Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Terra de Miranda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terra de Miranda. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de octubre de 2016

De ferro e fantasía

«Y llegó Pedro de Miranda con treinta de a caballo, que eran de tierra brava», escribiu Vasco da Ponte na Idade Media. O xenealoxista referíase á lucense Terra de Miranda, que debe precisamente o topónimo á fidalga estirpe da que descende o citado Pedro, alcumado O Ruín.

O sintagma «terra brava» —que despois o escritor Ánxel Fole aplicou ao Courel e ao Incio— dá unha idea fidedigna da escarpada xeografía mirandesa, pouco amable. Poboada de moito monte, esta comarca remánsase violentamente en ribeiras de augas cantoras, que intentan engalanar á saudable tropa de amieiros, bidueiros, chopos, salgueiros...

Historicamente vencellada aos bispados de Mondoñedo e Oviedo e ao mosteiro de Meira, a Terra de Miranda comunica o interior coa costa ribadense e o occidente asturiano. Un dos ramais do Camiño de Santiago ía ao son da serpeante fisionomía mirandesa. A ruta —tomada polos galegos do norte que chegaban ao porto de Ribadeo— aínda pode seguirse nalgúns tramos. O emblema do Apóstol —a concha de vieira— cobre a parte inferior de cada unha das cinco doncelas que presenta o prodixioso escudo de armas dunha das casas solares dos Miranda, no lugar pontenovés de Goios.

A Terra de Miranda semella a eses imperios esvaídos dos que saltan faíscas. Malia que se siga empregando con frecuencia, o topónimo perdeuse, a efectos administrativos, na zona. Unha mágoa, porque en latín a palabra ‘miranda’ denota «o que debe ser admirado», e a comarca luguesa, igual cá personaxe homónima de ‘A tempestade’ (Shakespeare), faille xustiza a esa definición, por ser rica en salmóns, ferro ou fantasía.

A xente da provincia asocia acertadamente a Riotorto coa Terra de Miranda, pero as lindes aproximadas da bisbarra nin sequera as coñecen moitos nativos. Nos últimos anos, por influencia dunha serie da TVG e da prensa, foi calando en toda Galicia a idea de que Mondoñedo non só forma parte da «terra brava», senón que ademais é a súa capital. Trátase dun equívoco, porque á cidade episcopal régana o Masma, o Valiñadares e o Tronceda, mentres que, como xa se aprecia nos mapas medievais, a bisbarra mirandesa é definida polo curso medio do Eo. De feito, durante varios séculos, o pai dos salmóns más vizosos, que marca a fronteira entre Galicia e Asturias, tamén foi coñecido como ‘río de Miranda’.

Xulio Pardo de Neyra, cuxa familia paterna é riotortega, publicou en agosto o ensaio ‘Eloxio da Terra de Miranda’. Segundo o estudoso lucense, na vella comarca non só entrarían os actuais territorios de Riotorto e da Pontenova —o concello chamouse Miranda outrora—, senón tamén os da Ribeira de Piquín e algúns lugares da Fonsagrada, como Llacín.

O prodixioso escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro viviu unha tempada, de neno, en Riotorto. Fuxindo do tifo, instalouse no pazo de Cachán, o berce da súa nai. A Cunqueiro marcouno aquela experiencia, de aí que literaturizase a bisbarra de ladeiras peñascosas en varios relatos pertencentes a ‘Xente de aquí e de acolá’ (1971) ou a ‘Os outros feirantes’ (1979), así como na súa primeira novela, ‘Merlín e familia’ (1955). Grazas ao narrador Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, sabemos que o famoso mago chegara herdado a Miranda por unha tía segunda materna.

Como reflicten o mencionado libro de Pardo de Neyra e o documental ‘Miranda, mítica e real’ (realizado en 2013 por alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo), Cunqueiro partiu en gran medida de Riotorto para fundar o universo de ‘Merlín e familia’. O autor foi un pioneiro do realismo máxico en España, e en ‘Merlín e familia’ transmuta a contorna, igual có propio Merlín, quen, ao botar ao aire auga mesturada con «dúas ou tres gotas do licor que il chamaba ‘dos países’», conseguía que un vira o mundo da cor que quixera.



A casa de Merlín —«grande e ben tallada, con un balcón sober do camiño de Meira e solana á cara do sol»— lembra ao pazo de Cachán. Dende ela, Felipe de Amancia ouvía, cando corría o vendaval, «as badeladas do mazo dos ferreiros» do Vilar. Cunqueiro evoca aí o enxeño hidráulico do homónimo núcleo, na freguesía riotortega de Galegos.

Convén subliñar que en Riotorto existe unha magna tradición ferreira. Aquí fabricáronse moitas fouces para as segas de cereais en Castela; e, coma en Taramunde, o oficio aínda segue vivo. A forxa riotortega con máis sona é a de Ferreiravella, que, despois duns corenta anos en desuso, volveu abrirse en 2007, con vistas cara ao turismo.

Na primeira novela cunqueiriá, o «toxo da coroa do castro» remite ao riotortego Castro da Croa, que é o alimento máis proteico para o insaciable maxín dos nativos. Cunqueiro, no seu discurso de ingreso na RAG, falou sobre o mouro da pucha colorada que coida o tesouro (dous bois de ouro) desa fortificación celta. Aquí atopouse un brazal datado entre os séculos III e I a.C. que hoxe pode verse no Museo Provincial de Lugo.

Así mesmo, ‘Merlín e familia’ recende a faragullos, unha das sobremesas máis típicas de Riotorto. O mestre Flute (frautista da cámara de Lord Sweet) devecía por este manxar cuxa protagonista é á fariña de trigo, e ao que se lle pode meter polo medio anaquiños de torrezos; así llo preparaba ao músico Marcelina, cociñeira maior da casa de Merlín.

A cultura mirandesa do ferro alcanzou o seu máximo esplendor coa inauguración, en 1903, do ferrocarril Vilaoudriz-Ribadeo, coñecido popularmente como A Chocolateira. No corazón da actual Pontenova, os restaurados fornos de limonita testemuñan a industrialización, impulsada por unha sociedade vasca. Dende aquí, o tren —de vía estreita— percorría 34 quilómetros para transportar o devandito mineral, que, unha vez no porto ribadense, destinábase a Alemaña, Francia, Bélxica ou Inglaterra. Rentable nun primeiro momento —existiu o plan de prolongar a liña ata o Bierzo leonés ou Lugo—, o ferrocarril comezou a languidecer tras a Primeira Guerra Mundial, que cambiou o mercado dos minerais. A partir dese momento, A Chocolateira centraríase máis no transporte de mercancías, gando e madeira. Con todo, a explotación de limonita permaneceu aberta ata 1950. Catorce anos despois, o tren deixaría de funcionar; pero xa lle dera tempo a transformar a bisbarra dun xeito rotundo, traendo a brisa esperanzadora da costa e creando moitos postos de traballo, frenando así a emigración.

Aínda hoxe non poucos mirandeses lembran o penetrante pitido das locomotoras Borsing, fabricadas en Alemaña, así como aquel olor a fume de carbón e a graxa industrial requentada ao vapor. Os mozos e os turistas poden imaxinar esas sensacións percorrendo parte da ruta (o tramo entre A Pontenova e o concello asturiano de Santiso de Abres), pertencente ás Vías Verdes.

[Reportaxe miña publicada o 7 de outubro no suplemento 'D_finde' de 'El Progreso' de Lugo. As fotos que acompañaron ao texto son de Cristina Arias, J. Vázquez e M. Abraira.]

miércoles, 30 de diciembre de 2015

O lume

Benvida sexa a i-auga nesta Terra de Miranda (e en todo o Norte). Máis chuvia, máis chuvia! E que se extinga dunha vez o lume, por favor!

domingo, 20 de diciembre de 2015

A cor do escáncer

O escáncer é un réptil escamudo da familia dos ánguidos. Moi similar a unha pequena serpe, carece de patas ou tenas moi reducidas. Poboador dos lugares avesíos e húmidos, adoita abeirarse debaixo das pedras. Cando eu era cativo, tranquilizábame observar este inofensivo animal de aspecto cru… 

Macho de escáncer común. Imaxe tirada do blog Aves e natureza da Fonsagrada.


A lembranza do escáncer tráema dona Remedios de Rochiña, a miña defunta bisavóa, natural de Trabada. Malia os seus escasos estudos, esta lúcida e carismática señora  medía moito as verbas —non en van, escribía poemas de corte oral—, rematando calquera conversación coa frase oportuna. As súas repentinas réplicas deixaban fóra de combate ós interlocutores máis instruídos, como xa contei algunha vez no semanario La Comarca del Eo.

“Comprei unha tea ben guapa pra un vestido”. “Moi ben! E de que cor é?”. “Pois non sei dicirche...”. “Es ben ransoña, muller! A tea é clara ou escura?”. “Non sei... É... da cor do escáncer”. Este excelente diálogo, protagonizado por dúas mulleres de Santiso de Abres, téñollo escoitado á miña bisavóa, que viviu moitos anos no citado concello das beiras do Eo, onde eu nacín.

A coloración do escáncer é variable —os exemplares adultos desta especie poden ser agrisados, amarelos ou pardos—, pro o seu ton sempre resulta apagado. Pois ben, penso que a veciña da miña bisavóa, por moi iletrada que fora, sentenciou dun xeito verdadeiramente ocorrente a conversación reproducida. Entendo que aquela tea tiña unha cor ambigua, e non se caracterizaba nin por ser brillante nin por ser escura: coma o escáncer! Imposible non lembrarse aquí daquela imaxe de Juan Ramón Jiménez: “(…) Imprecisa / como sonrisa que se pierde en risa…”.

Remedios de Rochiña, xunto a dous dos seus bisnetos: María e un servidor. A fotografía foi feita en Santiso de Abres o 11 de setembro de 1995.




En Santiso, o esquecido escáncer tivo os seus días de gloria grazas á elocuente Remedios de Rochiña, que repetiu ben veces —con actitude festiva— aquel diálogo. Se un sabe escoitar, atopa a poesía mesmo debaixo das pedras. 

[Artigo meu publicado onte en El Progreso de Lugo (edición da Mariña)]

domingo, 15 de febrero de 2015

Bos tempos, Foxnola!

A miña colaboración co xa extinto conxunto Os Folkgazais tróuxome moitas alegrías artísticas. Ninguén musicara un poema de meu, e ese grupo astur-galaico fixo un traballo bárbaro ao convertir nun potente blues o meu "Desafío": 


Ademais, gocei participando, xunto a eles, nalgunhas das presentacións de Alorias, o EP que contén o citado "Desafío" e que se publicou na primavera do ano pasado. 

Abel Pérez, David Moirón, Ruth Martín (tres dos compoñentes d'Os Folkgazais) e un servidor, no Hotel Canabal, en Burela. Este verán presentamos alí o EP "Alorias", terceiro e último traballo da banda.

A colaboración co conxunto Os Folkgazais foi pra min tan intensa, que significou a recuperación da miña vocación de letrista, a cal tiña aparcada dende a adolescencia (eu cheguei á poesía a través da canción: a miña primeira pulsión artística reflectiuse na composición de pezas de corte satírico e romántico, cando estudaba piano e solfeo, na nenez). 

As novas letras miñas forman xa parte de Foxnola, o talentoso grupo que encabeza o acordionista e compositor Abel Pérez (ex líder d'Os Folkgazais). Este recente proxecto, que ten como piares a música popular americana dos anos 40, 50 e 60 (fox-trot, swing, rock primixenio, twist, blues...) e o uso da variante oriental do galego, tenme moi ilusionado. Nel terei a honra de volver coincidir —tamén en calidade de colaborador— coa vocalista Ruth Martín, co guitarrista Michael Lee Wolfe e co saxofonista e arranxista José Luis Álvarez, ademais de con Abel: uns cracks! 

Foxnola en estado de gracia.





















Unha das novas composicións de Abel Pérez e dun servidor chámase "Mitoloxía mirandesa"; como o seu título suxire, este tema —un swing— está ambientado en Miranda, as marabillosas terras que, en verbas do mestre Álvaro Cunqueiro, "van do Miño ao Eo": Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova... Así comeza a letra da canción, que pronto dará a coñecer Foxnola dende a súa páxina de Facebook: 

Benvida á Terra de Miranda,  
benvida á terra dos albeites  
(que son igual que camas  
no medio do monte).  

Benvida á terra que recrea  
o mago Cunqueiro:  
a terra que integra  
inmensos planetas. 

Benvida á terra que sucan  
amables fantasmas:  
a terra que inspira  
alegres nostalxias.

Miranda, por certo, é o outro topónimo co que se coñece históricamente ao Eo, o río que pasa polo meu Santiso nativo, pola Pontenova ou por Riotorto (efectivamente, é un afluente do Eo o que da nome a este concello). 

Servidor en Mondoñedo, nas últimas San Lucas.


Velaquí o primeiro vídeo promocional de Foxnola: 


Sendo amante da música, disfruto implicándome a fondo na tarefa de letrista. Non me limito a entregarlle ao meu amigo Abel as letras, non. Se ben é certo que cada creador fai a maior parte do seu traballo por separado, pode dicirse que o melodista e eu rematamos xuntos as cancións. Explícome. Cando Abel atopa a melodía pra unha letra, e pensando xa nos correspondentes arranxos, el suxíreme cambios métricos que habería que facer pra que o texto quede perfectamente engarzado na música, co fin de que esta non sexa, en efecto, un mero acompañamento. Eu, gustosamente, fago eses cambios, que case sempre se reflicten na acentuación ou na supresión dalgunhas sílabas... Tamén me gusta mostrarlle a Abel letras que teño entre mans —algún retrouso rabuñado, algunha imaxe traída de certo poema meu...—, pra saber o seu parecer. 

Ademais, durante o proceso creativo, o acordionista veigueño e eu falamos de posibles referentes pra cada tema. (Servidor escribe as letras estimulado non só por vivencias, ensoñacións ou lecturas, senón tamén por ritmos de cancións amadas.) Un dos nomes que máis temos pronunciado Abel e eu, nas nosas reunións, é o do soulman Sam Cooke. Traballar en equipo —en equipo artístico— paréceme, en fin, moi reconfortante; e dende logo, dese xeito é máis doado fundir os nosos ámbitos referenciais: a música e a poesía (por máis que as miñas letras estean pensadas pra ser cantadas, intento que estas teñan —aínda que non sempre o consiga— certo voo lírico). 


Seguro que pra min será productivo interactuar cos restantes músicos de Foxnola (ademais de Abel Pérez, Ruth Martín, José Luis Álvarez e Michael Lee Wolfe, pertencen ao grupo o batería Miguel Ánxo López, o contrabaixista David Casillas, o saxofonista Javier Vázquez e o trompetista Adrián Lage); sei que aprenderei deles, igual que aprendín dos Folkgazais. 

Grazas e ata sempre, Folkgazais! "Bos tempos" —que diría Sam Cooke— pra Foxnola! 

Viva o arte interdisciplinar! 

miércoles, 15 de octubre de 2014

Miranda vista por Cunqueiro



"Miranda es una tierra montañosa, que nace donde terminan los llanos pastizales de la antigua Bretoña, y va a morir en estrechas vallinas en el río Eo, que es la frontera entre galaicos y astures. (…) Un monte desnudo y roquedal, el Carracedo, decía el refrán de allí 'que a todos os montes pon medo'. Y como si no tuviéramos los mirandeses bastantes montes, aun inventábamos uno, el Montiral, para decir, refraneros, que del Carracedo era el igual. ¡Montiral! ¡Cuántas veces no he preguntado por él! Nadie sabe de qué banda cae, dónde levanta su cima hasta las oscuras y lentas nubes que empujan hacia tierra los vientos nacidos en el océano. Un monte de la imaginación en un país en el que la gente es gozosamente fabulante, supersticiosa, espiritual y sensual a la vez. Yo soy de aquellos más naturales de allá." 
Álvaro Cunqueiro, en un artículo publicado en el nº. 1324 de la revista Destino (22-12-1962) 

***

La imagen pertenece a la web www.mondoñedo.net.
 

lunes, 18 de agosto de 2014

Mañá presentaremos o novo disco d'Os Folkgazais no meu Santiso nativo


Hoxe arranca a XXVI Semana Cultural do meu Santiso nativo (Asturias), que organiza a Asociación Cultural San Tirso del Eo. Mañá, ás 9 da noite, dentro do acto "Pálpitos da Terra" da Semana Cultural, presentaremos o novo disco do grupo astur-galaico Os Folkgazais, Alorias, e o videoclip (realizado por Alejandro Pacios) que promociona este traballo. A presentación terá lugar no auditorio do concello máis occidental de Asturias. 



A canción do vídeo, "Desafío", é o resultado da estupenda adaptación que fixo o veigueño Abel Pérez (líder da banda) dun poema de meu. Participaremos no acto Alejandro, Abel e un servidor. Grazas a "San Tirso del Eo" por brindarnos esta oportunidade. 

A palabra que da título ó novo disco d'Os Folkgazais, alorias, significa, na variante oriental do galego, "cousas inventadas". A práctica totalidade dos temas que canta a banda dirixida por Abel Pérez, están escritos nesa variante, a que falamos no Eo-Navia. 

Pra ver un adianto do videoclip de "Desafío", pica aquí. 

Dende aquí podes ler o texto do poema. 

Este é o interesante programa da Semana Cultural santiseira: 

miércoles, 13 de agosto de 2014

El Eo, caudal de inspiración

Ayer, en el diario asturiano La Nueva España (edición de Occidente), se publicó un reportaje mío que escribí con motivo de la reciente visita de Claudio Rodríguez Fer y Carmen Blanco (admirables escritores lucenses) a mi Santiso nativo; reproduzco el texto a continuación: 

EL EO, CAUDAL DE INSPIRACIÓN


Carmen Blanco y Claudio Rodríguez Fer, junto al Eo a su paso por San Tirso. 

El Eo, desde su nacimiento hasta su desembocadura, es un caudal de inspiración para el matrimonio formado por los escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer y Carmen Blanco. El germen de la ribereña pasión compartida está en unas mitificadas vivencias de Blanco: “Yo veraneé desde niña en A Mariña, para mí un especial ‘país de las maravillas’, como lo recreo en Vermella con lobos y en Atracción total. Cuando vi por primera vez estos lugares de abierta frontera gallego-asturiana, me enamoré de ellos para siempre”. 

Blanco contagió la pasión por estas tierras a Rodríguez Fer cuando, en los setenta, iniciaron su relación sentimental, fruto de la cual nació la única hija de ambos, llamada significativamente Mariña. El literato lucense terminaría salpicando su lírica de cariñosas referencias a Ribadeo; verbigracia: “Eróticas / como os arcos / da Praia das Catedrais”.

Rodríguez Fer y Blanco (que son profesores en la Universidad de Santiago y promotores de la “Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo”) conocían todos los concejos que riega el Eo, salvo San Tirso, donde recientemente pasaron una placentera tarde. De ese descubrimiento, el matrimonio destacó el paseo fluvial o la paz que exudan “los magníficos paisajes”. Esa paz, subrayó Blanco, “invita a volver” al municipio.

Además del evidente reclamo de la pesca, Rodríguez Fer considera que San Tirso “puede ofrecer muchas especialidades derivadas de sus interesantes contrastes: valle y montaña, río y ría próxima, lengua gallega y comunidad asturiana, prehistóricos castros e histórico ferrocarril…”.

Blanco y Rodríguez Fer sólo echaron de menos ver algún reconocimiento al exalcalde local Clemente Amago, víctima de la represión franquista. Amago desapareció en 1936, cuando era regidor de San Tirso por el PSOE. Su cadáver continúa en paradero desconocido.

lunes, 4 de agosto de 2014

Unha tarde con Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco



Con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer (bos amigos, escritores admirables e profesores apaixoados). A imaxe foi feita no meu Santiso nativo o mes pasado. Gardo un fermoso recordo daquela tarde chea de poesía, de cine, de música, de memoria, de fantasía... 

domingo, 14 de julio de 2013

Nombres de agua


"Este papel que te habla de fuentes y nombres de agua / nadaba mejor por sí mismo en esas aguas." Hermoso y crítico epigrama de Marcial. 


En la imagen, el Eo (también conocido como "río de Miranda") a su paso por mi Santiso nativo.

sábado, 6 de julio de 2013

O berro da curuxa

A estas horas da noite só escoito, no meu Santiso nativo, á curuxa. Botaba de menos o seu sinistro berro. 


Unha curuxa. A imaxe pertence á web www.fondosya.com.

viernes, 28 de junio de 2013

'Miranda, mítica e real': Un interesante documental

Miranda, mítica e real. Grazas á asociación Arrincadeira, de Riotorto, descubrín esta interesante curtametraxe documental sobre a miña terra. Os autores do traballo (pra velo, pica eiquí) son os alumnos do segundo curso da Escola de Imaxe e Son de Lugo. 

Eu sempre recordo que o Eo tamén é coñecido na Historia como río de Miranda: este segundo topónimo (hoxe en desuso) figura nos mapas de varios séculos, sendo o predominante durante o s. XVIII. Na Encyclopedia metódica. Geografía moderna (1792) lemos: 
"Miranda, Rio llamado también Eo por otro nombre, conocido y caudaloso de España, que distingue y divide el reyno de Galicia del Principado de Asturias. Nace en el valle del Pedroso de la provincia de Lugo, y corre de mediodía á norte con inclinación á Levante. Pasa por las Parroquias de Santalla, Pequin, Villarmide, Villaboa, Villaodrid, Villamea, Conforto, Santirso de Abres, Sante, Santiago de Abres, Villaosende, Anzas, la Vega, Moldes, Obe, y al llegar á Castropol forma la ria de Ribadeo, entre cuya villa y el Coto de Figueras entra en la mar. Tiene el Miranda ó Eo once leguas de curso desde su nacimiento hasta Castropol, recibiendo por su margen derecha ú oriental á los riachuelos Rodil, Turia, y Vega; y por la occidental ó izquierda al Martin, y otros raudales de nombres que ignoramos." 
Eu sírvome do escenario de Miranda (que parece non ter fronteiras, que, efectivamente, é tan mítico como real...) pra contar e pra cantar as miñas ensoñacións e os meus recordos. Miranda é flexible coma o corpo dunha rapariga... 

Non quixera rematar esta entrada sen recordar a Cunqueiro, de quen se fala no citado documental; o autor de Merlín e familia foi o primeiro escritor que deu categoría artística ó fermoso escenario de Miranda. 

Dúas capturas de Miranda, mítica real, documental realizado polos alumnos de segundo curso da Escola de Imaxe e Son de Lugo. 

domingo, 26 de mayo de 2013

A flor do pexegueiro


Penso que a flor do pexegueiro (o pesegueiro, como dicimos no Eo) é a máis fermosa de todas. Cantas noites quixen prendela no seu cabelo!

jueves, 2 de mayo de 2013

Invernego



Na Ribeira de Piquín, concello da provincia de Lugo, hai este sonoro e fermoso topónimo: Invernego. O invernego, efectivamente, é aquel que gusta máis dos invernos que dos veráns. 

A imaxe de Invernego tomeina da páxina pública de FB "Lucenses sin lúa". 

sábado, 23 de marzo de 2013

Os nomes

Ti chamábaste María, Marina, Miranda...
Eu non me chamaba. Eu non tiña nome.
Eu só pensaba en poñerte nomes
tan roibos coma as túas pernas.


(Tú te llamabas María, Marina, Miranda...
Yo no me llamaba. Yo no tenía nombre.
Yo sólo pensaba en ponerte nombres
tan rubios como tus piernas.)



Santiso, o pobo de meu. 

domingo, 3 de marzo de 2013

Agua de nieve

Hay en tus muslos agua de nieve.
¡Agua de nieve, niña!





A Ponte do Pasatempo, en Mondoñedo. La imagen está extraída del portal www.mondonedo.net. 

lunes, 24 de diciembre de 2012

viernes, 8 de junio de 2012

La residencia: un poema primaveral

Mi poema primaveral "La residencia", que formará parte de mi próximo libro (aún en preparación), se ha publicado hoy en La Huella Digital. Para leer la poesía, pinchad aquí.

Creo que en este poema se reflejan aquellas palabras que el maestro Claudio Rodríguez Fer escribió acerca de mi poética: "El locus amoenus de rural tiempo largo y armonía erótica, remitente al pueblo de los orígenes y a la casa del abuelo, de donde parecen provenir la ternura, la añoranza y la nostalgia, y por donde transcurre el curso del río Eo, en el poema 'Desafío', eróticamente materializado en cuerpo de mujer."


Mondoñedo, en la fantástica Terra de Miranda.