Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Linguas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Linguas. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de febrero de 2016

Menéndez Pidal e o galego de Asturias

En Asturias, junto al mar, el dialecto leonés no empieza sino á la derecha del río Navia; á la izquierda del río se habla hoy una variedad del gallego de Lugo, y aun en algunos pueblos inmediatos á la orilla derecha. Así, en Armental, que está a la derecha, se dice corpo, terra, morto, tempo. (...) el gallego se extiende por una faja de ocho kilómetros al Oriente del Navia. Probablemente este límite estará determinado por razones históricas tan antiguas, que tendrá algo que ver con el límite de los conventos jurídicos Asturicense y Lucense: el río Navia, según Plinio, separaba á los astures pésicos de los gallegos lucenses. 
(Ramón Menéndez Pidal) 

jueves, 27 de agosto de 2015

O galego


No século XVI, Juan Luis Vives (lúcido humanista) escribiu: “Algunhas linguas son máis coloridas que outras, así como a grega é máis amorosa que a latina”. Dentro das linguas románicas peninsulares, o galego, coma o portugués, é sobradamente colorido, ademais de amoroso. 

A primeira virtude queda reflectida na melodiosa entoación con que se fala. O carácter amoroso apréciase na naturalidade con que a nosa lingua acepta calquer diminutivo: “fontiña”, “burleta”, “portela”… 

Tan agarimoso é o galego, que, como explicou o lexicógrafo Eladio Rodríguez, ten a estraña capacidade de converter en diminutivos outros diminutivos: de “cadelo” a “cadeliño”, de “soutelo” a “souteliño”, de “señoriña” a “señoritiña”…


Este mapa sinala, en azul, as variedades lingüísticas do galego.

Unha noite —xa fai case catro anos— estaba eu en compañía dunha fermosa rapariga catalá, a cal me contaba os seus lances académicos e deportivos. Falabamos en castelán, aínda que eu dáballe a coñecer verbas da miña lingua vernácula, e viceversa —o catalán resúltame moi suxerente—. Cando acabou o seu emocionante relato, tratei de manifestarlle agarimo con algún eloxio; e entón ela, sorprendida, díxome: “¡Te ha salido el acento gallego!”. Moito me gustou a súa reacción…

Nostálxico, o mes pasado conteille, por correo, esa experiencia a Fuco Lourido, mestre xubilado. O amigo Fuco comentoume que a el tamén lle pasara algo parecido cando traballaba en León e cortexaba a unha rapaceta dalí: “Nos momentos de excitación, sentía que a miña lingua de fondo alteraba as bases do castelán. Un idioma tan solemne pode brincar se é falado por algún galego”. Fuco engadiu: “Non hai moitas linguas que, no ámbito cotián, sensualicen as palabras. O galego, o portugués, o francés, o italiano... Estes idiomas favorecen que o falante atope a esencialidade proxectando máxica atracción”.

En efecto, o colorido do galego propicia esa atracción, e o seu carácter (amoroso, sensual) axuda a capturar os momentos máis líricos. E se o falante é tan sensible coma Fuco Lourido, mel sobre filloas! 

[Artigo meu publicado en El Progreso —edición da Mariña—, 15/08/2015]

viernes, 31 de octubre de 2014

O galego oriental

O programa "Ben falado!" (TVG) emitiu esta pequena e acertada reportaxe sobre o galego que falamos no Eo-Navia: 


O galego —coas súas variantes— ten a encantadora harmonía da i-auga dun rego.