Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

martes, 30 de septiembre de 2014

lunes, 29 de septiembre de 2014

De nevadas

Un mundo pra maquillala
con soños de nevadas.

(Dunha letra que estou escribindo pra una canción.)

A actriz Mariette Hartley, transmutada en ninfa.

jueves, 25 de septiembre de 2014

Orixe

Dicíasme que viñas do gospel: e iso pra min equivalía a dicir que viñas da primavera. 

Nenos de lus (II)


Neste vídeo, parte do alumnado do IES Díaz Castro (Guitiriz) interpreta en clave musical, xunto á profesora e compositora Sandra Tenreiro, un poema do estupendo autor que da nome ao seu centro: 


En tempos avesíos, estas mostras de paixón xuvenil son, máis que reconfortantes, salvíficas. Por iso recomendo o proxecto A lus do mundo (do que forma parte o vídeo A noite é), realizado dende o IES Díaz Castro e dedicado na súa totalidade ao autor de Nimbos

Deixo eiquí outro dos vídeos do devandito proxecto; trátase d'Os camiños esquencidos, unha curtametraxe inspirada na vida do poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: 


Parabéns á xente do IES Díaz Castro (da que xa falei noutra entrada). Sodes afortunados, raparigos guitiricenses, por vivir nunha illa de sensibilidade. Díaz Castro estaría orgulloso de vós. Da vosa lus. 

viernes, 19 de septiembre de 2014

Nenos de lus

Os alumnos do IES Díaz Castro, de Guitiriz, cantan ó poeta que da nome ó seu centro e que foi homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: 


Emociona ver a raparigos cantando con paixón versos do autor de Nimbos; cada unha desas voces craras ben podería ser a lus da que tanto falou o poeta guitiricense. Non hai dúbida: a poesía é semente antes que froito; pode permanecer (e sempre permanece) allea ás modas, pro, finalmente, acabará pousándose nela a caricia dunha mente soñadora. E ahí o tempo detense. Porque é difícil esquecer o momento no que un asiste ó estalido das emocións. Porque, como dixera Octavio Paz, a poesía consagra o instante. 


Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1990), poeta e tradutor. 


Eiquí vai A lus do mundo, apaixoado documental que os alumnos do IES Díaz Castro realizaron coa colaboración de "Pasen y Vean Comunicación", e no que redescubren ó seu poeta: 




Grazas ós alumnos do IES Poeta Díaz Castro e a Sandra Tenreiro e demais profesores do centro: grazas por manter vivo o amor (tanto amor!). 

"A lus do mundo é a que arde nunha bágoa" (Xosé María Díaz Castro). 

jueves, 18 de septiembre de 2014

Tom Waits: a fera amorosa

Tom Waits ou o resentimento contra os valores do triunfo rápido. Tom Waits ou a tenrura como táboa de salvación. Tom Waits ou a rabia aliada coa esperanza. Tom Waits: a fera amorosa.