Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

viernes, 28 de junio de 2013

'Miranda, mítica e real': Un interesante documental

Miranda, mítica e real. Grazas á asociación Arrincadeira, de Riotorto, descubrín esta interesante curtametraxe documental sobre a miña terra. Os autores do traballo (pra velo, pica eiquí) son os alumnos do segundo curso da Escola de Imaxe e Son de Lugo. 

Eu sempre recordo que o Eo tamén é coñecido na Historia como río de Miranda: este segundo topónimo (hoxe en desuso) figura nos mapas de varios séculos, sendo o predominante durante o s. XVIII. Na Encyclopedia metódica. Geografía moderna (1792) lemos
"Miranda, Rio llamado también Eo por otro nombre, conocido y caudaloso de España, que distingue y divide el reyno de Galicia del Principado de Asturias. Nace en el valle del Pedroso de la provincia de Lugo, y corre de mediodía á norte con inclinación á Levante. Pasa por las Parroquias de Santalla, Pequin, Villarmide, Villaboa, Villaodrid, Villamea, Conforto, Santirso de Abres, Sante, Santiago de Abres, Villaosende, Anzas, la Vega, Moldes, Obe, y al llegar á Castropol forma la ria de Ribadeo, entre cuya villa y el Coto de Figueras entra en la mar. Tiene el Miranda ó Eo once leguas de curso desde su nacimiento hasta Castropol, recibiendo por su margen derecha ú oriental á los riachuelos Rodil, Turia, y Vega; y por la occidental ó izquierda al Martin, y otros raudales de nombres que ignoramos." 
Eu sírvome do escenario de Miranda (que parece non ter fronteiras, que, efectivamente, é tan mítico como real...) pra contar e pra cantar as miñas ensoñacións e os meus recordos. Miranda é flexible coma o corpo dunha rapariga... 

Non quixera rematar esta entrada sen recordar a Cunqueiro, de quen se fala no citado documental; o autor de Merlín e familia foi o primeiro escritor que deu categoría artística ó fermoso escenario de Miranda. 

Dúas capturas de Miranda, mítica real, documental realizado polos alumnos de segundo curso da Escola de Imaxe e Son de Lugo. 

No hay comentarios: