Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Santiso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santiso. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de octubre de 2018

José Mediante

QUIZABES MELLOR que dicilo sería cantalo. Chamábase José Antonio Mediante Pereiro, e no noso Santiso de Abres natal (onde exercía de zapateiro) todos o coñecían polo seu primeiro apelido, Mediante. El e a súa muller —Elisa— coidáronme cando era moi cativo, e tratáronme coma un fillo, o fillo que nunca tiveron. Na súa zapatería, Mediante aprendeume a camiñar, do cal se sentía orgulloso. Si, ouvíndolle contar o relato dos meus primeiros pasos, calquera diría que obrara un milagre... O certo é que a moitos dos nosos veciños si lles parecía milagroso que un señor bébedo e impetuoso se volvera, nun repente, manso, vulnerable e tenro fronte a unha criatura descoñecida. 
Nado na aldea da Antigua, Mediante tampouco foi comprendido pola súa labrega familia, nin sequera nos seus últimos días; os tipos pintorescos —xa se sabe— van sendo cada vez menos nesta sociedade ridiculamente uniforme. Certamente, Mediante blasfemaba tanto ou máis que os outros homes santiseiros, pero se lle dicías unha frase amiga, a súa ollada volvíase limpísima, transparente. Imaxino que o ambiente extremadamente machista dun pobo tan afastado das cidades acabou por conferirlle un aspecto áspero, que en realidade cumpría as funcións dun parapeto, pois non coñecín a ningunha persoa máis nobre e xenerosa ca el. O meu amigo era, en fin, coma o toxo, que atravesa luvas e, ó mesmo tempo, acende, no luscofusco, os ollos do camiñante sensible. 

Eu era un pícaro falcatrueiro e ben observador. Foi Mediante quen me salvou da monotonía, quen atizou as miñas ensoñacións. Así, cando íamos ó horto que lle cedera meu avó, alí onde din A Redondela, o zapateiro subíame á súa carretilla, regalándome unha marabillosa viaxe polo campo. O aire enchíase de brancura ó acariñar a miña faciana, a única parte dun servidor que sobresaía dentro do devandito vehículo. Sen saber como expresala, eu tiña a sensación de que desembocabamos nun reino onde o tempo se suspendía; acolá non existían regras ou límites. No tránsito da Redondela á Granda ou a Robaín, a un faltábanlle ollos para retratar os animais (esquíos, donicelas, merlos, tordos, paporrubios, bolboretas…) cos que nos cruzabamos. Nunca un agasallo coma este —penso eu— lle foi feito a un neno.

(Artigo meu publicado en El Progreso de Lugo, 06/10/2018)

domingo, 20 de diciembre de 2015

A cor do escáncer

O escáncer é un réptil escamudo da familia dos ánguidos. Moi similar a unha pequena serpe, carece de patas ou tenas moi reducidas. Poboador dos lugares avesíos e húmidos, adoita abeirarse debaixo das pedras. Cando eu era cativo, tranquilizábame observar este inofensivo animal de aspecto cru… 

Macho de escáncer común. Imaxe tirada do blog Aves e natureza da Fonsagrada.


A lembranza do escáncer tráema dona Remedios de Rochiña, a miña defunta bisavóa, natural de Trabada. Malia os seus escasos estudos, esta lúcida e carismática señora  medía moito as verbas —non en van, escribía poemas de corte oral—, rematando calquera conversación coa frase oportuna. As súas repentinas réplicas deixaban fóra de combate ós interlocutores máis instruídos, como xa contei algunha vez no semanario La Comarca del Eo.

“Comprei unha tea ben guapa pra un vestido”. “Moi ben! E de que cor é?”. “Pois non sei dicirche...”. “Es ben ransoña, muller! A tea é clara ou escura?”. “Non sei... É... da cor do escáncer”. Este excelente diálogo, protagonizado por dúas mulleres de Santiso de Abres, téñollo escoitado á miña bisavóa, que viviu moitos anos no citado concello das beiras do Eo, onde eu nacín.

A coloración do escáncer é variable —os exemplares adultos desta especie poden ser agrisados, amarelos ou pardos—, pro o seu ton sempre resulta apagado. Pois ben, penso que a veciña da miña bisavóa, por moi iletrada que fora, sentenciou dun xeito verdadeiramente ocorrente a conversación reproducida. Entendo que aquela tea tiña unha cor ambigua, e non se caracterizaba nin por ser brillante nin por ser escura: coma o escáncer! Imposible non lembrarse aquí daquela imaxe de Juan Ramón Jiménez: “(…) Imprecisa / como sonrisa que se pierde en risa…”.

Remedios de Rochiña, xunto a dous dos seus bisnetos: María e un servidor. A fotografía foi feita en Santiso de Abres o 11 de setembro de 1995.




En Santiso, o esquecido escáncer tivo os seus días de gloria grazas á elocuente Remedios de Rochiña, que repetiu ben veces —con actitude festiva— aquel diálogo. Se un sabe escoitar, atopa a poesía mesmo debaixo das pedras. 

[Artigo meu publicado onte en El Progreso de Lugo (edición da Mariña)]

viernes, 25 de septiembre de 2015

A bañeira do Cochuego

En 2013 desapareceu de Robaín (o casarío santiseiro dos meus avós maternos) unha vella bañeira que utilizaban os meus familiares e algúns veciños pra lavar as tripas dos porcos. A bañeira repousaba onde din O Cochuego, unha leira que fica máis cerca da rúa —está xusto ó pé dela— que do fogar. Meus avós non denunciaron nin airearon o roubo. Sei que eles son conscientes da nimiedade que tería suposto, pra calquera de fóra de Robaín, a ausencia dunha bañeira aparentemente abandonada... Pro tamén sei que dar co ladrón tería minado o valor da epopea caseira. “Era unha gran bañeira, unha bañeira de fundición. Deberon de sacar uns cartiños vendéndoa…”, comentárame daquela o meu avó.
O Cochuego, leira pertencente a Robaín, casarío de Santiso de Abres. 


Viktor Shklovski (pai do formalismo ruso) teorizou sobre o “estrañamento”, técnica consistente en singularizar os obxectos. De acordo con Shklovski, o fin da arte é romper a habitual percepción automatizada dun obxecto, provocando así a súa visión mediante unha presentación anómala. É o que sucede, por exemplo, cando un poeta coloca unha tarteira fóra do seu contexto habitual —na cama, no xulgado, na igrexa…—. Aí, lonxe da inercia, o lector comeza a sentir por vez primeira dito utensilio. 
Dende que souben de Shklovski —tería eu 18 anos—, asocio coa bañeira do Cochuego un dos meus soños infantís: perdido no medio dun monte que hai preto de Robaín, desemboco nun urinario rodeado de xestas, respirando paradoxal intimidade naquel ámbito agreste. Tamén no ocaso da adolescencia descubrín a Magritte, e relacionei presto o seu provocativo surrealismo coa bañeira e co soño. Aínda hoxe divírtome imaxinando como o defunto pintor representaría o recipiente antes de que fose roubado… No cadro, a bañeira quizabes aparecería sobredimensionada, dominando o espazo (dese xeito pintara o propio Magritte algúns outros obxectos cotiáns, co fin de producir “estrañamento”). Unha bañeira xigante situada na leira, a carón da rúa: esa podería ser unha alegoría do prurito de exhibir, por medio das redes sociais, a nosa intimidade. 
A cámara de escoita (1958), cadro de René Magritte.


[Artigo meu publicado en
El Progreso de Lugo (edición da Mariña), 18/09/2015]

lunes, 14 de septiembre de 2015

Feitizo

Onte, conversando virtualmente cunha rapariga soñadora, escribín "preciosamente" en vez de "precisamente". Correxir o erro tería significado romper o feitizo.
[Santiso de Abres, 2014]

Brote da primavera santiseira de 2014. A imaxe tomeina en Robaín, o casarío dos meus avós maternos. Facendo a foto, lembreime daquel fermoso título de Proust: Á sombra das raparigas en flor.

lunes, 25 de mayo de 2015

A Santiso non chegou o cambio... pero chegará


Non puido ser; por moi pouca diferencia de votos —12—, non chegou o necesario cambio ó meu Santiso de Abres natal. Efectivamente, Santiso seguirá gobernado por Goretti Quintana (PP), o cal equivale a dicir que este concello asturiano continuará aferrado ó inmobilismo e á mediocridade nos próximos catro anos, como vén sucedendo desde 2003 —cando os populares, coa propia Quintana á fronte, entraron na alcaldía—. 

Eu estou orgulloso do home no que confiei: Clemente Martínez (PSOE). El trouxo a Santiso grandes ideas —o seu programa era moi renovador—. E, ademais, trouxo algo fundamental: a esperanza. O futuro de Santiso ten que estar nas mans de Martínez, pra que volva dunha vez o progreso e pra despedir o ambiente tenso, de crispación, que reina neste concello desde hai doce anos.

Clemente Martínez, na súa presentación como candidato á alcaldía de Santiso de Abres.

Sei que Martínez, acompañado de Córdoba e Parapar (os outros dous concelleiros do PSOE en Santiso), fará unha oposición firme. Eu confío plenamente nel, non só porque sexa o meu primo, senón porque sei da súa lucidez, da súa constancia, da súa honradez, do seu progresismo e da súa cultura. Pode pedírselle algo máis a un futuro alcalde? 

Gracias, querido Clemen, por traernos a luz. Conta comigo. Sempre. 

jueves, 21 de mayo de 2015

La "Señora azul" de Santiso

La letra de esta canción —que el maestro Rodrigo García escribió pensando en los críticos musicales mediocres— me recuerda a la inepta alcaldesa de mi Santiso de Abres natal, Goretti Quintana Rey (PP): 


SEÑORA AZUL
Señora azul, que sin contemplación,
desde la cima de tu dignidad
vas a imponer tu terca voluntad
y, con tu opinión, medir nuestro criterio.

Señora azul, que ciega la razón,
dejas sentir tu olímpico desdén;
es sugestión tu alarde de saber,
tu realidad es sólo confusión.
Tú no puedes apreciar con propiedad
el color de la cuestión,
porque desde la barrera sueles ver
toros que no son y parecen ser.
Señora azul, de vicio criticón,
sin dar la talla de profesional,
señora azul, ¡qué lastima nos das!:
la mediocridad está en tu corazón.
Tú no puedes apreciar con propiedad
el color de la cuestión,
porque desde la barrera sueles ver
toros que no son y parecen ser.
Señora azul,
señora azul, que sin contemplación,
desde la cima de tu dignidad
vas a imponer tu terca voluntad
y, con tu opinión, medir nuestro criterio.
Señora azul, sabemos tu intención,
la frustración que te hace obrar así;
señora azul, ¡qué lastima nos das!:
la mediocridad está en tu corazón. 

(Rodrigo García)

lunes, 18 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez (III)




Onte, co meu querido primo Clemente Martínez (PSOE), na presentación da súa candidatura á alcaldía do noso Santiso de Abres natal. Martínez estivo, como non, á altura do seu proxecto (lúcido, renovador e concreto, inimigo das vaguidades). Un mitin espléndido. 


Forza, Martínez!!! A polo cambio!!! 

sábado, 16 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez (II)

Mañá estarei arroupando a Clemente Martínez (PSOE) na presentación da súa candidatura á alcaldía do noso Santiso de Abres nativo. O mitin terá lugar ás 18 horas no auditorio municipal. Teño plena confianza no meu primo Martínez; el representa as miñas ansias de cambio, de progreso. 

Clemente Martínez Rodil.

domingo, 10 de mayo de 2015

Con Clemente Martínez


Todo o meu apoio pra Clemente Martínez, candidato á alcaldía do noso Santiso de Abres nativo polo PSOE. Este concello asturiano ule a rancio e necesita un cambio. Clemente (home aberto, progresista, ilustrado) ten sobradas virtudes pra ser un estupendo rexidor. 

Forza, primo Martínez!



viernes, 17 de abril de 2015

Desajuste

Tan rico estoy metafóricamente como pobre sentimentalmente. 
(De una carta amorosa que escribí hacia el final de la adolescencia) 

Imagen que tomé en A Granda (aldea de mi Santiso de Abres nativo) hace unos años. 

lunes, 18 de agosto de 2014

Mañá presentaremos o novo disco d'Os Folkgazais no meu Santiso nativo


Hoxe arranca a XXVI Semana Cultural do meu Santiso nativo (Asturias), que organiza a Asociación Cultural San Tirso del Eo. Mañá, ás 9 da noite, dentro do acto "Pálpitos da Terra" da Semana Cultural, presentaremos o novo disco do grupo astur-galaico Os Folkgazais, Alorias, e o videoclip (realizado por Alejandro Pacios) que promociona este traballo. A presentación terá lugar no auditorio do concello máis occidental de Asturias. 



A canción do vídeo, "Desafío", é o resultado da estupenda adaptación que fixo o veigueño Abel Pérez (líder da banda) dun poema de meu. Participaremos no acto Alejandro, Abel e un servidor. Grazas a "San Tirso del Eo" por brindarnos esta oportunidade. 

A palabra que da título ó novo disco d'Os Folkgazais, alorias, significa, na variante oriental do galego, "cousas inventadas". A práctica totalidade dos temas que canta a banda dirixida por Abel Pérez, están escritos nesa variante, a que falamos no Eo-Navia. 

Pra ver un adianto do videoclip de "Desafío", pica aquí. 

Dende aquí podes ler o texto do poema. 

Este é o interesante programa da Semana Cultural santiseira: 

miércoles, 13 de agosto de 2014

El Eo, caudal de inspiración

Ayer, en el diario asturiano La Nueva España (edición de Occidente), se publicó un reportaje mío que escribí con motivo de la reciente visita de Claudio Rodríguez Fer y Carmen Blanco (admirables escritores lucenses) a mi Santiso nativo; reproduzco el texto a continuación: 

EL EO, CAUDAL DE INSPIRACIÓN


Carmen Blanco y Claudio Rodríguez Fer, junto al Eo a su paso por San Tirso. 

El Eo, desde su nacimiento hasta su desembocadura, es un caudal de inspiración para el matrimonio formado por los escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer y Carmen Blanco. El germen de la ribereña pasión compartida está en unas mitificadas vivencias de Blanco: “Yo veraneé desde niña en A Mariña, para mí un especial ‘país de las maravillas’, como lo recreo en Vermella con lobos y en Atracción total. Cuando vi por primera vez estos lugares de abierta frontera gallego-asturiana, me enamoré de ellos para siempre”. 

Blanco contagió la pasión por estas tierras a Rodríguez Fer cuando, en los setenta, iniciaron su relación sentimental, fruto de la cual nació la única hija de ambos, llamada significativamente Mariña. El literato lucense terminaría salpicando su lírica de cariñosas referencias a Ribadeo; verbigracia: “Eróticas / como os arcos / da Praia das Catedrais”.

Rodríguez Fer y Blanco (que son profesores en la Universidad de Santiago y promotores de la “Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo”) conocían todos los concejos que riega el Eo, salvo San Tirso, donde recientemente pasaron una placentera tarde. De ese descubrimiento, el matrimonio destacó el paseo fluvial o la paz que exudan “los magníficos paisajes”. Esa paz, subrayó Blanco, “invita a volver” al municipio.

Además del evidente reclamo de la pesca, Rodríguez Fer considera que San Tirso “puede ofrecer muchas especialidades derivadas de sus interesantes contrastes: valle y montaña, río y ría próxima, lengua gallega y comunidad asturiana, prehistóricos castros e histórico ferrocarril…”.

Blanco y Rodríguez Fer sólo echaron de menos ver algún reconocimiento al exalcalde local Clemente Amago, víctima de la represión franquista. Amago desapareció en 1936, cuando era regidor de San Tirso por el PSOE. Su cadáver continúa en paradero desconocido.

lunes, 4 de agosto de 2014

Unha tarde con Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco



Con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer (bos amigos, escritores admirables e profesores apaixoados). A imaxe foi feita no meu Santiso nativo o mes pasado. Gardo un fermoso recordo daquela tarde chea de poesía, de cine, de música, de memoria, de fantasía... 

miércoles, 21 de mayo de 2014

Onte entrevistáronme en 'El Progreso'

Onte, en El Progreso de Lugo (edición da Mariña), publicouse esta entrevista que me fixo o compañeiro Rubén de Rosende: 

«LUCENSE É O XENTILICIO MÁIS FERMOSO QUE EXISTE»



Acebo, na Avenida Santa Fe, en Bos Aires. 

Héctor Acebo é natural de San Tirso de Abres —Santiso é o nome que prefire utilizar debido a que di que é o topónimo auténtico—, sen embargo o seu corazón atópase dividido entre Asturias, Sudamérica e Galicia, da que se sinte un fillo máis da súa cultura. Este xornalista e, sobre todo, poeta, vén de vivir a súa primeira aventura máis alá do charco, seducido por uns cantos de serea personalizados na figura de dous mestres coma Jorge Arbeleche e Carlos J. Aldazábal e nas lembranzas dos seus antepasados, que se viron na obriga de marchar da súa terra buscando fortuna en Ultramar.


—En que momento decidiu presentar a sua poesia en Arxentina e Uruguai?
—Nos últimos tempos sentín a necesidade de entablar contacto con poetas sudamericanos, porque eu sempre fun admirador da mellor poesía latinoamericana. Sempre lin a mestres coma Borges ou Neruda, e sentía que os contemporáneos do outro lado do charco me podían aportar unha visión complementaria da poesía que puiden recibir aquí.

—Como contactou con eles?
—Comecei a entablar conversas por correo electrónico con dous poetas como son Jorge Arbeleche, Premio Nacional de Uruguai, e Carlos J. Aldazábal, un dos escritores máis importantes de Arxentina. Admiro a ambos, e estaba aprendendo moito deles; entón xurdiu a posibilidade de ir a ler alí a miña poesía, e estiveron moi dacordo en presentarme, o primeiro en Montevideo e o segundo en Bos Aires, onde participei nun ciclo de poesía. Estou encantado coa viaxe, porque ampliei a miña perspectiva poética escoitando as súas opinións. Penso que no libro no que estou traballando está medrando a miña poesía.

—En que consiste ese traballo?
—É unha obra na que levo traballando xa tres anos e medio, e que ten o título provisional de ‘Escuela de muchachas’. Igual que no meu libro anterior, ‘Camas de hierba’, está moi presente o erotismo, o amor, e no aspecto formal, os epigramas, poemas satíricos, críticos, escritos de forma breve. Nesta obra tamén exploro esa beta, pero dun xeito máis condensado, na liña de poetas como Marcial ou Catulo. No anterior traballo había moito despeito, sen embargo aquí prima un pouco máis a tenrura, unha sensualidade máis suave, pero sempre en ton crítico. Sempre teño presente eses dous estilos, o ton da oda coa crítica hacia unha realidade social coa que nunca comulguei.

—Volvendo a sua viaxe a Sudamerica, a marxe da experiencia profesional, como o viviu no aspecto vital e persoal?
—Fíxome especial ilusión pisar a terra que leva acollendo desde hai un século aos meus familiares. Teño presente que as circunstancias son diferentes, eles fixeron viaxes forzadas, pero encontrarme alí con algúns familiares axudoume a atoparme conmigo mesmo.

—Nunha das entradas do seu blog deixa a seguinte frase: "Non hai xentilicio mais femoso: lucense".
—É que sonoramente é algo precioso! Soa moi ben, e ademáis do seu significado e todo o que evoca, tamén evoca a luz, que é unha materia principal na poesía. Hai quen di que o nome de Lugo pode vir de Lugh, deus da luz. Poéticamente é moi sonoro, moito máis ca lugués, por exemplo. 

martes, 20 de mayo de 2014

Fonte da Uz

En Trasdacorda (empinada aldea do meu Santiso nativo) hai este poético topónimo: Fonte da Uz. É a flor daquela soidade.


Trasdacorda.

lunes, 10 de febrero de 2014

sábado, 10 de agosto de 2013

«Si un joven necesita emigrar, no debe ir con miedo; tiene más formación que los de antes»

(Entrevista a Abel Martínez, pregonero de la Semana Cultural de San Tirso de Abres) 

«Encantado y sorprendido de que la asociación "San Tirso del Eo" haya pensado en mí». Así afronta Abel Martínez el pregón (lo pronunciará este lunes) de la XXV Semana Cultural de su San Tirso natal. El sexagenario Martínez emigró a Andorra hace 51 años, donde compatibilizó sus oficios (primero trabajó en una fábrica de materiales de obra, y luego en una gasolinera) con su pasión musical (fue vocalista de un grupo orquestal, «Conjunto Azul», y ahora, ya jubilado, forma parte de la Coral del Principat d'Andorra). 

Abel Martínez, en San Tirso de Abres. 

—¿De qué tratará su pregón? 
—Hablaré de mi niñez, de cómo viví aquí hasta los 17 años, cuando me marché al otro Principado. También hablaré de las similitudes (visibles, por ejemplo, en el paisaje) entre Asturias y Andorra. Y como siempre he venido una vez al año a San Tirso, relataré los cambios que he ido encontrando aquí.  


—¿Qué recuerdos guarda del San Tirso de su niñez? 
—Era un crío muy alegre; me encantaba ir al colegio y me pasaba los días cantando; cuando había un banquete, yo era el primero que salía a cantar. Creo que la pasión por la música me viene de mi madre, a la que oía a menudo cantar: fue así cómo aprendí muchas canciones antiguas. Teniendo 9 ó 10 años, algunas orquestas ya me invitaban a subir al palco para cantar... ¡y yo, al tener un público, gozaba! 

—¿Cómo tomó la decisión de emigrar, siendo un muchacho, a Andorra y no a otro país? 
—Fue determinante el que un año antes que yo se hubiera ido a Andorra mi mejor amigo de entonces, Antonio, un vecino. Las primeras Navidades que él pasó en San Tirso, viviendo ya en Andorra, traía su traje, su reloj de pulsera... Esa imagen renovada (muy distinta a la que presentábamos entonces los críos santirseños), me impactó, y le dije: «Cuando vuelvas a Andorra, me voy contigo». Una vez allí, gracias en parte a mi amigo y a su familia, no me costó integrarme. 


—¿En cuál de los dos trabajos que desempeñó en Andorra se sintió más a gusto? 
—En el último, en la gasolinera, pues yo soy una persona muy sociable, y durante los 19 años que desempeñé ese trabajo, conocí a personas de todas las nacionalidades, de manera que estaba en mi salsa. 

—¿Su vida de hoy se parece a la que había imaginado siendo un muchacho?   
—Sí, hay una similitud esencial: mi sueño, siendo niño, era ser vocalista de una orquesta, y en Andorra he logrado cantar muchas veces ante un público. 

—Como emigrante, ¿cuál es la lección más importante que ha aprendido en todos estos años? 
—Cuando te vas a otro país, aprendes otra cultura, es decir, aprendes a valorar y a respetar las cosas de los demás. Es un privilegio vivir en Andorra y conocer varias lenguas; yo allí, sin olvidar mis raíces, aprendí a hablar en catalán y en francés. 

Abel Martínez, pregonero de la XXV Semana Cultural de su San Tirso nativo.


—Ahora que está jubilado, ¿valora la posibilidad de instalarse, junto a su mujer, en su villa nativa?  
—No está en nuestros planes el instalarnos definitivamente aquí, pues en Andorra hemos formado una familia: allí están nuestros hijos, nuestros nietos... Ahora pasaremos temporadas más grandes en el pueblo, eso sí. 

—¿Qué consejo daría a los jóvenes santirseños que se planteen emigrar a otro país? 
—Bueno, lamentaría que tuvieran que irse porque no encuentran su faena en un país desarrollado; ten en cuenta que cuando yo emigré, en España había muy pocos recursos: aún estábamos saliendo de una guerra. De todos modos, lo fundamental es que la juventud se dé a conocer, que no se quede parada. Si hoy un joven necesita emigrar a otro país, no debe ir con miedo, pues está amparado por una formación mucho más grande que la que entonces teníamos.

(Esta entrevista mía se publicó ayer en el diario asturiano La Nueva España.) 

jueves, 8 de agosto de 2013

El último gancheiro del río Eo

Ha pasado tantas horas a la vera del Eo, que este fronterizo río ya se diría su hábitat. José Pérez (San Tirso de Abres, 1953) forma parte de la última estirpe de gancheros, esas habilidosas y astutas personas que sirven de guías a los pescadores. 

José Pérez, más conocido como “Pepe o Barbas” en los municipios ribereños, empezó a ejercer el oficio “hace 46 ó 47 años”, es decir, siendo un muchacho. Y dio ese paso “primero, por vocación”, y “en segundo lugar, por necesidad”. Recuerda Pérez que su principal maestro en el oficio fue un vecino ya fallecido, Eloy Cigarrán: “Mientras que algunos de aquellos gancheros tenían miedo a que supieras más que ellos, Eloy siempre me dijo la realidad; me indicó los nombres de los pozos, me descubrió las posturas, o sea, los sitios del río en donde paran los salmones…”.

Pepe o Barbas demora su mirada nostálgica sobre el río que da forma al valle que lo vio nacer: “Cuando yo empecé, éramos unos 15 gancheros en San Tirso, ¡y ahora sólo quedo yo!”. A este protagonista de la vida ribereña le encantaría transmitir sus conocimientos, como Cigarrán hiciera con él, a algún muchacho de su pueblo, para mantener vivo el oficio: “No tendría ningún problema en enseñar a poner nudos, a montar aparejos…”. Pero Barbas sabe que en San Tirso “no hay mucha afición a la pesca del salmón”. Lo cual le resulta triste y, al mismo tiempo, paradójico, pues el pez teleósteo es el tesoro más preciado del río astur-galaico.

Barbas, hombre espigado y lacónico, es dueño de una infinita paciencia: “Hay que tenerla para acompañar a los pescadores. A veces ves cosas que éstos no están haciendo bien, y les indicas lo correcto, pero si no te hacen caso, es su problema. El ganchero tiene que limitarse a hacer su trabajo, que no es el de pescar”. Claro que en otras ocasiones la paciencia de Pérez, unida a sus conocimientos, es determinante para que un agudo pescador acaricie, tras horas de faena, el éxito. Así lo atestiguan  hazañas como ésta: “Le metí el gancho, hace unos treinta años, a un salmón de 11 kilos y medio”. Más reciente está en la memoria de sus vecinos el primer campanu que el ganchero ayudó a sacar, en 2009.

Barbas ha practicado la pesca en todos los ríos asturianos. Y tiene clara su preferencia: “Sin desmerecer a ningún otro río, creo que el Eo es el mejor del mundo: tiene fáciles accesos y es noble (en él pican muy bien los salmones)”. 


(Este reportaje mío se publicó en el diario asturiano La Nueva España, 07/08/2013.)