Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo
Mostrando entradas con la etiqueta Burela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Burela. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de agosto de 2014

O paso dos Folkgazais e dun servidor por Burela

O domingo pasado, en Burela, tiven o honor de participar, xunto ó grupo Os Folkgazais, na presentación do seu terceiro disco, Alorias (que leva un poema meu musicado por Abel Pérez, líder da banda veigueña). O acto tivo lugar no Hotel Canabal (Pascual Veiga, 21). Aquel día, no mesmo lugar, tamén presentamos o segundo videoclip do conxunto, que realizou Alejandro Pacios e que está baseado precisamente no meu poema musicado: 



Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela! 

Picando aquí, a partir o minuto 40:16, podes escoitar a entrevista que me fixo Matías Nicieza o pasado martes en Radio Burela. Na mesma entrevista, dende o minuto 58:29, recito o meu poema "Desafío", igual que fixera dous días antes no Hotel Canabal.

Algunhas fotos do acto de Burela: 

Xunto a xente apaixoada e talentosa: Abel Pérez, David Moirón e Ruth Martín, tres dos oito componentes dos Folkgazais. 

Xunto ós Folkgazais (en formato trío), no ensaio do concerto de Burela. 

Xunto a David Moirón, Ruth Martín, Abel Pérez (Os Folkgazais), Matías Nicieza (locutor de Radio Burela) e Luis Rubal (xerente do Hotel Canabal). 


Con xente marabillosa, xente de Burela.

Os Folkgazais, no ensaio do concerto ofrecido no Hotel Canabal.

domingo, 24 de agosto de 2014

'La Voz de Galicia' se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais en Burela

Hoy La Voz de Galicia (edición de A Mariña) se hace eco de la presentación del nuevo disco de Os Folkgazais, que llevaremos a cabo esta tarde-noche en Burela: 




Hoxe presentaremos en Burela o novo disco dos Folkgazais

Hoxe, no municipio lucense de Burela, terei o honor de participar, xunto ós Folkgazais, na presentación de Alorias, o novo EP da banda veigueña. O acto terá lugar, ás 20 horas, no hotel Canabal (Pascual Veiga, 21), onde o grupo da Veiga tamén dará a coñecer o videoclip que promociona o seu novo disco:


“Desafío”, o blues no que se baseou o realizador veigueño Alejandro Pacios para fraguar o nomeado videoclip, é o resultado da adaptación que fixo Abel Pérez (líder dos Folkgazais) dun poema de meu. O vídeo presentouse oficialmente o pasado martes dentro da Semana Cultural do meu Santiso nativo, organizada pola asociación local San Tirso del Eo. Javier Blanco (xornalista musical do diario asturiano La Nueva España) calificou de “espléndido” ese blues, destacando da interpretación o aire de ventos swing.

O acto de hoxe contará con interpretacións, en formato trío, da banda, ademais da lectura que servidor fará do seu poema “Desafío”. As dúas liñas temáticas do texto (e da adaptación musical de Abel Pérez) son a crítica social e o erotismo.

Os Folkgazais recuperan o espíritu dos conxuntos que comezaron a xurdir no occidente asturiano e na Mariña lucense nos anos 40 e que tiñan como modelos ás pequenas orquestras de jazz americanas.

En Alorias (traballo producido por Miguel Herrero), os Folkgazais reflexan a súa versatilidade, interpretando unha habaneira popular de Ribadeo, o nomeado blues, un fox-trot, un swing e un rock primixenio.

O novo traballo da banda veigueña conta, ademais, con notorias colaboracións musicais, coma a da cantautora mariñana Ugia Pedreira ou a do xixonés Gustavo Pérez (vocalista de Blues and Decker), quen canta “Desafío” a dúo con Ruth Martín, dos Folkgazais.

O coidado do galego oriental

Ademais dun servidor, en Alorias participan como letristas outros dos poetas do Eo-Navia: a veigueña Belén Rico Prieto; e Alejandro Fernández, natural de El Franco.





Estas colaboracións líricas non son arbitrarias, pois Os Folkgazais, dende o seus oríxenes (a banda formouse en 2007), tratan con moito mimo a lingua vernácula. A práctica totalidade das cancións do seu repertorio están interpretadas na variante oriental do galego, que é a que se fala no Eo-Navia. Alorias, a palabra que da título ó EP, nesa variante significa “mentiras, cousas inventadas”.