O 25 de febreiro presentamos, na Galería Sargadelos de Lugo, a fermosa obra Poemas para lucenses, debida a Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Olga Novo. Tiven a honra de intervir na presentación xunto a Rodríguez Fer e a Blanco (escritores con admirables traxectorias) e xunto a Alejandra Arias (que, coma min, é unha poeta incipiente). Foi un acto marabilloso...
Poemas para lucenses é o terceiro volume dun proxecto de Unión Libre (revista de creación e pensamento coordinada por Rodríguez Fer e Blanco) que se chama Poesía para tod@s e que comezou en 2010 coa publicación de Poemas polas vítimas do 36 en Galicia. Na segunda páxina de cada unha das entregas de Poesía para tod@s (o segundo libro publicado foi Poemas para Lugo, 2010), Unión Libre explica:
Poemas para lucenses homenaxea aos escritores lugueses Luís Pimentel, Ángel Johan ou Ánxel Fole, sen esquecer ocasionais visitantes da cidade como Rosalía de Castro ou Federico García Lorca. Tamén se lembra ao músico Xesús Bal y Gay e aos pintores Arturo Souto e Arcadio Romero Boelle, así como a cidadáns represaliados polo franquismo como o doutor Rafael de Vega Barrera, Avelino López Otero, Camilo Díaz Baliño, Juana Capdevielle ou Urania Mella. E así mesmo aparecen evocadas figuras míticas vinculadas a Lugo, como Lugh, a Señora dos Ollos Grandes ou Mari Castaña.
Aquí vai unha pequena reportaxe fotográfica da presentación de Poemas para lucenses:

"Partindo de que a poesía segue a ser un xénero ao que aínda non accede a maioría das persoas, a colección Poesía para tod@s, de distribución gratuíta, pretende achegala a toda a xente a través dun proxecto que entenda a súa difusión en función da sociedade e non, como xeralmente ocorre, a sociedade en función da literatura (certames, premios, sobvencións, institucionalizacións, etc.). Porque a poesía é como o verdadeiro amor: non se compra nin se vende; libremente, dáse."Seguindo esa máxima, nas presentacións de Poesía para tod@s, os libros (que veñen nun formato de peto) entréganse de balde.
Poemas para lucenses homenaxea aos escritores lugueses Luís Pimentel, Ángel Johan ou Ánxel Fole, sen esquecer ocasionais visitantes da cidade como Rosalía de Castro ou Federico García Lorca. Tamén se lembra ao músico Xesús Bal y Gay e aos pintores Arturo Souto e Arcadio Romero Boelle, así como a cidadáns represaliados polo franquismo como o doutor Rafael de Vega Barrera, Avelino López Otero, Camilo Díaz Baliño, Juana Capdevielle ou Urania Mella. E así mesmo aparecen evocadas figuras míticas vinculadas a Lugo, como Lugh, a Señora dos Ollos Grandes ou Mari Castaña.
Aquí vai unha pequena reportaxe fotográfica da presentación de Poemas para lucenses:
Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, moi queridos e admirados por min.
Servidor lendo o poema "O último diagnóstico (Doutor Vega Barrera)", do mestre Claudio Rodríguez Fer, que está xunto a min na imaxe.
O que escribe estas liñas, xunto a Claudio Rodríguez Fer e a Carmen Blanco. Encántame a expresión de Carmen, tan doce.
Alejandra Arias fixo unha lectura deliciosa do poema "Memorial dos foxos de Lugo (con Lorca ao lonxe)", de Rodríguez Fer.
Alejandra Arias, Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.
Lendo a miña poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario