Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

sábado, 7 de julio de 2012

Claudio Rodríguez Fer, investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña


O escritor lucense e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela Claudio Rodríguez Fer foi investido o pasado 28 de xuño como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes (Haute Bretagne - Rennes 2), xunto ao poeta sirio Adonis, reiterado candidato ao Premio Nobel de Literatura. Con anterioridade foran investidos os tamén escritores Mario Vargas Llosa e Jorge Semprún.

No seu discurso de recepción da distinción, Claudio Rodríguez Fer salientou a súa intensa relación con Bretaña, en varias de cuxas universidades foi profesor visitante e onde disertou, recitou e publicou en numerosas ocasións, pois é un dos poucos escritores actuais que está traducido ao bretón e o único galego distinguido cun Doutoramento Honoris Causa en tal lugar.

Nunha cerimonia presidida polo reitor da universidade, Jean Emile Gombert, foi presentado pola decana da Facultade de Linguas, Françoise Dubosquet, ante numerosas autoridades académicas de Bretaña e de Galicia, como a decana da Facultade de Humanidades de Lugo Isabel González Rey.

No hay comentarios: