Esvelta, flexible, misteriosa... A primeira vez parecíchesme unha catedral axeonllada.
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
martes, 30 de septiembre de 2014
lunes, 29 de septiembre de 2014
De nevadas
Un mundo pra maquillala
con soños de nevadas.
(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)
con soños de nevadas.
(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)
A actriz Mariette Hartley, transmutada en ninfa.
jueves, 25 de septiembre de 2014
Nenos de lus (II)
Neste vídeo, parte do alumnado do IES Díaz Castro (Guitiriz) interpreta en clave musical, xunto á profesora e compositora Sandra Tenreiro, un poema do estupendo autor que da nome ao seu centro:
En tempos avesíos, estas mostras de paixón xuvenil son, máis que reconfortantes, salvíficas. Por iso recomendo o proxecto A lus do mundo (do que forma parte o vídeo A noite é), realizado dende o IES Díaz Castro e dedicado na súa totalidade ao autor de Nimbos.
Deixo eiquí outro dos vídeos do devandito proxecto; trátase d'Os camiños esquencidos, unha curtametraxe inspirada na vida do poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:
Parabéns á xente do IES Díaz Castro (da que xa falei noutra entrada). Sodes afortunados, raparigos guitiricenses, por vivir nunha illa de sensibilidade. Díaz Castro estaría orgulloso de vós. Da vosa lus.
viernes, 19 de septiembre de 2014
Nenos de lus
Os alumnos do IES Díaz Castro, de Guitiriz, cantan ó poeta que da nome ó seu centro e que foi homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:
Emociona ver a raparigos cantando con paixón versos do autor de Nimbos; cada unha desas voces craras ben podería ser a lus da que tanto falou o poeta guitiricense. Non hai dúbida: a poesía é semente antes que froito; pode permanecer (e sempre permanece) allea ás modas, pro, finalmente, acabará pousándose nela a caricia dunha mente soñadora. E ahí o tempo detense. Porque é difícil esquecer o momento no que un asiste ó estalido das emocións. Porque, como dixera Octavio Paz, a poesía consagra o instante.
Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1990), poeta e tradutor.
Eiquí vai A lus do mundo, apaixoado documental que os alumnos do IES Díaz Castro realizaron coa colaboración de "Pasen y Vean Comunicación", e no que redescubren ó seu poeta:
Grazas ós alumnos do IES Poeta Díaz Castro e a Sandra Tenreiro e demais profesores do centro: grazas por manter vivo o amor (tanto amor!).
"A lus do mundo é a que arde nunha bágoa" (Xosé María Díaz Castro).
Etiquetas:
Adolescencia,
Galego,
Guitiriz,
IES Dïaz Castro,
Música,
Octavio Paz,
Poesía,
Poesía musicada,
Sandra Tenreiro,
Xosé María Díaz Castro
jueves, 18 de septiembre de 2014
Tom Waits: a fera amorosa
Tom Waits ou o resentimento contra os valores do triunfo rápido. Tom Waits ou a tenrura como táboa de salvación. Tom Waits ou a rabia aliada coa esperanza. Tom Waits: a fera amorosa.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
domingo, 31 de agosto de 2014
O paso dos Folkgazais e dun servidor por Burela
O domingo pasado, en Burela, tiven o honor de participar, xunto ó grupo Os Folkgazais, na presentación do seu terceiro disco, Alorias (que leva un poema meu musicado por Abel Pérez, líder da banda veigueña). O acto tivo lugar no Hotel Canabal (Pascual Veiga, 21). Aquel día, no mesmo lugar, tamén presentamos o segundo videoclip do conxunto, que realizou Alejandro Pacios e que está baseado precisamente no meu poema musicado:
Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela!
Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela!
Picando aquí, a partir o minuto 40:16, podes escoitar a entrevista que me fixo Matías Nicieza o pasado martes en Radio Burela. Na mesma entrevista, dende o minuto 58:29, recito o meu poema "Desafío", igual que fixera dous días antes no Hotel Canabal.
Algunhas fotos do acto de Burela:
Xunto a xente apaixoada e talentosa: Abel Pérez, David Moirón e Ruth Martín, tres dos oito componentes dos Folkgazais.
Xunto ós Folkgazais (en formato trío), no ensaio do concerto de Burela.
Xunto a David Moirón, Ruth Martín, Abel Pérez (Os Folkgazais), Matías Nicieza (locutor de Radio Burela) e Luis Rubal (xerente do Hotel Canabal).
Con xente marabillosa, xente de Burela.
Con xente marabillosa, xente de Burela.
Os Folkgazais, no ensaio do concerto ofrecido no Hotel Canabal.
domingo, 24 de agosto de 2014
'La Voz de Galicia' se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais en Burela
Hoy La Voz de Galicia (edición de A Mariña) se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais, que llevaremos a cabo esta tarde-noche en Burela:
Etiquetas:
Abel Pérez,
Álejandro Pacios,
Alorias,
Burela,
Concierto,
Galicia,
La Voz de Galicia,
Música,
Os Folkgazais,
Poesía musicada,
Prensa,
Presentación
Hoxe presentaremos en Burela o novo disco dos Folkgazais
Hoxe, no municipio lucense de Burela, terei o honor de participar, xunto ós Folkgazais, na presentación de Alorias, o novo EP da banda veigueña. O acto terá lugar, ás 20 horas, no hotel Canabal
(Pascual Veiga, 21), onde o grupo da Veiga tamén dará a coñecer o videoclip que
promociona o seu novo disco:
“Desafío”, o blues no que se baseou o realizador veigueño
Alejandro Pacios para fraguar o nomeado videoclip, é o resultado da adaptación
que fixo Abel Pérez (líder dos Folkgazais) dun poema de meu. O vídeo
presentouse oficialmente o pasado martes dentro da Semana Cultural do meu Santiso nativo, organizada pola asociación local San Tirso del Eo. Javier Blanco
(xornalista musical do diario asturiano La Nueva España) calificou de “espléndido” ese blues, destacando da interpretación o aire de ventos swing.
O acto de hoxe contará con
interpretacións, en formato trío, da banda, ademais da lectura que servidor fará do seu poema “Desafío”. As dúas liñas temáticas do texto (e da adaptación
musical de Abel Pérez) son a crítica social e o erotismo.
Os Folkgazais recuperan o espíritu dos conxuntos que
comezaron a xurdir no occidente asturiano e na Mariña lucense nos anos 40 e que
tiñan como modelos ás pequenas orquestras de jazz americanas.
En Alorias (traballo producido por Miguel Herrero), os Folkgazais reflexan a súa versatilidade, interpretando unha habaneira
popular de Ribadeo, o nomeado blues, un fox-trot, un swing e un rock primixenio.
O novo traballo da banda veigueña conta, ademais,
con notorias colaboracións musicais, coma a da cantautora mariñana Ugia
Pedreira ou a do xixonés Gustavo Pérez (vocalista de
Blues and Decker), quen canta “Desafío” a dúo con Ruth Martín, dos
Folkgazais.
O coidado do galego oriental
Ademais dun servidor, en Alorias participan como
letristas outros dos poetas do Eo-Navia: a veigueña Belén Rico Prieto; e
Alejandro Fernández, natural de El Franco.
Estas colaboracións líricas non son arbitrarias,
pois Os Folkgazais, dende o seus oríxenes (a banda formouse en 2007), tratan
con moito mimo a lingua vernácula. A práctica totalidade das cancións do seu
repertorio están interpretadas na variante oriental do galego, que é a que se
fala no Eo-Navia. Alorias, a palabra que da título ó EP, nesa variante
significa “mentiras, cousas inventadas”.
Etiquetas:
Abel Pérez,
Alejandro Pacios,
Alorias,
Blues,
Burela,
Concierto,
Galicia,
Mi obra literaria,
Música,
Os Folkgazais,
Poesía musicada,
Presentación,
Vegadeo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


%2Be%2BH%C3%A9ctor%2BAcebo%2C%2Bnun%2Bconcerto-presentaci%C3%B3n%2Bde%2BBurela.%2BAgosto%2B2014..jpg)
%2Be%2BH%C3%A9ctor%2BAcebo%2C%2Bno%2Bensaio%2Bdun%2Bconcerto-presentaci%C3%B3n%2Bde%2BBurela.%2BAgosto%2B2014..jpg)




