Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Alejandro Pacios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alejandro Pacios. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de agosto de 2014

Hoxe presentaremos en Burela o novo disco dos Folkgazais

Hoxe, no municipio lucense de Burela, terei o honor de participar, xunto ós Folkgazais, na presentación de Alorias, o novo EP da banda veigueña. O acto terá lugar, ás 20 horas, no hotel Canabal (Pascual Veiga, 21), onde o grupo da Veiga tamén dará a coñecer o videoclip que promociona o seu novo disco:


“Desafío”, o blues no que se baseou o realizador veigueño Alejandro Pacios para fraguar o nomeado videoclip, é o resultado da adaptación que fixo Abel Pérez (líder dos Folkgazais) dun poema de meu. O vídeo presentouse oficialmente o pasado martes dentro da Semana Cultural do meu Santiso nativo, organizada pola asociación local San Tirso del Eo. Javier Blanco (xornalista musical do diario asturiano La Nueva España) calificou de “espléndido” ese blues, destacando da interpretación o aire de ventos swing.

O acto de hoxe contará con interpretacións, en formato trío, da banda, ademais da lectura que servidor fará do seu poema “Desafío”. As dúas liñas temáticas do texto (e da adaptación musical de Abel Pérez) son a crítica social e o erotismo.

Os Folkgazais recuperan o espíritu dos conxuntos que comezaron a xurdir no occidente asturiano e na Mariña lucense nos anos 40 e que tiñan como modelos ás pequenas orquestras de jazz americanas.

En Alorias (traballo producido por Miguel Herrero), os Folkgazais reflexan a súa versatilidade, interpretando unha habaneira popular de Ribadeo, o nomeado blues, un fox-trot, un swing e un rock primixenio.

O novo traballo da banda veigueña conta, ademais, con notorias colaboracións musicais, coma a da cantautora mariñana Ugia Pedreira ou a do xixonés Gustavo Pérez (vocalista de Blues and Decker), quen canta “Desafío” a dúo con Ruth Martín, dos Folkgazais.

O coidado do galego oriental

Ademais dun servidor, en Alorias participan como letristas outros dos poetas do Eo-Navia: a veigueña Belén Rico Prieto; e Alejandro Fernández, natural de El Franco.





Estas colaboracións líricas non son arbitrarias, pois Os Folkgazais, dende o seus oríxenes (a banda formouse en 2007), tratan con moito mimo a lingua vernácula. A práctica totalidade das cancións do seu repertorio están interpretadas na variante oriental do galego, que é a que se fala no Eo-Navia. Alorias, a palabra que da título ó EP, nesa variante significa “mentiras, cousas inventadas”. 

sábado, 23 de agosto de 2014

La 'TPA' presentó ayer el nuevo videoclip de Os Folkgazais

Ayer, en la segunda edición de los informativos (a partir del minuto 42:04), los compañeros de la TPA presentaron el nuevo videoclip del conjunto astur-galaico Os FolkgazaisEste vídeo, realizado por Alejandro Pacios, está basado en la musicalización que Abel Pérez (líder del grupo) hizo de un poema mío. Pincha aquí para acceder a la citada edición de los informativos de la cadena asturiana. 



Gracias a los compañeros de las noticias de la TPA por dar a conocer nuestro trabajo, resultado de la feliz combinación de tres ámbitos referenciales: poesía, música e imagen. 

lunes, 18 de agosto de 2014

Mañá presentaremos o novo disco d'Os Folkgazais no meu Santiso nativo


Hoxe arranca a XXVI Semana Cultural do meu Santiso nativo (Asturias), que organiza a Asociación Cultural San Tirso del EoMañá, ás 9 da noite, dentro do acto "Pálpitos da Terra" da Semana Cultural, presentaremos o novo disco do grupo astur-galaico Os Folkgazais, Alorias, e o videoclip (realizado por Alejandro Pacios) que promociona este traballo. A presentación terá lugar no auditorio do concello máis occidental de Asturias. 



A canción do vídeo, "Desafío", é o resultado da estupenda adaptación que fixo o veigueño Abel Pérez (líder da banda) dun poema de meu. Participaremos no acto Alejandro, Abel e un servidor. Grazas a "San Tirso del Eo" por brindarnos esta oportunidade. 

A palabra que da título ó novo disco d'Os Folkgazais, alorias, significa, na variante oriental do galego, "cousas inventadas". A práctica totalidade dos temas que canta a banda dirixida por Abel Pérez, están escritos nesa variante, a que falamos no Eo-Navia. 

Pra ver un adianto do videoclip de "Desafío", pica aquí

Dende aquí podes ler o texto do poema. 

Este é o interesante programa da Semana Cultural santiseira: