Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

miércoles, 8 de marzo de 2017

Feminismo é igualdade

Feliz Día Internacional da Muller! 

Feminismo é igualdade. Esta fórmula —que nunca varía, porque o feminismo defende a equivalencia entre os dous sexos— deberiamos aplicala todos os días, non só hoxe; viviriamos, así, nunha sociedade máis sana, máis xusta e, en definitiva, máis avanzada. 

Suxerencia: poderiamos comezar substituíndo, como oíntes, o lixo machista do reguetón (súmmum da banalidade) polas cancións contestatarias e elegantes de Mari Trini, Cecilia ou —por poñer un exemplo galego ben actual, da miña xeración Alba María




Rebeldía e delicadeza: que binomio tan fermoso! Incluíno hai pouco nun poema que formará parte do libro que xa teño practicamente rematado. 

miércoles, 1 de marzo de 2017

Viaxando a Parmuide

Hai 30 anos Vidal Bolaño dirixiu, pra unha incipiente TVG, o primeiro telefilme en galego. Trátase de «Novo de Parmuide», adaptación da belísima prosa homónima (un perfil ficticio) que Cunqueiro incluíu no seu libro Xente de aquí e de acolá. 


«Novo de Parmuide» foi o capítulo piloto da serie Os outros feirantes, baseada en textos do mago mindoniense, e gravouse na súa cidade nativa —sobre todo na parroquia de Lindín—, Vilanova de Lourenzá e Vidán (Santiago). 

A historia trata sobre un labrego que curaba doenzas varias (catarros, dores de cabeza, calor do fígado, raquitismo infantil...) cunhas doses de carriola: ou sexa, con viaxiños polo aire. 

O lindo topónimo «Parmuide» é invención —seica— de Cunqueiro. Eu nunca dei con el na realidade, mais incluíno nun poema inédito... 

Pra ler o relato de Cunqueiro (son só dúas páxinas), pica aquí.