Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

viernes, 16 de octubre de 2015

Beleza catalá


Barcelona, 11 de setembro de 1976. Unha encantadora rapaza, cunha cinta da bandeira catalá no cabelo e un caravel á altura dos beizos, participa nas celebracións da "Diada". A excelente imaxe de César Lucas sairía, ó día seguinte, na portada de El País. Esta noite, no reencontro coa foto, lembreime do comezo dun poema do novísimo Gimferrer:
Oscar Wilde llevaba
una gardenia en el pico.
Color gris, color malva en las piedras y el rostro,
más azul pedernal en los ojos, más hiedra
en las uñas patricias, ebonita en las ingles de los faunos.

2 comentarios:

Suso F. Acevedo dijo...

Que sería dela?
Moitas veces pregúntome que sería dalgunha xente anos despois de que tivese certa presenza social.
Hai pouco descubrín, por exemplo, como discorreu a vida para a nena do "Fálalle galego", o cartel que probablemente tivo máis impacto na historia do proceso de normalización lingüística do galego:
http://xancarballa.eu/Xan_Carballa/Reportaxes/Entradas/2013/4/15_Violeta,_a_nena_de_Falalle_galego.html

Que sería desta moza tan fermosa? Tendo en conta a data da foto e a súa aparencia, imaxino que pode andar agora polos sesenta anos, ¿non?

Héctor Acebo dijo...

Dende logo que sería lindo saber que foi da preciosa moza catalá. Supoño que na foto andaría polos 20 anos, así que hoxe terá sobre 60 anos, si... Se por casualidade ela, ó buscar a magnífica foto de César Lucas pra *El País*, atopa esta entrada de meu, encantaríame que me escribise. A súa mirada é verdadeiramente fascinante.
Moitas grazas pola referencia que me mandas da nena de "Fálalle galego"; mirarei a entrada despois con calma.