Hoy La Voz de Galicia (edición de A Mariña) se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais, que llevaremos a cabo esta tarde-noche en Burela:
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo
Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
Mostrando entradas con la etiqueta Alorias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alorias. Mostrar todas las entradas
domingo, 24 de agosto de 2014
'La Voz de Galicia' se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais en Burela
Etiquetas:
Abel Pérez,
Álejandro Pacios,
Alorias,
Burela,
Concierto,
Galicia,
La Voz de Galicia,
Música,
Os Folkgazais,
Poesía musicada,
Prensa,
Presentación
Hoxe presentaremos en Burela o novo disco dos Folkgazais
Hoxe, no municipio lucense de Burela, terei o honor de participar, xunto ós Folkgazais, na presentación de Alorias, o novo EP da banda veigueña. O acto terá lugar, ás 20 horas, no hotel Canabal
(Pascual Veiga, 21), onde o grupo da Veiga tamén dará a coñecer o videoclip que
promociona o seu novo disco:
“Desafío”, o blues no que se baseou o realizador veigueño
Alejandro Pacios para fraguar o nomeado videoclip, é o resultado da adaptación
que fixo Abel Pérez (líder dos Folkgazais) dun poema de meu. O vídeo
presentouse oficialmente o pasado martes dentro da Semana Cultural do meu Santiso nativo, organizada pola asociación local San Tirso del Eo. Javier Blanco
(xornalista musical do diario asturiano La Nueva España) calificou de “espléndido” ese blues, destacando da interpretación o aire de ventos swing.
O acto de hoxe contará con
interpretacións, en formato trío, da banda, ademais da lectura que servidor fará do seu poema “Desafío”. As dúas liñas temáticas do texto (e da adaptación
musical de Abel Pérez) son a crítica social e o erotismo.
Os Folkgazais recuperan o espíritu dos conxuntos que
comezaron a xurdir no occidente asturiano e na Mariña lucense nos anos 40 e que
tiñan como modelos ás pequenas orquestras de jazz americanas.
En Alorias (traballo producido por Miguel Herrero), os Folkgazais reflexan a súa versatilidade, interpretando unha habaneira
popular de Ribadeo, o nomeado blues, un fox-trot, un swing e un rock primixenio.
O novo traballo da banda veigueña conta, ademais,
con notorias colaboracións musicais, coma a da cantautora mariñana Ugia
Pedreira ou a do xixonés Gustavo Pérez (vocalista de
Blues and Decker), quen canta “Desafío” a dúo con Ruth Martín, dos
Folkgazais.
O coidado do galego oriental
Ademais dun servidor, en Alorias participan como
letristas outros dos poetas do Eo-Navia: a veigueña Belén Rico Prieto; e
Alejandro Fernández, natural de El Franco.
Estas colaboracións líricas non son arbitrarias,
pois Os Folkgazais, dende o seus oríxenes (a banda formouse en 2007), tratan
con moito mimo a lingua vernácula. A práctica totalidade das cancións do seu
repertorio están interpretadas na variante oriental do galego, que é a que se
fala no Eo-Navia. Alorias, a palabra que da título ó EP, nesa variante
significa “mentiras, cousas inventadas”.
Etiquetas:
Abel Pérez,
Alejandro Pacios,
Alorias,
Blues,
Burela,
Concierto,
Galicia,
Mi obra literaria,
Música,
Os Folkgazais,
Poesía musicada,
Presentación,
Vegadeo
sábado, 23 de agosto de 2014
La 'TPA' presentó ayer el nuevo videoclip de Os Folkgazais
Ayer, en la segunda edición de los informativos (a partir del minuto 42:04), los compañeros de la TPA presentaron el nuevo videoclip del conjunto astur-galaico Os Folkgazais. Este vídeo, realizado por Alejandro Pacios, está basado en la musicalización que Abel Pérez (líder del grupo) hizo de un poema mío. Pincha aquí para acceder a la citada edición de los informativos de la cadena asturiana.
Gracias a los compañeros de las noticias de la TPA por dar a conocer nuestro trabajo, resultado de la feliz combinación de tres ámbitos referenciales: poesía, música e imagen.
miércoles, 20 de agosto de 2014
Xiana Arias entrevistounos ó líder do grupo Folkgazais e a min na 'Radio Galega'
Onte Xiana Arias entrevistounos, pra o "Diario Cultural" (programa da Radio Galega), a Abel Pérez (líder do conxunto astur-galaico Os Folkgazais) e a min. Picando aquí, dende o minuto 3:57, podedes escoitar o que dixemos Abel e eu, ademais dunha mostra musical dos Folkgazais. As cancións radiadas son o fox-trot "Déixame ir contigo" (letra de Alejandro Fernández e música do conxunto Alonso adaptada por Abel Pérez) e o blues "Desafío" (letra miña e música de Pérez); os dous temas forman parte do novo traballo dos Folkgazais, Alorias. Infinitas grazas ós compañeiros do "Diario Cultural" por darnos cabida nese magnífico programa: unha honra!
O novo videoclip dos Folkgazais, presentado onte
O novo videoclip dos Folkgazais, presentado onte
Aproveito esta entrada pra dar as grazas tamén a Asociación Cultural San Tirso del Eo por organizar a presentación oficial do novo videoclip dos Folkgazais (obra de Alejandro Pacios), que tivo lugar onte no auditorio do meu Santiso natal. Este estupendo vídeo está baseado na desgarradora adaptación que Abel fixo do poema de meu; xa podedes velo, enteiro, en Youtube:
lunes, 18 de agosto de 2014
Mañá presentaremos o novo disco d'Os Folkgazais no meu Santiso nativo
Hoxe arranca a XXVI Semana Cultural do meu Santiso nativo (Asturias), que organiza a Asociación Cultural San Tirso del Eo. Mañá, ás 9 da noite, dentro do acto "Pálpitos da Terra" da Semana Cultural, presentaremos o novo disco do grupo astur-galaico Os Folkgazais, Alorias, e o videoclip (realizado por Alejandro Pacios) que promociona este traballo. A presentación terá lugar no auditorio do concello máis occidental de Asturias.
A canción do vídeo, "Desafío", é o resultado da estupenda adaptación que fixo o veigueño Abel Pérez (líder da banda) dun poema de meu. Participaremos no acto Alejandro, Abel e un servidor. Grazas a "San Tirso del Eo" por brindarnos esta oportunidade.
A palabra que da título ó novo disco d'Os Folkgazais, alorias, significa, na variante oriental do galego, "cousas inventadas". A práctica totalidade dos temas que canta a banda dirixida por Abel Pérez, están escritos nesa variante, a que falamos no Eo-Navia.
Pra ver un adianto do videoclip de "Desafío", pica aquí.
Dende aquí podes ler o texto do poema.
Este é o interesante programa da Semana Cultural santiseira:
Etiquetas:
Abel Pérez,
Alejandro Pacios,
Alorias,
Asociación San Tirso del Eo,
Mi obra literaria,
Música,
Os Folkgazais,
Poesía musicada,
San Tirso de Abres,
Santiso,
Terra de Miranda
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



%2Bmodified2.jpg)

