O domingo pasado, en Burela, tiven o honor de participar, xunto ó grupo Os Folkgazais, na presentación do seu terceiro disco, Alorias (que leva un poema meu musicado por Abel Pérez, líder da banda veigueña). O acto tivo lugar no Hotel Canabal (Pascual Veiga, 21). Aquel día, no mesmo lugar, tamén presentamos o segundo videoclip do conxunto, que realizou Alejandro Pacios e que está baseado precisamente no meu poema musicado:
Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela!
Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela!
Picando aquí, a partir o minuto 40:16, podes escoitar a entrevista que me fixo Matías Nicieza o pasado martes en Radio Burela. Na mesma entrevista, dende o minuto 58:29, recito o meu poema "Desafío", igual que fixera dous días antes no Hotel Canabal.
Algunhas fotos do acto de Burela:
Xunto a xente apaixoada e talentosa: Abel Pérez, David Moirón e Ruth Martín, tres dos oito componentes dos Folkgazais.
Xunto ós Folkgazais (en formato trío), no ensaio do concerto de Burela.
Xunto a David Moirón, Ruth Martín, Abel Pérez (Os Folkgazais), Matías Nicieza (locutor de Radio Burela) e Luis Rubal (xerente do Hotel Canabal).
Con xente marabillosa, xente de Burela.
Con xente marabillosa, xente de Burela.
Os Folkgazais, no ensaio do concerto ofrecido no Hotel Canabal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario