Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 22 de octubre de 2012

Jaureguizar escribe sobre min

Moito me gustou unha columna que Santiago Jaureguizar, novelista e xornalista de El Progreso de Lugo, escribiu sobre min. O belo texto, titulado "Capote-Curros/Welles-Cunqueiro", publicouse orixinalmente no diario galego De Luns a Venres o pasado mes. Eu admiro as columnas de Jaureguizar, que son frescas como a i-auga do Eo, do noso río. Así que, xa vos podedes imaxinar, sentinme na miña casa cando me encontrei no espazo do autor de O globo de Shakespeare. Copio eiquí o texto de Jaureguizar, que non é largo:


CAPOTE-CURROS/WELLES-CUNQUEIRO
Por Jaureguizar (De Luns a Venres, 27/09/2012)
Entrei no dormitorio de Héctor Acebo a noite pasada. El estaba deitado na cama, situado contra a banda da parede como se temese un mal das persoas que invadiran o seu cuarto. Pero o xesto da cara non se correspondía coa desconfianza, máis ben co descaro. Entrei na habitación de Héctor nun soño, pero non me decatei de que estaba soñando ata que reparei en que se sometía a unha fronte armada de fotógrafos que cuspían flashes, como aquel día no que John Lennon e Yoko Ono mudaron a súa preguiza a erguerse e facer a cama nun acto reivindicativo. Na vixilia, Héctor Acebo é un poeta asturiano que ás veces escribe un galego ben eufónico, como ese que me aprenderon a falar os amigos de Abres, da outra banda da raia leste. Dentro da miña fantasía noturna alguén, un xornalista con blog e un cigarro prendido na orella bisboume que Héctor era rico. Poeta e multimillonario: daquela non dubidei da naturaleza onírica da visión. Nun momento, o encamado pediu atención para informar de que non estaba atrapado pola nugalla cálida e matutina, senón que aquela acción era un xeito de reivinvidicar a Rosalía. Consideraba que era a única icona pop que logramos tirar da nosa cultura, dado que non demos logrado a proxección mediática de Truman Capote para o noso herético Curros Enríquez nin un Orson Welles para o noso sabio Cunqueiro. Hei preguntarlle.
Santiago Jaureguizar.

Rosalía de Castro, dende logo, é a única icona pop que que logramos tirar da nosa cultura galega. Se eu fose multimillonario ou se tivese unhas pernas máis esveltas (pernas de fada de Mondoñedo), non dubidaría en reivindicar á poetisa como o meu apreciado Jaureguizar di, como el me soñou: "deitado na cama, situado contra a banda da parede". Pra ler o blog de Jaureguizar, O Cabaret Voltaire, pica eiquí.
Marilyn Monroe, nunha imaxe de Douglas Kirkland.

Yoko Ono y John Lennon, fotografiados por Anne Leibovitz pra a revista Rolling Stone.



 A poeta Rosalía de Castro.

No hay comentarios: