Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

miércoles, 29 de julio de 2015

O twist da rapaciña

Foxnola ensaia, con sensibilidade, unha parte d'O twist da rapaciña, novísimo tema composto polo líder da banda astur-galaica, Abel Péreze un servidor: 


Penso que quedou unha peza fresca e sensorial... Sirva este vídeo de petisco. 

Velaquí a letra completa (obra miña) da canción: 

O TWIST DA RAPACIÑA  
Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!

Pensar en ti é oír en flor,
é erotizar un pombal,
é cantar as túas pecas,
imposibles de contar.

Tu tes unhas costas brancas
que eu contemplo en cenital.
Cansas a voz, non o xesto,
nena, musa da Nouvelle Vague.

Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar!

Pensar en ti é ulir a luz,
é, é descalzar a visión,
é soñar cun desván, si!,
no que tomamos o sol.

Se me deixas conquistar
eses mundos do teu mirar,
recitareiche madrigais
desde o porto de Porcillán.


Ai, rapaza, rapaciña,
vou esmelgar o teu sal:
teño un monte no meu peito
que desemboca no mar! 

Estou agradecido ó doutor Carlos Aenlle, que revisou o galego oriental da letra. A decisión de poñer ''desván'' (un castelanismo), e non ''faio'', é miña por unha cuestión métrica, de acentuación.


A melodía da canción é de Abel Pérez. 

No hay comentarios: