Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 23 de marzo de 2015

O pai de Sam Peckinpah

"O único que quero é sentirme con dereito a entrar na miña casa". En Duelo na Alta Serra (1962), con esta emocionante frase posta en boca do actor Joel McCrea, o xenial Sam Peckinpah homenaxeou ó seu pai, falecido un ano antes da estrea do western. Nunha biografía do cineasta, Sam Peckinpah. Vida salvaxe (Garner Simmons, 1983), a súa propia irmá recorda: "Fomos ver Duelo na Alta Serra nunha preestrea, e cando rematou, eu fun ó baño de señoras e púxenme a chorar sen parar, porque o personaxe que interpreta Joel McCrea lembroume moito a meu pai (...). A el gustáballe citar pasaxes da Biblia, e podía facelo. A frase de 'O único que quero é sentirme con dereito a entrar na miña casa' era algo que meu pai dicía moi a miúdo". Melancólico e memorable Sam Peckinpah! 


Randolph Scott e Joel McCrea (dúas iconas do western), en Duelo na Alta Serra

No hay comentarios: