Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Clemente Martínez Rodil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clemente Martínez Rodil. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2015

A Santiso non chegou o cambio... pero chegará


Non puido ser; por moi pouca diferencia de votos —12—, non chegou o necesario cambio ó meu Santiso de Abres natal. Efectivamente, Santiso seguirá gobernado por Goretti Quintana (PP), o cal equivale a dicir que este concello asturiano continuará aferrado ó inmobilismo e á mediocridade nos próximos catro anos, como vén sucedendo desde 2003 —cando os populares, coa propia Quintana á fronte, entraron na alcaldía—. 

Eu estou orgulloso do home no que confiei: Clemente Martínez (PSOE). El trouxo a Santiso grandes ideas —o seu programa era moi renovador—. E, ademais, trouxo algo fundamental: a esperanza. O futuro de Santiso ten que estar nas mans de Martínez, pra que volva dunha vez o progreso e pra despedir o ambiente tenso, de crispación, que reina neste concello desde hai doce anos.

Clemente Martínez, na súa presentación como candidato á alcaldía de Santiso de Abres.

Sei que Martínez, acompañado de Córdoba e Parapar (os outros dous concelleiros do PSOE en Santiso), fará unha oposición firme. Eu confío plenamente nel, non só porque sexa o meu primo, senón porque sei da súa lucidez, da súa constancia, da súa honradez, do seu progresismo e da súa cultura. Pode pedírselle algo máis a un futuro alcalde? 

Gracias, querido Clemen, por traernos a luz. Conta comigo. Sempre. 

lunes, 18 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez (III)




Onte, co meu querido primo Clemente Martínez (PSOE), na presentación da súa candidatura á alcaldía do noso Santiso de Abres natal. Martínez estivo, como non, á altura do seu proxecto (lúcido, renovador e concreto, inimigo das vaguidades). Un mitin espléndido. 


Forza, Martínez!!! A polo cambio!!!