Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 13 de abril de 2015

Ata sempre, querido Félix


Tristura nas terras do Eo. Deixounos un dos faros da nosa cultura: Félix Menéndezbibliotecario da Veiga. A súa xenerosidade e o seu dinamismo eran realmente envidiables. Estando na biblioteca que el dirixía, sempre me sentín na miña casa. Sempre recibín del, coma outros escritores que o trataron, un bo consello, unhas palabras de ánimo, unhas gotas de humor intelixente... Pro é que, ademais, Félix forma parte das miñas mellores vivencias: as da nenez. Lembro a primeira vez que entrei, coa miña nai (daquela ela era a bibliotecaria do noso Santiso nativo), no edificio vello da biblioteca da Veiga. Tiña uns 6 anos, e sentín que se me abría un mundo de infindas sensacións e posibilidades. Alí estaba o noso querido Félix pra recibirnos cun sorriso xeneroso... Teño pasado moitas tardes, facendo a tarefa escolar e lendo, no edificio novo da biblioteca veigueña. Era a época —a miña infancia e puberdade— en que eu estudaba piano e solfeo na Escola de Música Municipal. Antes e despois das clases, investía o tempo cerca de Félix. Ás veces, el axudábame —gustosamente— coa tarefa... Como me gustaba velo falar tanto, no seu despacho, co meu pai! (Eles dous, pola súa integridade, eran, dende logo, uns referentes pra min, uns modelos... e sígueno sendo.) 

Félix Menéndez, no seu despacho da biblioteca da Veiga.



Félix, grazas por achegarnos con tanta xenerosidade e paixón a cultura, grazas tamén por ser un amigo fiel. Volveremos atoparnos —seguro— na miña infancia, porque todas as noites regreso a ela: esas augas escuras lávanme do día, Borges dixit. Atoparémonos, por exemplo, na primavera de 1998. Ti poñerás a túa amable man sobre a miña cabeciña arroibada. Preguntarasme, coma sempre, pola miña nai —que é a túa alumna, a túa compañeira, a túa amiga—. E eu sentareime ao piano pra regalarche uns acordes de tenrura: ben os mereces.

No hay comentarios: