“Yo tengo sentimientos. A veces alguno cree que los que nos dedicamos a la política no tenemos, pero SOMOS SENTIMIENTOS Y TENEMOS SERES HUMANOS”. Con esta nova perla, xa o temos claro: ningunha caricatura de Rajoy superará xamais en patetismo ó propio Rajoy.
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
jueves, 25 de febrero de 2016
martes, 16 de febrero de 2016
2000
Foi un dos veráns máis fermosos da miña vida. Paseino todo en Robaín, o casarío santiseiro dos meus avós maternos. Cada día era unha aventura...
Vexo a fotografía, tomada uns días antes de que a miña tía avoa Elvira —xa falecida— volvese á Arxentina, e digo: Estes son os meus. Unha avoa cuxa calma amansa ós lobos. Un avó que apenas leu un libro e que, porén, coñece todos os misterios do bosque. Unha tía avoa cuxo engurrado rostro era o mapa da emoción... Estes son os meus. E eu, no momento da imaxe, non podía facer outra cousa que admiralos. Comezaba a deixar atrás a infancia, pro sentíame protexido ó pé deles.
domingo, 14 de febrero de 2016
Menéndez Pidal e o galego de Asturias
En Asturias, junto al mar, el dialecto leonés no empieza sino á la derecha del río Navia; á la izquierda del río se habla hoy una variedad del gallego de Lugo, y aun en algunos pueblos inmediatos á la orilla derecha. Así, en Armental, que está a la derecha, se dice corpo, terra, morto, tempo. (...) el gallego se extiende por una faja de ocho kilómetros al Oriente del Navia. Probablemente este límite estará determinado por razones históricas tan antiguas, que tendrá algo que ver con el límite de los conventos jurídicos Asturicense y Lucense: el río Navia, según Plinio, separaba á los astures pésicos de los gallegos lucenses.
(Ramón Menéndez Pidal)
sábado, 13 de febrero de 2016
O galego de Asturias
Nas terras do Eo-Navia, de acordo con toda a
romanística e a hispanística, falamos tres variedades do galego oriental: a
“taramundesa” —Taramunde, Santiso de Abres, as parroquias veiguesas de Guiar e
Abres…—, a “astur-negueiresa” ou “altonaviega” —o resto da Veiga, Castropol, Negueira
de Muñiz (Lugo)…— e a “baixonaviega” —El Franco, Boal, Navia…—. Ademais de na
parte fronteiriza asturiana e no nordeste de Lugo, o galego oriental tamén se
usa no leste de Ourense, e no occidente de León e Zamora.
![]() |
| O río Eo, ó seu paso polo meu Santiso natal. |
Existen importantes trazos en común entre o
galego oriental e o central: a evolución das terminacións latinas –anu/–ana (“irmao”
en vez de “irmán”), o pronome
“tu” en lugar de “ti”... O rasgo máis distintivo do
galego oriental é a marca do plural –ois; así, dicimos “aviois” no canto de
“avións” (galego occidental) ou “aviós” (galego central). A desaparición do
ditongo “ei” en formas como “estreto” ou “dereto” sería unha característica das
variedades “altonaviega” e “baixonaviega”.
No Eo-Navia, o galego goza de boa saúde, sendo utilizado
a miúdo por veciños de todas as xeracións. Porén, no Principado de Asturias, en
termos de consideración social, cultural e política, hai un desequilibrio enorme
entre o castelán e os dous idiomas naturais. Por unha banda, o galego queda básicamente
reducido ó rexistro coloquial; e, por outra banda, o astur-leonés (ou
asturiano) ten pouca visibilidade mediática. Paréceme triste que non se aprecie
suficientemente a pluralidade lingüística do territorio… Este patrimonio debería
ser posto en valor, dende as institucións autonómicas, dun xeito rotundo. Dominar
máis dunha lingua axuda a ser tolerante coa diversidade e facilita a
aprendizaxe doutros idiomas. Mente e corazón abertos!
Acolléndose á Lei 1/1998 de 23 de marzo, de Uso
e Promoción do “Bable/Asturiano” —na que tamén se contempla o “galego-asturiano”,
é dicir, o galego oriental
ó que eu me refiro—, un concello do Principado pode normalizar a correspondente
lingua propia. A lei refírese ó ámbito municipal no seu artigo 8.1: “Os
concellos asturianos poderán adoptar as medidas necesarias pra asegurar a
efectividade do exercicio dos dereitos lingüísticos que esta Lei outorga ós cidadáns
residentes en Asturias”. Nunha situación de diglosia tan acentuada, normalizar o
minoritario idioma vernáculo debería ser obrigatorio en todas as administracións
locais, por iso penso que a citada lei quédase curta. Habería que ir máis lonxe
aínda; é inxusto que o asturiano e o galego non sexan cooficias xunto ó
castelán.
Dito o cal, merece a pena celebrar a nova que
segue, froito do compromiso coa identidade cultural. A finais de decembro, A Veiga converteuse no primeiro concello eonaviego
en regular a utilización do galego de Asturias. A mencionada ordenanza —aprobada no último pleno municipal, con seis
votos a favor do PSOE e a abstención da forza da oposición, o PP— recoñece
o dereito da súa veciñanza a empregar a lingua nativa nas mesmas condicións que
o castelán. Por tanto, dende entón, os veigueses poden dirixirse á
administración local en ambos idiomas; e se utilizan o galego oriental nos seus
escritos, teñen dereito a recibir a resposta nestas falas. En definitiva, a
normativa sirve pra combater, no ámbito municipal, a discriminación idiomática
(un lastre do terror franquista).
Na ordenanza indícase que o concello veigués
emitirá, na medida do posible, os seus documentos, resolucións, ordenanzas,
regramentos e bandos de xeito bilingüe. Tamén a imaxe institucional —anuncios, paneis informativos, folletos, etcétera— aparecerá nese formato. Non é algo trivial que
un goberno (municipal, autonómico ou estatal) empregue a minoritaria lingua vernácula; ese compromiso
político dálle un carácter de prestixio ó galego, ó astur-leonés, ó éuscaro, ó
aranés ou ó catalán, como tamén llo dan os medios de comunicación. Son pasos importantes
cara á normalización e a dignificación idiomática, pois a exemplaridade dos
gobernantes tradúcese en que moitos veciños perden o medo a expresarse na
lingua propia nun rexistro formal.
Non entendo as críticas que algúns veciños verteron sobre a nova
ordenanza do concello veigués. Esta
normativa non obriga a usar o galego, só fomenta o uso do mesmo en calquera
ámbito municipal; isto ten un nome: plurilingüismo. En lugar de celebrar esa libertade de elección e
a dignificación do seu idioma materno, os críticos cítricos parecen ter medo a
que, a partir de agora, en Galicia e noutras partes de Asturias os consideren
galegos. Cansa repetir o evidente: as fronteiras
lingüísticas non sempre coinciden coas fronteiras administrativas. Temos
exemplos próximos: o éuscaro, que tamén é a lingua propia do noroeste de
Navarra e do País Vasco francés; ou o catalán, que se fala na franxa de Aragón,
en Andorra, no Roselló francés, na Comunidade Valenciana, en Baleares, nun val
murciano —El Carxe— e en Alguer (Cerdeña, Italia). O galego, alén de Galicia, emprégase
non só na nosa comarca, en León —ata Ponferrada— e en Zamora —ata Calabor—,
senón tamén no noroeste de Cáceres (esas falas do Val do Ellas conforman —xunto
a unha das zamoranas— o galego meridional; acolá, dependendo da variedade, din
“avións” ou “aviós”).
Ningunha lingua merece ser reducida á intimidade ou a un parrafeo de
taberna; iso significaría amputar o belísimo concepto de “comunicación”. Quen
se avergoña das súas raíces está en proceso de perder a súa identidade… se non
a perdeu xa. Lémbrome daquelas declaracións do meu querido Jorge Arbeleche, gran poeta uruguaio: “Os mozos deben
aprender outros idiomas; pro a identidade non a trae outra cultura, vén de
raíz. Por iso é importante coñecer ben a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa
historia”. Deberían tomar nota disto as institucións asturianas.
Na nova ordenanza do concello da Veiga, fálase da “lingua
galego-asturiana”. Ben, científicamente, estamos —insisto— ante tres variedades do galego oriental; e son
mínimas as diferenzas entre a forma de falar dun veigués, por exemplo, e a dun mindoniense
(galego central setentrional). Dito o cal, sei que o goberno da Veiga cínguese
ó marco normativo vixente. Certamente, no
Principado de Asturias non existe, a efectos legais, o “galego”, senón o “galego/asturiano”
ou “galego-asturiano” (véxase a devandita lei 1/1998 de 23 de marzo). O termo —sen
ningunha explicación ó pé— incita á confusión. Por un lado, o signo da barra
relaciona dous conceptos, excluíntes ou —como se deduce aquí— alternativos. E,
por outro lado, o guión pode dar a entender que estamos ante unha mestura entre
a lingua galega e a asturiana. A ambigüedade queda manifesta no artigo 2 da
lei, onde se indica que o “galego/asturiano” é “modalidade lingüística propia”,
sen aclarar cal é esa lingua. Non recoñecer legalmente que as falas dos eonaviegos
son galegas responde a motivos administrativos, políticos, nunca científicos.
Convén recordar que foi o mestre Dámaso Alonso
quen estableceu, en 1945, o glotónimo “galego-asturiano”; pro el, a diferenza
das institucións asturianas, indicou claramente que o usaba pra referirse ás
falas galegas do Eo-Navia. Escribiu Alonso: “Fronte á cortante división administrativa
entre Galicia e Asturias, a linguaxe ofrece unha serie de gradacións. (…) Baste
hoxe con dicir que a afirmación xa antiga de que o galego chega, dentro de
Asturias, ata o río Navia, é xustísima, aínda que, como é sabido, algúns
fenómenos tipicamente asturianos penetran ao Oeste desa liña. Estas falas de
entre o Navia e o Eo, fundamentalmente galegas, pero con algúns trazos
asturianos, desígnoas co nome de galego-asturiano”. Efectivamente, como matizaron
os lingüistas Xosé-Henrique Costas e Francisco Fernández Rei nun artigo recente,
pra Dámaso Alonso —e pra toda a romanística—, “galego” é o substantivo (lingüístico); e
“asturiano”, o adxectivo (xeográfico).
Neste fragmento dunha entrevista con Soler Serrano pra o programa "A fondo" (TVE), o poeta e filólogo Dámaso Alonso, exdirector da Real Academia Española, fala sobre o galego de Asturias.
Nun rigoroso informe lingüístico publicado en 2007, a Asociación Abertal
do Eo-Navia —presidida polo doutor Carlos
Aenlle— demostra que hai vinte e oito
fenómenos diferenciais principais entre o galego e o asturiano. Velaquí algunhas
desas isoglosas: a aditongación/ditongación das vocais tónicas latinas (“festa”
/ “fiesta”); a presenza de ditongos decrecentes (“couto” / “coto”); o vocalismo
átono final (“forno” / “fornu”); as formas dos posesivos (“meu”, “teu”, “seu”
ou “meu”, “tou”, “sou” / “mió”, “tuyo”, “suyo”); a evolución do grupo latino
-LT- (“moito” ou “muito” / “munchu”); a evolución do tamén grupo latino -ORI-
(“coiro” / “cueru”); a distinción “che”, “te” / “te”; os resultados do -N-
intervocálico (“unha” ou “uha” / “una”); as contraccións dos pronomes (“mo”,
“cho”, “llo” / “me lu”, “te lu”, “-y lu”); os pronomes átonos (“o”, “a” / “lo”,
“la”, “l'”); os subxuntivos irregulares (“veña”, “vexa” / “venga”, “vea”)…
Din dende Abertal: “Nos fenómenos diverxentes (e identificadores) entre
galego e asturiano, as falas do Eo-Navia coinciden coas solucións galegas nunha
media dun 86% e coas asturianas só nun 12%”. As proporcións son, pois, ben
diferentes… Conclusión: estamos ante unhas variedades do galego, non ante unha
lingua de transición entre o galego e o asturiano, en contra do sostido oficialmente
pola Academia de la Llingua Asturiana, a cal ten, paradoxalmente, a tutela de
dous idiomas.
No galego eonaviego
son lóxicas as lixeiras influencias do asturiano;
sirvan como exemplos o diminutivo en –in (“pequenín”), a conservación
do -L- intervocálico (“calente”) ou a palatización (“llobo”) na variedade “baixonaviega”. Por
suposto, tamén o asturiano occidental
presenta algún influxo do galego oriental; pensemos nos ditongos “ou” e “ei” (“touro”, “primeiro”).
Despois destas puntualizacións, felicito ó equipo de goberno da Veiga polo
seu compromiso cultural e pola súa valentía. Por certo, antes de entrar na
política, xa era grande a concienciación lingüística do concelleiro de cultura,
o meu amigo e colaborador Abel Pérez. Resaltemos a súa labor ó fronte de
Foxnola, continuación doutro valioso proxecto musical que tamén liderara, Os Folkgazais. A maior parte do repertorio de ambas bandas está cantado no noso
idioma materno.
"Desafío", tema tirado de Alorias (2014), o último disco d'Os Folkgazais. A música é de Abel Pérez; e a letra (escrita na variedade "taramundesa" do galego oriental), dun servidor.
Mil primaveras máis pra o galego, como desexaba Cunqueiro.
[Artigo meu publicado hoxe en La Comarca del Eo,
semanario ribadense editado polo Grupo El Progreso]
semanario ribadense editado polo Grupo El Progreso]
jueves, 11 de febrero de 2016
Mi poesía, antologada en 'Amor fou', obra colectiva de Antonino Nieto
Hoy, a las 19 horas, en la Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Madrid (Plaza del Callao, 2 - 7ª planta), se presentará oficialmente Amor fou. Esta obra colectiva, coordinada por el lírico Antonino Nieto y editada por Sial-Pigmalión, contiene cinco poemas míos. Es un honor para mí formar parte, por tercer año consecutivo, de una antología de Nieto.
He aquí una de mis aportaciones a Amor fou:
ERA DELICADA Y RUBIAMis creaciones más críticas,mis rondas, visiones,fracasos,todo mi deseodesinfectará ese dorado
próximo al excremento:ese dorado que adquiriste,voluntariamente,en el último viaje de fin de curso.
El texto es el resultado de la revisión de un epigrama aparecido originalmente en mi ópera prima, Camas de hierba (2011).
viernes, 22 de enero de 2016
No 85 aniversario do nacemento de Sam Cooke
Aí segue a voz da sensorialidade, aí segue, debuxando formas vexetais, sobrepoñéndose a algúns arranxos planos, cheirando a escapadas, conquistando lúas trigueiras...
Sempre serás aquel mozo galante, déixame ir contigo algunha noite, quero habitar a túa voz sinuosa, quero ser o flash-back dun soño vivido, meu admirado, meu admiradísimo Sam Cooke.
![]() |
| O malogrado Sam Cooke, un dos inventores da música soul. |
Sam Cooke, místico y carnal
Hoy mi admirado Sam Cooke (uno de los nombres fundamentales de la música popular) hubiera cumplido 85 años. La voz nítida y cálida, el compositor de enorme sentido melódico, el defensor de los derechos civiles ("A change is gonna come"), el romántico empedernido, el mago que, en paralelo con Ray Charles, fundió la mística del góspel y la carnalidad del R&B hasta dar con el soul (el sonido que definió los 60).
La música de Cooke sigue muy viva; no es difícil rastrear su influencia en Van Morrison, Rod Stewart, los Stones, John Fogerty, Eric Burdon, Bruce Springsteen, Michael Bublé o Leon Bridges. Dijo el crítico Diego A. Manrique sobre nuestro protagonista: "Escucharle es como paladear chocolate caliente derramado sobre un helado: un torrente de dopamina". ¡Eterno Sam Cooke!
jueves, 14 de enero de 2016
Mestre merlo
Esta tarde escoitei, en directo, o canto do merlo. Este paxaro —o paxaro dos meus soños, xunto ó paporrubio— non nos deleitaba coa súa arte dende xullo. As notas do merlo (líquidas, claras, suxerentes, respetuosas co silencio...) fascinaron a poetas da altura de Cernuda, como queda probado no fermoso texto que lle dedicou en Ocnos. Hoxe, no seu breve concerto, o paxariño soou moi melancólico... Estará botando en falta (coma min) a primavera; no en van, o merlo retoma as súas interpretacións diarias por marzo. A partir dese mes, e ata o principio do verán, non haberá quen deteña o caudal da súa garganta, mestura de amor e ironía. Ai, xa me tarda que volvas ás túas salvíficas ocupacións, amado merlo, mestre cantor!
Un merlo cantando.
lunes, 11 de enero de 2016
Na morte de David Bowie
Boa viaxe, Bowie. A túa música e a túa forma de ser constitúen un azoute para as convencións.
Sempre, sempre rebelde.
viernes, 1 de enero de 2016
Ano Novo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




