Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Soul. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Soul. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de diciembre de 2019

GARNET MIMMS

«Su suplicante intensidad, derivada del evangelio, convirtió a Garnet Mimms en uno de los primeros cantantes de soul verdaderos, y su legado sigue siendo subestimado» (Steve Huey).

sábado, 8 de julio de 2017

Mestre merlo


Chega xullo, e o merlo —coa tarefa cumprida da crianza— pide descanso. Dende o final do inverno, ningún acontecemento conseguiu deter, nos crepúsculos, o caudal da súa gorxa. Un moitas veces tivo a impresión de que nos momentos acesos, cando a súa parella se atopaba no período de máxima fertilidade, as inflexións do merlo acariciaban outros planetas. Incontables poetas viron no paxaro esa conquista da trascendencia. «Y ensancha con su canto / la hora parada de la estación viva / y nos hace la vida suficiente», escribiu Juan Ramón. E a Cernuda debémoslle esta outra gabanza: «Desde el aire trae a la tierra alguna semilla divina, un poco de luz mojada de rocío, con las cuales parece nutrir su existencia, no de pájaro sino de flor, y a las cuales debe estas notas claras, líquidas, traspasando su garganta».



Ningún merlo canta igual: cada paxariño tece as ricas melodías que interpreta, das cales ofrece variacións con gran sentido harmónico; e, ademais, deixa moito espazo á improvisación. Sen colidir con ese selo persoal, a ave, frautista proteica, representa ás veces sons do seu territorio. Na primavera do ano pasado, cando estaba ultimando a miña tese doutoral, ó facer algún descanso, poñía na cadea as intensas baladas ‘soul’ que interpretou Gene Chandler e que firmou o seu amigo Curtis Mayfield: ‘Just Be True’, ‘What Now?’, ‘Rainbow '65’... Eu abría unha das fiestras que dan ó noso xardín, e alí estaba o merlo que temos por veciño… Mentres admiraba o seu brillante peteiro amarelo —a xogo co anel ocular—, o canoro animal comía, sen espantarse, as migas que meus pais e eu lles deixáramos a el, ós paporrubios, ós pardais… Pois ben, unha tardiña quedei abraiado cando o merlo incorporou ó seu repertorio, con total naturalidade, algunhas das notas do retrouso de ‘What Now?’. Síntome honrado, xaora, de ter influído un chisco a unha criatura exemplar que me regalou a máis pura e suxestiva das diccións.


Aínda non puxeches un dique na túa gorxa, mestre merlo, e xa me tarda que volvas exercer de mensaxeiro da primavera. Quen me reconciliará agora coa realidade?

[Artigo meu publicado onte na edición impresa de El Progreso de Lugo, e hoxe nas webs do Grupo El Progreso]

viernes, 22 de enero de 2016

No 85 aniversario do nacemento de Sam Cooke


Aí segue a voz da sensorialidade, aí segue, debuxando formas vexetais, sobrepoñéndose a algúns arranxos planos, cheirando a escapadas, conquistando lúas trigueiras... 

Sempre serás aquel mozo galante, déixame ir contigo algunha noite, quero habitar a túa voz sinuosa, quero ser o flash-back dun soño vivido, meu admirado, meu admiradísimo Sam Cooke. 

O malogrado Sam Cooke, un dos inventores da música soul.

Sam Cooke, místico y carnal

Hoy mi admirado Sam Cooke (uno de los nombres fundamentales de la música popular) hubiera cumplido 85 años. La voz nítida y cálida, el compositor de enorme sentido melódico, el defensor de los derechos civiles ("A change is gonna come"), el romántico empedernido, el mago que, en paralelo con Ray Charles, fundió la mística del góspel y la carnalidad del R&B hasta dar con el soul (el sonido que definió los 60). 

La música de Cooke sigue muy viva; no es difícil rastrear su influencia en Van Morrison, Rod Stewart, los Stones, John Fogerty, Eric Burdon, Bruce Springsteen, Michael Bublé o Leon Bridges. Dijo el crítico Diego A. Manrique sobre nuestro protagonista: "Escucharle es como paladear chocolate caliente derramado sobre un helado: un torrente de dopamina". ¡Eterno ‪‎Sam Cooke‬!







martes, 1 de diciembre de 2015

Unha moza

El dicía que só aspiraba a ter moza. Só unha moza, pro dentro dela (como naquela canción de Garnet Mimms, como no poema de Pound) cabería o universo enteiro. 

jueves, 24 de septiembre de 2015

Gene Chandler / Curtis Mayfield

Man's temptation (A tentación dun home) é unha das excelsas composicións de Curtis Mayfield, lenda do soul; como suxire o título, a canción fala dun individuo que ve ameazada a súa vida en parella por mor da aparición doutra muller que consegue seducilo. A peza popularizouna nos primeiros 60, coas súas inflexións (melódicas e percutidas) herdadas do doo-wop, Gene Chandler. As sensoriais harmonías vocais da gravación son obra de The Impressions, seminal banda de soul (fundamental pra entender este xénero) capitaneada daquela por Mayfield. O falsete final de Chandler —marca da casa— invita a soñar... 

martes, 11 de agosto de 2015

Don Covay e Mick Jagger

Velaquí ós Stones versionando "Mercy, mercy!", un dos máis fermosos temas de Don Covay, mestre do soul clásico e principal influencia vocal de Mick Jagger: 


Dixo o cantante dos Stones sobre as características inflexións vocais de Covay: "Obtés un contraste auténtico entre o falsete e a voz masculina e dura. É bo para un cantante dispoñer doutra voz". Precisamente na gravación de "Mercy, mercy!" (1965) Jagger fixo, inspirándose en Covay, os seus primeiros falsetes. 

Esta é a versión orixinal de "Mercy, mercy!" (1964), onde colabora un novísimo Jimmy Hendrix (eses punteos sinuosos!): 

sábado, 8 de agosto de 2015

Piel y memoria

En esta bellísima composición del gran Curtis Mayfield (líder de la época dorada de los Impressions), el juglar se enamora locamente de la Reina: 


Es soul en estado puro... Llevo grabadas en la memoria (y en la piel) las armonías vocales de los Impressions, tan soñadoras. 

viernes, 1 de mayo de 2015

A forza de James Brown

"Soa como se rompera con todo, creando caos nunha sociedade que se basea na orde" (Iggy Pop sobre James Brown) 

domingo, 19 de abril de 2015

Bailando a Solomon Burke

Estaba traballando na miña tese doutoral cando soou o gran Solomon Burke: 



Non puiden facer outra cosa que poñerme a bailar. 

sábado, 21 de marzo de 2015

Don Covay: puro 'soul'


Velaquí a intensa voz —resgada e melódica— de Don Covay, un dos mestres do soul, falecido o mes pasado. Na gravación deste excelente tema con ritmo de chachachá, Mercy, mercy (1964), Covay contou coa prezada colaboración dun novísimo Jimi Hendrix (que punteos cálidos e travesos!). 

martes, 3 de febrero de 2015

Unha tarde de inverno

Madrid, inverno de ¿2012? Faleille do soul, desa mestura de pureza e intensidade. "Pra min", confeseille, "Gene Chandler ten o falsete máis soñador de Chicago, mesmo cando canta doo-wop". Ela riu. Mellor dito: riuse de min. E eu, antes de levantarme da mesa, díxenlle: "Fáltache mitoloxía". 

lunes, 24 de junio de 2013

En la muerte de Bobby Bland

Nos ha dejado Bobby "Blue" Bland, una de las voces más viriles del blues. ¿Por qué no ha de escucharse el gorjeo, el gemido, el suspiro, el grito (tan bien controlado por el legendario vocalista)..., cualquier suerte de impulso que demande la cadencia? Tremendamente expresivo, Bland no hacía gorgoritos, Bland no ignoraba el sudor ni la piel arañada...

"Ain't Nothing You Can Do", una de las mejores canciones interpretadas por Bobby Bland.