Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 8 de diciembre de 2014

Alba María: talento e xuventude

Estou desexando escoitar Aínda, o primeiro disco —acaba de publicalo aCentral Folque— de Alba Maríatalentosa cantautora viguesa de 19 anos. A voz, as letras e as melodías de Alba son extensións da súa mirada soñadora (a cal parece xurdir dun poema do noso admirado Cunqueiro). 



O tema do vídeo, "Albas perdidas", forma parte de
Aínda. Eu tiven a honra de escoitar esta fermosura de canción, en versión pra voz e guitarra, hai uns meses; e agora, fedellando por Youtube, redescúbroa con estupendos arranxos de José Manuel Díaz: que ledicia! 

Alba María, estudante de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago, gañou en abril o I Certame de Canción de Autor en Galego convocado polo Concello de Teo. Picando aquí podes entrar no perfil público da cantautora en Facebook.

No hay comentarios: