Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Clemente Martínez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clemente Martínez. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2015

A Santiso non chegou o cambio... pero chegará


Non puido ser; por moi pouca diferencia de votos —12—, non chegou o necesario cambio ó meu Santiso de Abres natal. Efectivamente, Santiso seguirá gobernado por Goretti Quintana (PP), o cal equivale a dicir que este concello asturiano continuará aferrado ó inmobilismo e á mediocridade nos próximos catro anos, como vén sucedendo desde 2003 —cando os populares, coa propia Quintana á fronte, entraron na alcaldía—. 

Eu estou orgulloso do home no que confiei: Clemente Martínez (PSOE). El trouxo a Santiso grandes ideas —o seu programa era moi renovador—. E, ademais, trouxo algo fundamental: a esperanza. O futuro de Santiso ten que estar nas mans de Martínez, pra que volva dunha vez o progreso e pra despedir o ambiente tenso, de crispación, que reina neste concello desde hai doce anos.

Clemente Martínez, na súa presentación como candidato á alcaldía de Santiso de Abres.

Sei que Martínez, acompañado de Córdoba e Parapar (os outros dous concelleiros do PSOE en Santiso), fará unha oposición firme. Eu confío plenamente nel, non só porque sexa o meu primo, senón porque sei da súa lucidez, da súa constancia, da súa honradez, do seu progresismo e da súa cultura. Pode pedírselle algo máis a un futuro alcalde? 

Gracias, querido Clemen, por traernos a luz. Conta comigo. Sempre. 

lunes, 18 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez (III)




Onte, co meu querido primo Clemente Martínez (PSOE), na presentación da súa candidatura á alcaldía do noso Santiso de Abres natal. Martínez estivo, como non, á altura do seu proxecto (lúcido, renovador e concreto, inimigo das vaguidades). Un mitin espléndido. 


Forza, Martínez!!! A polo cambio!!! 

sábado, 16 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez (II)

Mañá estarei arroupando a Clemente Martínez (PSOE) na presentación da súa candidatura á alcaldía do noso Santiso de Abres nativo. O mitin terá lugar ás 18 horas no auditorio municipal. Teño plena confianza no meu primo Martínez; el representa as miñas ansias de cambio, de progreso. 

Clemente Martínez Rodil.

domingo, 10 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez


Todo o meu apoio pra Clemente Martínez, candidato á alcaldía do noso Santiso de Abres nativo polo PSOE. Este concello asturiano ule a rancio e necesita un cambio. Clemente (home aberto, progresista, ilustrado) ten sobradas virtudes pra ser un estupendo rexidor. 

Forza, primo Martínez!