar na exigua biblioteca do noso Santiso nativo, e xa disfrutaba da amizade de Félix. Eu, ó poñer os pés no espazo laboral deste cabaleiro, sentín que se me abría un mundo de infindas sensacións e posibilidades. Un mundo onde a nostalxia pode ser xubilosa, onde as emocións teñen música, onde a aventura é un fin...
Por suposto, Félix —que era filólogo hispánico— coñecía esas calidades salvíficas da literatura, pero, polo seu carácter xocoso, restáballe solemnidade á arte, algo que agradecía un cativo traveso e soñador de dinosauros.
Sei que volverei atoparme con Félix na miña infancia, porque todas as noites regreso a ela, farto da avaricia e da frivolidade coas que tropezo constantemente. Atoparémonos, por exemplo, no 99, nos ensaios pra o concerto de fin de curso da escola de música veigueña.
El poñerá a súa amable man sobre a miña cabeciña arroibada. Preguntarame —coma sempre— pola miña nai. E eu, seguindo o seu exemplo, non desperdiciarei o tempo: sentareime ó piano pra regalarlle uns acordes de tenrura. Ben os merece o meu fiel amigo. 
[Artigo meu publicado onte en El Progreso (edición da Mariña)]

miércoles, 6 de mayo de 2015

Impugnamos, desde el colectivo Sete, la convocatoria de la plaza de bibliotecario de A Veiga

Anteayer, desde el colectivo Sete —defensor de la cultura de la comarca Ozcos-Eo—, recurrimos la convocatoria del Ayuntamiento veigueño para cubrir la plaza de bibliotecario de Vegadeo (A Veiga, decimos siempre, en nuestra lengua vernácula, los vecinos de uno y otro lado del Eo). 

El motivo fundamental (no el único) del citado recurso está basado en el hecho de que se haya optado por convocar un proceso de selección para cubrir de manera temporal una plaza de personal laboral del Ayuntamiento de Vegadeo mediante la modalidad de contrato de interinidad por vacante. Desde Sete, entendemos que la mencionada convocatoria no se ajusta a derecho, toda vez que trata de articular una presunta interinidad que no cumple los requisitos establecidos para un contrato de este tipo por la normativa aplicable y que no puede existir sin el proceso definitivo.

La modalidad de contrato de interinidad por vacante tiene su fundamento en lo establecido en el párrafo segundo del apartado 1 del artículo 4 del Real Decreto 2720/1998 de 18 de diciembre que desarrolla el artículo 15 del Estatuto de los Trabajadores en materia de contratos de duración determinada. Pues bien, dicho precepto establece que el contrato de interinidad se podrá celebrar “para cubrir temporalmente un puesto de trabajo durante el proceso de selección o promoción para su cobertura definitiva” y así, de modo casi textual, lo recoge la base segunda de la convocatoria impugnada al indicar que la modalidad contractual es “durante el tiempo que dure el proceso de selección para la provisión definitiva del puesto de trabajo”. Estamos ante una modalidad de contratación que requiere la existencia de un plazo o término que no puede ser indefinido porque exige para su validez la simultaneidad con el proceso de selección definitivo. Conviene recordar, por ejemplo, la Sentencia del TS de 18 de junio de 2014, la cual sostiene que en estos casos nos encontramos ante un contrato temporal vinculado a “una obligación a plazo o a término y no una obligación sujeta a condición resolutoria explícita o implícita”. En efecto, son contratos cuya vigencia no puede estar al albur de un suceso incierto, sino que, antes bien, están sujetos a un término cierto, en este caso extintivo y de carácter legal por la exigencia del antedicho artículo 4 de que tendrán vigencia durante el proceso de selección o promoción para su cobertura definitiva. Por todo ello, consideramos que la convocatoria recurrida no se ajusta a Derecho. Desde el Ayuntamiento de Vegadeo no se podrá argüir que están estudiando las condiciones para iniciar el proceso de selección definitiva y que eso ya supone de facto la iniciación de dicho proceso: es sabido que los procedimientos administrativos no pueden ser clandestinos y que se producen a través de actos administrativos públicos sin los cuales no existen.

Desde Sete, no comprendemos el hecho de abrir un proceso hacia una interinidad, cuando, si tan urgente resultaba, del mismo modo se podría haber abierto un proceso de selección definitivo y con garantías. Aun así, estimamos que, en este preciso momento, es más oportuno y transparente llevar a cabo la apertura de un período de reflexión colectiva para establecer, de cara al futuro, el modelo de gestión y las necesidades de personal que la instalación requiere. En esa reflexión, deberían participar no sólo las fuerzas políticas con presencia municipal, sino también los colectivos de artistas, activistas de la cultura y asociaciones culturales. Recalcamos la importancia que tiene para Ozcos-Eo la Casa de Cultura de Vegadeo, un elemento vertebrador de la cultura de dicha comarca.

Además, desde Sete entendemos que el sistema de baremación establecido en la convocatoria recurrida es injusto e incoherente por dos razones: 1) otorga más valor a un elemento subjetivo como es una entrevista que a un elemento objetivo tan importante como una titulación universitaria en materias afines a la actividad que se ha desarrollar; y 2) concede el mismo valor a una de estas titulaciones superiores que a cursos de veinte horas. También subrayamos la absoluta indefinición en cuanto al contenido de la experiencia que se ha de acreditar, abriendo así puertas que no se sabe muy bien a dónde conducen.

Sete es un colectivo dinámico, y se llama de ese modo porque vela por la defensa de la cultura de los siete concejos que constituyen la comarca Ozcos-Eo. En la primera comunicación del colectivo, firmada en enero de 2012, se recoge el principal fin del mismo:

“(…) denunciar públicamente cualquer situación d'inxusticia social que teña que ver col ámbito cultural na nosa comarca, sempre dende a idea y el criterio práctico de qu'a cultura en xeneral y os axentes culturales en particular xogan un papel importante na miyora da sociedá y, por tanto, tein que ser valoraos y reivindicaos de xeito xusto”

Si bien es cierto que el colectivo Sete nació con vocación de futuro, dos hechos propiciaron, en 2012, la constitución del mismo: los cierres de la Oficina de Coordinación de Actividades Culturales y Política Lingüística de la Mancomunidad Oscos-Eo y de la biblioteca de San Martín de Oscos (Samartín d'Ozcos). La agrupación se fijó como objetivos lograr la reapertura de ambos servicios. Dichos objetivos se cumplieron. 

Pinchando aquí, puedes leer la noticia que publicó ayer La Nueva España acerca de la convocatoria que impugnamos. 

lunes, 4 de mayo de 2015

O presente e o futuro da Casa de Cultura da Veiga

Picando aquí, podes escoitar a atinada reflexión de Juan Santiago, emitida a semana pasada en Cadena Ser (Occidente), sobre o presente e o futuro da Casa de Cultura da Veiga. Estamos, sen dúbida, ante un elemento vertebrador da cultura de Ozcos-Eo (a nosa comarca). 

lunes, 13 de abril de 2015

Ata sempre, querido Félix


Tristura nas terras do Eo. Deixounos un dos faros da nosa cultura: Félix Menéndez, bibliotecario da Veiga. A súa xenerosidade e o seu dinamismo eran realmente envidiables. Estando na biblioteca que el dirixía, sempre me sentín na miña casa. Sempre recibín del, coma outros escritores que o trataron, un bo consello, unhas palabras de ánimo, unhas gotas de humor intelixente... Pro é que, ademais, Félix forma parte das miñas mellores vivencias: as da nenez. Lembro a primeira vez que entrei, coa miña nai (daquela ela era a bibliotecaria do noso Santiso nativo), no edificio vello da biblioteca da Veiga. Tiña uns 6 anos, e sentín que se me abría un mundo de infindas sensacións e posibilidades. Alí estaba o noso querido Félix pra recibirnos cun sorriso xeneroso... Teño pasado moitas tardes, facendo a tarefa escolar e lendo, no edificio novo da biblioteca veigueña. Era a época —a miña infancia e puberdade— en que eu estudaba piano e solfeo na Escola de Música Municipal. Antes e despois das clases, investía o tempo cerca de Félix. Ás veces, el axudábame —gustosamente— coa tarefa... Como me gustaba velo falar tanto, no seu despacho, co meu pai! (Eles dous, pola súa integridade, eran, dende logo, uns referentes pra min, uns modelos... e sígueno sendo.) 

Félix Menéndez, no seu despacho da biblioteca da Veiga.



Félix, grazas por achegarnos con tanta xenerosidade e paixón a cultura, grazas tamén por ser un amigo fiel. Volveremos atoparnos —seguro— na miña infancia, porque todas as noites regreso a ela: esas augas escuras lávanme do día, Borges dixit. Atoparémonos, por exemplo, na primavera de 1998. Ti poñerás a túa amable man sobre a miña cabeciña arroibada. Preguntarasme, coma sempre, pola miña nai —que é a túa alumna, a túa compañeira, a túa amiga—. E eu sentareime ao piano pra regalarche uns acordes de tenrura: ben os mereces.

miércoles, 18 de marzo de 2015

lunes, 14 de julio de 2014

O meu poema "Desafío", convertido en 'blues' pol'Os Folkgazais

Estou verdadeiramente satisfeito coa adaptación musical que o amigo Abel Pérez (A Veiga, Asturias, 1976) fixo do meu poema "Desafío"; penso que ó texto (moi crítico) séntalle estupendamente o arrastrado traxe do blues. 


A canción forma parte do novo EP (Alorias) d'Os Folkgazais, dinámica banda astur-galaica que Abel dirixe desde o seu concello natal. Eiquí vai un fragmento do videoclip do tema, cuxo texto está escrito na variante oriental do galego (aquela que falamos, por exemplo, no meu Santiso nativo ou na Veiga): 


En "Desafío" (primeira canción promocional de Alorias) colabora como vocalista Gustavo Álvarez.

Evidentemente, o texto adaptado, ó fundirse coa melodía, presenta algunhas variacións formais (aparición da rima, aumento das repeticións, eliminación dalgúns versos comparativos...). Variacións que non afectan, creo, ó contido social-érotico do texto orixinal, que reproduzo eiquí: 

DESAFÍO (II) 


Quéixanse os críticos cítricos 
porque abuso do grao superlativo. 
Eles dicen que aquel corpo era pequeno,  
pois non saben que na cama medraba. 
Non, ningún deles sería capaz de levar,  
coma meu abolo, os mismos calzois  
de lunes a domingo. 


Sempre dicen 
que hei de buscar, cando acabe a carreira,  
unha nena que me cuide e me comprenda: 
que atrevemento! Pro solo  
eu sei que naquel cu nace o Eo.  
Que pasa pola Pontenova, que se para  
en Santiso e que desemboca  
no Mar dos Seus Peitos, formando  
a ría de Ribadeo. 


Quéixanse os críticos cítricos 
porque abuso do grao superlativo.  
Pretenden que volva ó franquismo:  
sería xusto dicir que aquelas pernas  
solo eran “claras”?  
Cando as miocas  
papen as súas cachas,  
quizabes entenda ese empeño.  
Mentras tanto... 

ai, mentras... 


TANTO!



O poema foi incluido, en castelán, no meu libro Camas de hierba (Ediciones Vitruvio, 2011). Podes ler esa versión do poema picando eiquí.

Infinitas grazas a Abel e ós seus compañeiros de fatigas musicais.  

viernes, 1 de noviembre de 2013

O meu poema "Desafío", convertido en blues

Os meus amigos do grupo Os Folkgazais, da Veiga (Asturias), tiveron a xentileza de adaptar musicalmente un poema meu, "Desafío", que formará parte dun EP e que estou impaciente por escoitar. Abel Pérez, líder do conxunto, cóntame que se trata dun blues e que haberá un videoclip da peza; e faime chegar esta imaxe da composición: 


Infinitas grazas ós músicos e a Carlos Aenlle, que, en calidade de lingüista, revisou magnificamente o poema, escrito na variante oriental do galego, aquela que falamos, por exemplo, no meu Santiso nativo ou na Veiga. A poesía realmente é unha versión doutro texto do mesmo título que incluín no meu primeiro libro, Camas de hierba (2011), escrito en castelán e de contido erótico. Deixo eiquí o poema en galego: 

DESAFÍO (II)

Quéixanse os críticos cítricos
porque abuso do grao superlativo.
Eles dicen que aquel corpo era pequeno,
pois non saben que na cama medraba.
Non, ningún deles sería capaz de levar,
coma meu abolo, os mismos calzois
de lunes a domingo.

Sempre dicen
que hei de buscar, cando acabe a carreira,
unha nena que me cuide e me comprenda:
que atrevemento! Pro solo
eu sei que naquel cu nace o Eo.
Que pasa pola Pontenova, que se para
en Santiso e que desemboca
no Mar dos Seus Peitos, formando
a ría de Ribadeo.

Quéixanse os críticos cítricos
porque abuso do grao superlativo.
Pretenden que volva ó franquismo:
sería xusto dicir que aquelas pernas
solo eran “claras”?
Cando as miocas
papen as súas cachas,
quizabes entenda ese empeño.
Mentras tanto...

ai, mentras...

TANTO!

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Gracias


Muchas gracias a todos los que me habéis felicitado en mi vigésimo sexto cumpleaños. Correspondo a vuestro afecto con el envío de este hermoso verso de e.e. cummings que yo conocí gracias a una película de Woody Allen: "nobody,not even the rain,has such small hands." Es decir: "nadie,ni siquiera la lluvia,tiene manos tan pequeñas". 

Abrazos, 

H.

Servidor, ayer, en la cafetería Astur, sita en A Veiga (Asturias). 

martes, 7 de agosto de 2012

Belén Rico Prieto presenta o seu poemario 'Algunhas maos' na Veiga

Anímovos a que mañá, mércores, asistades á presentación do poemario Algunhas maos, da miña amiga Belén Rico Prieto. O acto, que terá lugar na Casa de Cultura da Veiga ás 8 da tarde, está organizado por "Polavila". Esta asociación tamén se encargou de organizar o pasado verán a presentación de Camas de hierba (o libro de meu) no mesmo concello asturiano.