Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Curtis Mayfield. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curtis Mayfield. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de julio de 2017

Mestre merlo


Chega xullo, e o merlo —coa tarefa cumprida da crianza— pide descanso. Dende o final do inverno, ningún acontecemento conseguiu deter, nos crepúsculos, o caudal da súa gorxa. Un moitas veces tivo a impresión de que nos momentos acesos, cando a súa parella se atopaba no período de máxima fertilidade, as inflexións do merlo acariciaban outros planetas. Incontables poetas viron no paxaro esa conquista da trascendencia. «Y ensancha con su canto / la hora parada de la estación viva / y nos hace la vida suficiente», escribiu Juan Ramón. E a Cernuda debémoslle esta outra gabanza: «Desde el aire trae a la tierra alguna semilla divina, un poco de luz mojada de rocío, con las cuales parece nutrir su existencia, no de pájaro sino de flor, y a las cuales debe estas notas claras, líquidas, traspasando su garganta».



Ningún merlo canta igual: cada paxariño tece as ricas melodías que interpreta, das cales ofrece variacións con gran sentido harmónico; e, ademais, deixa moito espazo á improvisación. Sen colidir con ese selo persoal, a ave, frautista proteica, representa ás veces sons do seu territorio. Na primavera do ano pasado, cando estaba ultimando a miña tese doutoral, ó facer algún descanso, poñía na cadea as intensas baladas ‘soul’ que interpretou Gene Chandler e que firmou o seu amigo Curtis Mayfield: ‘Just Be True’, ‘What Now?’, ‘Rainbow '65’... Eu abría unha das fiestras que dan ó noso xardín, e alí estaba o merlo que temos por veciño… Mentres admiraba o seu brillante peteiro amarelo —a xogo co anel ocular—, o canoro animal comía, sen espantarse, as migas que meus pais e eu lles deixáramos a el, ós paporrubios, ós pardais… Pois ben, unha tardiña quedei abraiado cando o merlo incorporou ó seu repertorio, con total naturalidade, algunhas das notas do retrouso de ‘What Now?’. Síntome honrado, xaora, de ter influído un chisco a unha criatura exemplar que me regalou a máis pura e suxestiva das diccións.


Aínda non puxeches un dique na túa gorxa, mestre merlo, e xa me tarda que volvas exercer de mensaxeiro da primavera. Quen me reconciliará agora coa realidade?

[Artigo meu publicado onte na edición impresa de El Progreso de Lugo, e hoxe nas webs do Grupo El Progreso]

jueves, 24 de septiembre de 2015

Gene Chandler / Curtis Mayfield

Man's temptation (A tentación dun home) é unha das excelsas composicións de Curtis Mayfield, lenda do soul; como suxire o título, a canción fala dun individuo que ve ameazada a súa vida en parella por mor da aparición doutra muller que consegue seducilo. A peza popularizouna nos primeiros 60, coas súas inflexións (melódicas e percutidas) herdadas do doo-wop, Gene Chandler. As sensoriais harmonías vocais da gravación son obra de The Impressions, seminal banda de soul (fundamental pra entender este xénero) capitaneada daquela por Mayfield. O falsete final de Chandler —marca da casa— invita a soñar... 

sábado, 8 de agosto de 2015

Piel y memoria

En esta bellísima composición del gran Curtis Mayfield (líder de la época dorada de los Impressions), el juglar se enamora locamente de la Reina: 


Es soul en estado puro... Llevo grabadas en la memoria (y en la piel) las armonías vocales de los Impressions, tan soñadoras.