Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

viernes, 22 de enero de 2016

No 85 aniversario do nacemento de Sam Cooke


Aí segue a voz da sensorialidade, aí segue, debuxando formas vexetais, sobrepoñéndose a algúns arranxos planos, cheirando a escapadas, conquistando lúas trigueiras... 

Sempre serás aquel mozo galante, déixame ir contigo algunha noite, quero habitar a túa voz sinuosa, quero ser o flash-back dun soño vivido, meu admirado, meu admiradísimo Sam Cooke

O malogrado Sam Cooke, un dos inventores da música soul.

Sam Cooke, místico y carnal

Hoy mi admirado Sam Cooke (uno de los nombres fundamentales de la música popular) hubiera cumplido 85 años. La voz nítida y cálida, el compositor de enorme sentido melódico, el defensor de los derechos civiles ("A change is gonna come"), el romántico empedernido, el mago que, en paralelo con Ray Charles, fundió la mística del góspel y la carnalidad del R&B hasta dar con el soul (el sonido que definió los 60). 

La música de Cooke sigue muy viva; no es difícil rastrear su influencia en Van Morrison, Rod Stewart, los Stones, John Fogerty, Eric Burdon, Bruce Springsteen, Michael Bublé o Leon Bridges. Dijo el crítico Diego A. Manrique sobre nuestro protagonista: "Escucharle es como paladear chocolate caliente derramado sobre un helado: un torrente de dopamina". ¡Eterno ‪‎Sam Cooke‬!







jueves, 14 de enero de 2016

Mestre merlo

Esta tarde escoitei, en directo, o canto do merlo. Este paxaro o paxaro dos meus soños, xunto ó paporrubio non nos deleitaba coa súa arte dende xullo. As notas do merlo (líquidas, claras, suxerentes, respetuosas co silencio...) fascinaron a poetas da altura de Cernuda, como queda probado no fermoso texto que lle dedicou en Ocnos. Hoxe, no seu breve concerto, o paxariño soou moi melancólico... Estará botando en falta (coma min) a primavera; no en van, o merlo retoma as súas interpretacións diarias por marzo. A partir dese mes, e ata o principio do verán, non haberá quen deteña o caudal da súa garganta, mestura de amor e ironía. Ai, xa me tarda que volvas ás túas salvíficas ocupacións, amado merlo, mestre cantor! 

Un merlo cantando.

lunes, 11 de enero de 2016

viernes, 1 de enero de 2016

Ano Novo

FELIZ 2016, xente! 

Saúde, traballo... e, por suposto, beleza e rebeldía. Hai que cambiar esta realidade tan áspera! 

Unha preciosa fotografía de Hamilton.