El dicía que só aspiraba a ter moza. Só unha moza, pro dentro dela (como naquela canción de Garnet Mimms, como no poema de Pound) cabería o universo enteiro.
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
Mostrando entradas con la etiqueta Feminidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feminidade. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de diciembre de 2015
viernes, 16 de octubre de 2015
Beleza catalá
Barcelona, 11 de setembro de 1976. Unha encantadora rapaza, cunha cinta da bandeira catalá no cabelo e un caravel á altura dos beizos, participa nas celebracións da "Diada". A excelente imaxe de César Lucas sairía, ó día seguinte, na portada de El País. Esta noite, no reencontro coa foto, lembreime do comezo dun poema do novísimo Gimferrer:
Oscar Wilde llevaba
una gardenia en el pico.
Color gris, color malva en las piedras y el rostro,
más azul pedernal en los ojos, más hiedra
en las uñas patricias, ebonita en las ingles de los faunos.
lunes, 14 de septiembre de 2015
Feitizo
Onte, conversando virtualmente cunha rapariga soñadora, escribín "preciosamente" en vez de "precisamente". Correxir o erro tería significado romper o feitizo.
[Santiso de Abres, 2014]
| Brote da primavera santiseira de 2014. A imaxe tomeina en Robaín, o casarío dos meus avós maternos. Facendo a foto, lembreime daquel fermoso título de Proust: Á sombra das raparigas en flor. |
martes, 30 de junio de 2015
viernes, 5 de junio de 2015
Bailes
Hai un tempo —a finais de 2013, creo— empecei a escribir un guión cinematográfico sobre as andanzas dunha imaxinativa mociña; o proxecto quedou estancado, pro espero retomalo. En determinados momentos (quizabes por influencia do primeiro Godard) eu pretendía romper a narración en beneficio da lúdica, da poesía, da sensualidade. Xa tiña incorporado, nunha escena, un chachachá de Sam Cooke, "Win your love for me"; e hoxe, escoitando este enérxico R&B popularizado por Trini López, púxose a bailar de novo, no meu maxín, a rapariga que eu mesmo creara:
Este verán, cun pouco de tempo, intentarei seguir perfilando esa mirada travesa e soñadora, esas pernas elásticas, esa cintura que un querería cinguir de loureiro...
viernes, 15 de mayo de 2015
Nova canción
"O twist da rapaciña" é unha das novas pezas que compuxemos Abel Pérez e un servidor pra o grupo que el lidera: Foxnola. A canción —lúdica e sensual— comeza deste xeito: "Ai, rapaza, rapaciña, / vou esmelgar o teu sal: / teño un monte no meu peito / que desemboca no mar!". Pronto poderedes escoitar este twist, pois xa está incorporado ó repertorio do grupo (que debutará este verán).
viernes, 27 de marzo de 2015
miércoles, 21 de enero de 2015
Preparando novas cancións xunto a Abel Pérez
O pasado verán
escribín unha letra, "Rapaciña", inspirándome neste chachachá do mago Sam Cooke:
A
letra, coa que está traballando melódicamente Abel Pérez (gran amigo e talentoso socio), di: "Se me deixas
conquistar / os mundos do teu mirar, / recitareiche madrigais / no porto de Porcillán". (Esa é unha das estrofas.) Estou seguro de que Abel reforzará
o xuvenil romanticismo da letra...
Nesta imaxe, Abel Pérez e eu estamos falando, pra o "Zigzag" da TVG, sobre o conxunto que el lidera, Os Folkgazais, e co que colaboro. Por certo, este conxunto deixará de existir próximamente, pro Abel xa está preparando outro proxecto, pra o cal irán destinadas as cancións que estamos compoñendo xuntos, coma a citada "Rapaciña".
Velaquí o videoclip de "Desafío", blues d'Os Folkgazais que é o feliz resultado da adaptación, por parte de Abel, dun poema meu:
domingo, 30 de noviembre de 2014
O ritmo da esperanza
Un chachachá do mestre Bobby "Blue" Bland, esperando que algún día o baile comigo a nena maga:
jueves, 20 de noviembre de 2014
Bailando no meu maxín
Imaxineite bailando —esveltísima— este rock de Gene Chandler:
Sensual epifanía, anulación do tempo, río de misterio, gozo que —finalmente— non acaricia...
martes, 18 de noviembre de 2014
Sensual 'flash-back'
Un flash-back moi sensual da serie Twin Peaks: Louise Dombrowski bailando (a linterna na man) para os irmáns Horne, sendo estes uns rapacetes.
martes, 30 de septiembre de 2014
Coma unha catedral
Esvelta, flexible, misteriosa... A primeira vez parecíchesme unha catedral axeonllada.
lunes, 29 de septiembre de 2014
De nevadas
Un mundo pra maquillala
con soños de nevadas.
(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)
con soños de nevadas.
(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)
A actriz Mariette Hartley, transmutada en ninfa.
jueves, 25 de septiembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




