Non puido ser; por moi pouca diferencia de votos —12—, non chegou o necesario cambio ó meu Santiso de Abres natal. Efectivamente, Santiso seguirá gobernado por Goretti Quintana (PP), o cal equivale a dicir que este concello asturiano continuará aferrado ó inmobilismo e á mediocridade nos próximos catro anos, como vén sucedendo desde 2003 —cando os populares, coa propia Quintana á fronte, entraron na alcaldía—.
Eu estou orgulloso do home no que confiei: Clemente Martínez (PSOE). El trouxo a Santiso grandes ideas —o seu programa era moi renovador—. E, ademais, trouxo algo fundamental: a esperanza. O futuro de Santiso ten que estar nas mans de Martínez, pra que volva dunha vez o progreso e pra despedir o ambiente tenso, de crispación, que reina neste concello desde hai doce anos.
Clemente Martínez, na súa presentación como candidato á alcaldía de Santiso de Abres. |
Sei que Martínez, acompañado de Córdoba e Parapar (os outros dous concelleiros do PSOE en Santiso), fará unha oposición firme. Eu confío plenamente nel, non só porque sexa o meu primo, senón porque sei da súa lucidez, da súa constancia, da súa honradez, do seu progresismo e da súa cultura. Pode pedírselle algo máis a un futuro alcalde?
Gracias, querido Clemen, por traernos a luz. Conta comigo. Sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario