Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 12 de agosto de 2013

Claudio Rodríguez Fer, traducido ao inglés en California

A obra “Mínima máxima” do poeta galego Claudio Rodríguez Fer foi traducida ao inglés pola tamén poeta Ute Margaret Saine nos dous últimos números dos cadernos “California Quarterly”, publicados en dito estado californiano e correspondentes a 2013. Trátase de poesía minimalista, constituída por pezas moi breves que tratan de expresar momentos inefables e definitivos da condición humana, frecuentemente relacionados co amor, coa natureza e co encontro intercultural, procedentes do seu libro “Viaxes a ti”: “Soamente soportamos / ver beleza / porque a levamos dentro”.

Claudio Rodríguez Fer, que foi profesor universitario nos Estados Unidos, ofreceu precisamente este mesmo ano un recital poético seguido de coloquio en Nova York, con motivo da presentación do seu libro en edición bilingüe “Tigres de ternura / Tender Tigers”, prologado e traducido pola profesora estadounidense Kathleen N. March. O acto tivo lugar o pasado 5 de marzo no Graduate Center da Universidade da Cidade de Nova York (CUNY), situado no número 365 da Quinta Avenida neoiorquina.

Ademais de ao inglés, outros textos do autor foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, árabe e mesmo bretón, distinción esta que contribuíu a que fose nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña en 2012.


Claudio Rodríguez Fer en Nova York. 

No hay comentarios: