Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Familia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familia. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de junio de 2017

Paco de Robaín

[Artigo meu publicado onte en El Progreso de Lugo]

O que amas permanece,
o demais é lixo.
(Ezra Pound)

        O santiseiro Paco de Robaín (meu avó materno) era agricultor, gandeiro e albeite vocacional. Curaba eficazmente, sen ánimo de lucro, as principais fracturas do gando —e, por extensión, dos veciños— mediante o entalizado, é dicir, embutindo a extremidade lesionada entre dúas táboas. Robaín, que tamén era hábil corrixindo os espiñazos, tomou nota das leccións do seu avó e da súa nai, e foi un paso máis aló axudando o sepultureiro da parroquia a exhumar cadáveres; esas experiencias permitíronlle coñecer ben as unións dos ósos. Ó morrer meu avó, languidece unha filosofía en contacto pleno coa natureza, na que non teñen lugar a usura e o egocentrismo, as maiores pragas do noso tempo. A xenerosidade de Paco non se limitaba ás colaboracións como curandeiro; case lle parecía mal que alguén marchase do seu casarío sen probar os chourizos ou o licor de guindas elaborados por el e pola miña avoa.
Paco de Robaín.


        Sendo ben distintos en moitos aspectos, o avó Paco implicábase tanto na miña travesía, que, cando estudaba en Madrid, ata chamaba por teléfono ó meu mellor amigo, o economista Muñoz Puigcerver, con quen compartía teito; bastáralle ver dúas veces a este mozo catalán para collerlle cariño. Sirva como homenaxe a Paco de Robaín —grande no meu corazón— o seguinte poema do trinque: “Nunca saíches do pobo,/ nunca tiveches a cobiza/ de coñecer mundo,/ mais fuches dono dun mundo/ ó que nunca terá acceso/ a caterva de modernos./ Nunca.// Ti ensináchesme/ o que ninguén me ensinara:/ os pulos do monte Sartán,/ o camiño a Trasdacorda,/ o vello carballo da Granda…/ Ti ensináchesme a botar en falta/ ós que aínda non emigraron./ Ti ensináchesme a dicir/ a i-auga, a i-alma, e xamais/ esquecerei de que maneira:/ co merlo na mirada.// Avó, fagamos un pacto/ —xa é hora de podar/ o alpendre do inverno—;/ avó, se ti soñas comigo/ e eu soño contigo,/ hemos de atoparnos/ no mesmo soño:/ ti falando/ de aceites esenciais/ e asistindo á miña festa/ de bicos e brincas…// E cando alguén me pregunte/ onde queda Robaín,/ direille que se lle dá a volta ó mapa,/ atopará o casarío/ no centro do mundo”.
O casarío de Robaín (en Santiso de Abres), onde servidor se criou.

sábado, 30 de julio de 2016

Manolo de Valledares

 Manuel Acebo Díaz,
'Manolo de Valledares'.
Deixounos Manolo de Valledares, o meu avó paterno. Tiña 91 anos. Foi gandeiro e camiñeiro, e chegaba nunha moto Mobylette a todos os lugares de Santiso. Facía sinais dos seus movementos cos brazos e as mans, accións xa en desuso que poden evitar máis dun accidente. Era un home legal, colaborador, bromista e cunha mentalidade bastante aberta pra a súa época, pra aquel contexto absolutamente agrario, onde moita xente pensaba que estudar era cousa de ricos e non se arriscaba a invertir en educación. Efectivamente, o señor Valledares, malia que non nadaba na abundancia, preocupouse pola formación dos seus fillos, dándolles a posibilidade de estudar, primeiro en Ribadeo e despois en Lugo. Isto é algo que lle honra e que ten un valor incalculable.
Valledares lía a miúdo o xornal e lembraba con orgullo o que lle dicía o seu mestre na escola: que el era un dos alumnos máis destacados, tanto nas Matemáticas como na Lingua. Na residencia leonesa onde pasou os últimos once anos, facía redaccións e contas, e nunca se trabucaba. Mostrábanos con ilusión aquela libreta, coma un neno que quere progresar no colexio. Todo isto demostra a importancia que lle outorgaba á educación.
Cando íamos velo á residencia, emocionábase recordando vivencias santiseiras xunto con meu pai, miña avoa Lina (a súa muller), meu tío Lolo, meu primo Manuel ou Paco de Robaín (o meu outro avó). E mesmo cando xa non nos recoñecía, algo había dentro del —unha pulsión— que o unía a nosoutros. Aseguraba que eramos familia de seu, primos ou sobriños. E nas despedidas choraba, e dicíanos: “A ver cando volvo vervos…”. Coa xente de acolá falaba castelán, e, por suposto, rezaba e cantaba nesa lingua. Tiña neste idioma máis vocabulario que moitos dos seus contemporáneos. Claro que con nosoutros nunca perdeu o galego, por ser esta a súa lingua afectiva.
A risa contaxiosa de Manolo de Valledares.
Lémbrome do amigo de axudar que era, e de que —coma meu pai— sempre chegaba antes de tempo ós sitios. Se quedaba pra ir sacar as patacas ás 11 no casarío de Robaín, presentábase ás 11 menos 10. Sendo tan rigoroso nos horarios, xa en faena e acompañado de xente querida, liberaba a tensión, e podías ler unha burleta nos seus ollos.
Lembro tamén que aínda as últimas veces que fomos velo, falando de amigos seus, diciámoslle: “Jesús Ferreiro”, e el completaba inmediatamente o sintagma: “…de la Torre”. Nunca se esqueceu dos apelidos do seu alcalde máis querido.
O avó Valledares emprendeu a súa última viaxe. Probablemente a faría naquela vella moto, precavido, emitindo sinais dos seus movementos cos brazos e as mans. Chegaría dez minutos antes, como de costume, pra non facer esperar ó persoal e polo que poidera pasar durante o camiño.
[Publicado no último número de La Comarca del Eo, semanario ribadense do Grupo El Progreso]

martes, 16 de febrero de 2016

2000


Foi un dos veráns máis fermosos da miña vida. Paseino todo en Robaín, o casarío santiseiro dos meus avós maternos. Cada día era unha aventura... 



Vexo a fotografía, tomada uns días antes de que a miña tía avoa Elvira —xa falecida— volvese á Arxentina, e digo: Estes son os meus. Unha avoa cuxa calma amansa ós lobos. Un avó que apenas leu un libro e que, porén, coñece todos os misterios do bosque. Unha tía avoa cuxo engurrado rostro era o mapa da emoción... Estes son os meus. E eu, no momento da imaxe, non podía facer outra cousa que admiralos. Comezaba a deixar atrás a infancia, pro sentíame protexido ó pé deles. 

miércoles, 2 de octubre de 2013

sábado, 26 de mayo de 2012

Con mis padres

En noches taciturnas —como la de hoy— me acuerdo de mis queridos padres, de lo mucho que se han esforzado para brindarme una educación digna. Ellos —que no gozaron de las mismas oportunidades que yo— se ven reflejados en aquello que escribo (poemas, relatos, artículos), en lo que estudio… Ojalá algún día pueda devolverles tanta comprensión, tanta confianza, tanta amorosa ternura… Ojalá algún día llegue a parecerme a ellos, que son humildes, sacrificados, nobles, sensibles y respetuosos. Pensar en mis padres me ayuda a seguir adelante. Siempre.

La imagen me la tomó mi padre en Gijón. Septiembre del 91.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Volver a casa

Volver a casa es uno de mis rituales de purificación. Necesito que la familia me siga envolviendo en hilachas sentimentales y cálidas.

Felices fiestas.